Saltar ao contido

Qeshm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaQeshm
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Qeshm, Irán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 26°50′N 56°00′L / 26.83, 56
Bañado porGolfo Pérsico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións40 (ancho) × 136 (lonxitude) km
Superficie1.445 km² Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data9 de agosto de 2007
Identificador5215
Castelo português en Qeshm/Queixome

Queixome ou Qeshm (persa: قشم, Modelo:IPA-fa), oficialmente tamén coñecida domo Kishm, é unha illa situada no Estreito de Ormuz ó sur da costa de Irán, ó leste do Golfo Pérsico. O Estrito de Khouran separa o continente asiático da illa de Qeshm. É a maior illa de Irán e do Golfo Pérsico. Ten unha superficie duns 1200 km² e case 136 km de lonxitude e 40 de largo.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Qeshm desde o espazo, agosto de 2000
Praia da illa Qeshm

A illa de Qeshm atópase a poucos quilómetros da costa sur de Irán (Golfo Pérsico), fronte ás cidades portuarias de Bandar Abbas e Bandar Khamir. A illa, que alberga unha xurisdición de 300 km² de zona de libre comercio, ten 135 km. de longo e atópase estratexicamente no estreito de Ormuz, só a 60 km. do porto omaní de Khasab e ao redor de 180 km de Port Rashid nos Emiratos Árabes Unidos. A illa, no seu punto máis ancho, situada preto do centro da illa, esténdese 40 km. Do mesmo xeito, no punto máis estreito, a illa só ten 9´4 km. A illa ten unha superficie de 1491 km² e ten 2´5 veces o tamaño de Bahrain. A cidade de Qeshm, situada no punto máis oriental da illa, está a 22 km de Bandar Abbas mentres que a separación do punto máis próximo da illa ao continente é de 2 km.

A temperatura media na illa é aproximadamente de 27 °C. Os meses máis calorosos son de xuño a agosto, e os máis fríos de outubro a xaneiro. A precipitación media é 183,2 mm.

A illa comprende 59 cidades e aldeas e a poboación era de 117 774 habitantes no Censo 2011. A poboación local está involucrada na pesca, a construció de dhows (barca tradicional), comercio e servizos.

Existen plans para construír unha ponte para conectar Qeshm co resto de Irán.[2][3]

Lápida de pedra dunha tumba no castelo portugués, Qeshm

Os rexistros históricos referentes á illa de Qeshm remóntanse á era preislámica. Nomes como Qeshm, Keshm, Kish e Tunb marcan a longa estancia de elamita na zona, varios séculos antes de Cristo. É, ao parecer, a illa chamada Alexandría ou Aracia por Ptolomeo (Libro 6, Cap. IV), no século II CE e como Alexandría por Ammianus Marcellinus (xxiii.6.42) no século IV. Debido á súa situación xeopolítica estratéxica, preto da desembocadura do Golfo Pérsico, foi frecuentemente atacada por invasores incluíndo Elamitas, Umayyades, Abbasíes, así como portugueses e ingleses. Durante a administración do Imperio Sasánida a illa chamouse Abarkawan.[4] Segundo os rexistros históricos, a illa de Qeshm foi famosa como un centro de comercio e navegación. A súa economía floreceu durante as eras dos Dailamitas e Buídas, cando os barcos dos comerciantes partían entre a illa de Qeshm a China, a India e África.

O explorador William Baffin resultou mortalmente ferido en Qeshm en 1622 durante unha batalla contra as forzas Portuguesas que ocuparon o forte, coñecido polos ingleses como "Forte de Queixome".

Qeshm é tamén é a suposta sede do Xardín do Edén segundo a Biblia de Cassells.[5]

Economía

[editar | editar a fonte]

A pesca é a ocupación principal dos habitantes da illa. Na pouca terra cultivada crecen datileiras e melóns. Extráese sal na costa sueste. Qeshm é famoso pola súa gran variedade de atraccións ecoturísticas, como os Mangleiral1mangleirais de Hara. Segundo os ambientalistas, ao redor do 1,5% das aves do mundo e o 25% das aves nativas de Irán migran anualmente aos bosques, que son o primeiro parque xeográfico nacional en Irán. Unha antiga fortaleza portuguesa, as mesquitas históricas, os templos de Seyyed Mozaffar e Bibi Maryam, e varios estanques e bosques de mangleiros están entre as atraccións turísticas da illa.

No ano iraniano de 1369, equivalente a 1991 no calendario gregoriano, a illa transformouse nunha "Zona Franca" co obxectivo de crear o maior espazo libre entre Europa e o Afastado Oriente.[6] Para iso, concedeuse a Qeshm unha liberdade considerable para establecer as súas propias políticas, independentemente do goberno central, que a miúdo se viu como un impedimento para o crecemento en moitos sectores da economía. Con todo, a illa conserva as vantaxes asociadas coa súa conexión co continente, incluíndo os dereitos de explorar e desenvolver oportunidades de petróleo e gas.

  1. "Earth from Space: Qeshm Island". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-05-14. 
  2. "Austrians to Construct Persian Gulf Bridge to Connect Qeshm Island to the Main Island". payvand.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2022. Consultado o 2016-10-05. 
  3. "Qeshm – Dictionary definition of Qeshm | Encyclopedia.com: FREE online dictionary". www.encyclopedia.com. Consultado o 2016-10-05. 
  4. Hinds, Martin (1984). "The First Arab Conquests in Fārs". Iran 22: 39–53. JSTOR 4299735. 
  5. LTD, Kaspid. "Qeshm Island". www.arian-tour.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2017. Consultado o 2016-08-26. 
  6. Qeshm Island Arquivado 04 de xullo de 2008 en Wayback Machine., Qeshm Energy International

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]