Raška
Localización | |||
---|---|---|---|
Raška (en serbio: Рашка/Raška, ou Raschka, Rascia e Rassa), foi o estado medieval da Serbia central e con máis éxito (o nome serbio é župa, área gobernada por župan), que unificou tódalas tribos serbias no estado medieval serbio máis importante nos Balcáns.
Historia
[editar | editar a fonte]Constantino VII Porphyrogenitos na súa obra De administrando imperio di que Raška foi poboada polos serbios a comezos do século VII. Na mesma obra, tamén di que os serbios vivían en Zachumlia (en serbio: Zahumlje), Travunia (en serbio: Trebinje), Doklea (en serbio: Duklja), Bosnia (en serbio: Bosna) e Pagania (en serbio: Paganija).
En Raška gobernaba a Casa Vlastimirović, fundada por knez Vlastimir de quen se dicía que era o tataraneto do Arconte Descoñecido, o líder das tribos serbias que levou aos serbios aos Balcáns dende a Serbia Branca, a súa patria primitiva. A partir do século VII, a historia de Raška está moi estreitamente ligada á historia da Casa Vlastimirović.
Teorías sobre o nome
[editar | editar a fonte]O estado de Raška obtivo o seu nome do río Raška (en serbio: Reka Raška), no suroeste da Serbia moderna. Crese que a tribo sármata do Cáucaso, os Serboi, deron nome aos serbios eslavos, deixando ás súas pegadas á beira do río Volga (en grego: Araxes), que tamén tivo o nome "Rashki". Este nome aparece en tódolos lugares onde son citados os serbios.