Premio do Sindicato de Actores
Premio do Sindicato de Actores | |
---|---|
Tipo | grupo de premios |
Data de fundación | 1995 |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.sagawards.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Premios do Sindicato de Actores (en inglés Screen Actors Guild Awards) son uns premios cinematográficos anuais outorgados polo Sindicato de Actores (SAG) dos EUA para recoñecer as principais interpretacións realizadas polos seus membros.
Estes premios convertéronse dende os seus comezos no 1995 nun dos principais eventos cinematográficos do ano en Hollywood. Os candidatos aos premios son nomeados por 4.200 membros escollidos ó chou entre os máis de 120.000 membros cos que conta o Sindicato (datos do ano 2007). Os premios foron televisados os últimos anos pola cadea de cable TNT, así como pola TBS.
A gala inaugural dos Premios do Sindicato de Actores tivo lugar o 25 de febreiro de 1995.
O premio que se outorga leva como nome O actor.
Categorías
[editar | editar a fonte]Os premios que se outorgan repártense en 13 categorías, cinco no apartado de cine e oito no de televisión, ademais da entrega dun premio de honor. As categorías son as seguintes:
Premio de Honor
[editar | editar a fonte]- Premio de Honor
Cine
[editar | editar a fonte]- Mellor actor protagonista
- Mellor actriz protagonista
- Mellor actor secundario
- Mellor actriz secundaria
- Mellor elenco
- Mellor elenco de especialistas
Televisión
[editar | editar a fonte]- Mellor elenco de televisión - Drama
- Mellor actor de televisión - Drama
- Mellor actriz de televisión - Drama
- Mellor elenco de televisión - Comedia
- Mellor actor de televisión - Comedia
- Mellor actriz de televisión - Comedia
- Mellor actor de televisión - Miniserie ou telefilme
- Mellor actriz de televisión - Miniserie ou telefilme
- Mellor elenco de especialistas en serie de televisión
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.sagawards.org (en inglés)