Ramones é o álbum de estrea da banda estadounidense de punk rockRamones, publicado o 23 de abril de 1976 a través do selo Sire Records. Despois de que a editora de Hit Parader Lisa Robinson vise á banda nun concerto en Nova York escribiu sobre eles nun artigo e contactou Danny Fields, insistindo en que debía ser o seu representante. Fields aceptou e convenceu a Craig Leon para que producise a Ramones, e a bnada gravou unha demo para buscar futuras discográficas. Leon persuadiu ao presidente de Sire Seymour Stein para que escoitase á banda e posteriormente ofreceulles un contrato de gravación. Ramones comezaron a gravar en xaneiro, necesitando tan só 11 días e 6.400 dólares. O grupo usou técnicas de son semellantes ás que usaron os Beatles, e utilizaron os avanzados métodos de produción de Leon.
En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 1 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]