Río Murray
(en) Murray River | ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | continente australiano | |||
País da cunca | Australia | |||
División administrativa | Australia Meridional e Nova Gales do Sur, Australia | |||
Localización | Alpes australianos (pt) | |||
Final | ||||
Localización | Océano Índico | |||
| ||||
Afluentes | 23 | |||
Conca hidrográfica | Bacia Murray-Darling (pt) | |||
Características | ||||
Dimensións | 2.508 () × 2.530 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.061.469 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 767 m³/s | |||
O río Murray (en inglés, Murray River) é un dos principais ríos de Australia, que percorre 2375 km, dende que nace na Gran Cordilleira Divisoria ata que desemboca no océano Índico, preto de Adelaida; porén, cun dos seus afluentes, o río Darling, o sistema Murray-Darling alcanza os 3672 km.[1]
Despois de nacer nos Alpes Australianos, atravesa o sueste do país e desemboca no océano Índico preto de Adelaida despois de que desemboquen nel dous grandes afluentes: o río Murrumbidgee e sobre todo o río Darling. Aínda que é o segundo río máis longo de Australia, o río presenta un pequeno caudal para un río desta importancia debido ás poucas precipitacións que caen polas rexións que atravesa e á utilización das súas augas para a agricultura e para abastecer ás cidades que se atopan ás súas beiras.
O río Murray, moi presente na mitoloxía dos aborixes australianos (que o chamaban Millewa), foi explorado ó longo da primeira metade do século XIX polos europeos instalados no país, e desempeñou máis tarde un importante papel en Australia grazas a ser navegable polos barcos de vapor e a permitir o desenvolvemento das actividades agrícolas. A súa fauna e flora endémicas ofrecen un patrimonio rico e natural, ameazado na actualidade pola introdución de especies invasoras e pola sobreexplotación das súas augas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos obtidos na entrada «Longest Rivers», en «Geoscience Australia», dependente do Australian Governement, con datos de setembro de 2008 obtidos sobre a National Topographic Database, unha base dixitalizada de toda Australia a escala 1:250.000. En concreto, o río continuo fluvial máis longo de Australia é o sistema formado polo curso inferior do río Murray (828 km), todo o curso que leva o nome de río Darling (1.472 km) e o sistema Condamine/Balonne/Culgoa (1.372 km), as fontes do Darling. Dispoñible en: [1]. A Enciclopedia Británica aínda recolle unha lonxitude de 2.530 km.