Saltar ao contido

Ragnarok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portal norte da Igrexa de madeira de Urnes do século XI foi interpretado como unha representación de cobras e dragóns no Ragnarök.[1]

Na mitoloxía nórdica, Ragnarok (fado do mundo) é a batalla da fin do mundo. Esta batalla sería supostamente emprendida entre os deuses (os Æsir, liderados por Odín) e os demos (os xigantes do lume, os Jotuns e varios monstros, conducidos por Loki). Algúns dos deuses, dos xigantes, e dos monstros falecerán non só nesta conflagración apocalíptica, senón que case todo no universo acabará destruído.

Os deuses xa saben a través da profecía, o que vai suceder: que avisará da chegada do acontecemento, quen matará a quen, e así sucesivamente. Ata saben que eles non teñen o poder de evitar o Ragnarok. Isto está relacionado co concepto de destino dos pobos nórdicos antigos.

  1. Fazio, Moffet, Wodehouse (2003:201)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]