Saltar ao contido

Ría de Betanzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRía de Betanzos
Imaxe
Tipobaía Editar o valor en Wikidata
Parte deArco Ártabro Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°23′00″N 8°15′00″O / 43.383333, -8.25
Afluentes
PLANO DEL PAIS
adyacente a las tres rías de la
CORUÑA, BETANZOS Y FERROL,
llamado de las Mariñas,
Por el D.r D.n Domingo Fontán

A ría de Betanzos é unha ría galega, unha das doce que conforman as Rías Altas, e unha das catro que forman o Golfo Ártabro. Atópase no norte da provincia da Coruña, e baña os municipios de Oleiros, Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño e Pontedeume.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A ría nace na cidade de Betanzos, como consecuencia da desembocadura conxunta dos ríos Mendo e Mandeo. Discorre entre marismas e xunqueiras durante uns oito quilómetros, para ampliarse notablemente a partir de entón, e acabar uníndose á ría de Ares na punta da Carboeira. Ademais dos mencionados ríos, desembocan nas súas augas o Lambre e o Baxoi, ambos pola súa marxe dereita.

Duramente castigada polas mareas negras provocadas polos petroleiros Urquiola (1975) e Mar Exeo (1992), ámbolos dous sinistrados no veciño porto da Coruña, a ría loita por recuperar a riqueza marisqueira que noutrora a caracterizaba. Conta con algunhas das mellores praias de Galicia, destacando especialmente a de Perbes e a praia Grande, no concello de Miño, e a de Gandarío, no termo municipal de Bergondo.

Aínda que na antigüidade foi navegable en toda a súa extensión, os sedimentos depositados nos seus fondos e ribeiras foron reducindo ostensiblemente o seu calado, ata permitir a navegación unicamente no seu tramo final. Porén, esta circunstancia permitiu a construción de tres pontes sobre as súas augas: unha de ferrocarril e dous viadutos, que permiten acurtar o traxecto que separa A Coruña de Ferrol.

Esta condición permitiu, con todo, a súa catalogación como espazo natural protexido dentro da Rede Natura 2000 da Unión Europea ao ser declarada en boa parte dentro da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo.[1][2] Así, a ría de Betanzos conságrase dentro da rede natura grazas á súa riqueza faunística típica dun espazo intermareal.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]