Reino de Saxonia
Königreich Sachsen (de) | |||||
Himno | Sachsenlied (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Saxóns | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado desaparecido | Reich alemán | ||||
Capital | Dresden | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.806.661 (1910) (320,59 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Relixión | Igreja Evangélica na Alemanha (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 14.993 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1806 | ||||
Disolución | 1918 | ||||
Sucedido por | Reich alemán e República de Weimar | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional monarquía | ||||
Órgano lexislativo | Landtag of the Kingdom of Saxony (en) , | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Saxon thaler (en) | ||||
O reino de Saxonia (en alemán: Königreich Sachsen), existiu entre 1806 e 1918, foi un membro independente da Confederación do Rin, a Confederación Alemá do Norte e, por último, un dos 25 estados do Imperio alemán. Tiña unha superficie de 14.993 km² e a súa poboación era de 2.556.244 habitantes en 1871 e de 4.202.216 en 1900. O seu capital era Dresde, chamada a Florencia do Elba (546.800 habitantes en 1910).
A súa forma de goberno era a monarquía constitucional hereditaria, con dúas cámaras que se reunían cada dous anos. A segunda cámara contaba con 82 deputados. O reino de Saxonia tiña catro voceiros no Consello Federal. A súa constitución databa do 4 de setembro de 1831, modificada posteriormente o 20 de abril de 1892. O reino de Saxonia adheriuse á Confederación Alemá do Norte o 21 de outubro de 1866 e formou parte do Segundo Reich. Desaparece como Estado en 1918 a consecuencia do Tratado de Versalles, pasando o seu territorio a formar parte da República de Weimar.
A Era Napoleónica e a Confederación Alemá
[editar | editar a fonte]Antes de 1806 Saxonia era parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, unha entidade milenaria que aspirara unha vez a ser un só Estado, pero se descentralizara altamente cos séculos. Os dirixentes do Electorado de Saxonia levaran o título de elector por varios séculos. Tras a derrota de Emperador Francisco II por Napoleón na batalla de Austerlitz, Napoleón crea a Confederación do Rin o 6 de agosto de 1806, que pon fin ao Sacro Imperio Romano Xermánico. O electorado converteuse en reino independente co apoio de Francia, entón a potencia dominante na Europa Central. O último elector de Saxonia foi o rei Frederico Augusto.
Frederico Augusto viuse forzado por Prusia a participar na Cuarta Coalición e é derrotado na batalla de Xena (14 de outubro de 1806), decidindo facer a paz con Francia pola súa conta. Napoleón outórgalle ademais o título de Duque de Varsovia (o seu avó fora rei de Polonia).
Converteuse en aliado fiel de Napoleón. As tropas dos seus dous Estados participaron nas principais batallas, e encontrábanse ao seu lado cando foi derrotado na batalla de Leipzig (16 ao 19 de outubro de 1813), practicamente o único Estado alemán no seu bando. Os aliados consideraron que Frederico Augusto I perdera o seu trono, polo que puxeron o reino baixo ocupación e administración rusas. Probablemente, isto era máis debido ao desexo prusiano de anexionarse Saxonia que a calquera posible crime cometido por Frederico Augusto I, e o sino de Saxonia foi un dos puntos principais do Congreso de Viena. Ao final perdeu o 40% dos seus territorios, incluíndo o historicamente significativo Wittenberg, berce da Reforma protestante, que foron anexionados por Prusia, pero Frederico Augusto I recuperou o trono e o seu reino, que aínda incluía as cidades principais de Dresde e Leipzig. O reino adheriuse á Confederación Alemá do Norte, organización que substituíu o Sacro Imperio e a Liga do Rin.
A guerra Austro-Prusiana e o Imperio alemán
[editar | editar a fonte]Durante a Guerra Austro-Prusiana de 1866, Saxonia alíase con Austria, e o exército saxón foi xeralmente o único aliado en prestar axuda substancial á causa de Austria, abandonando a defensa da propia Saxonia para unirse ao exército austríaco en Bohemia. Esta eficacia permitiu probablemente que Saxonia escapase ao destino doutros Estados alemáns do norte que se aliaron con Austria (principalmente o Reino de Hanóver), e que foron anexados por Prusia tras a guerra. Os austríacos insistiron como punto da honra que Saxonia debía salvarse, e Prusia accedeu. Saxonia, non obstante, adheriuse á pro-prusiana Confederación Alemá do Norte ao ano seguinte.
Coa vitoria de Prusia sobre Francia na Guerra Franco-prusiana de 1871, os membros da Confederación foron organizados por Otto von Bismarck no Segundo Reich, con Guillerme I como Káiser (Emperador). Xoán I de Saxonia, como Rei titular, se viu subordinado e debía lealdade ao Emperador, aínda que el, como os outros príncipes alemáns, conservou as prerrogativas dun soberano, incluíndo a capacidade de establecer relacións diplomáticas con outros Estados. Naquel momento Saxonia era, de todos os Estados alemáns, o de maiores renda per cápita e desenvolvemento industrial.
A fin do reino
[editar | editar a fonte]O neto de Guillerme I, o káiser Guillerme II de Alemaña, abdicou en 1918 como resultado da derrota de Alemaña na primeira guerra mundial. O rei Frederico Augusto III de Saxonia seguiuno na abdicación, e o Reino de Saxonia converteuse no Estado Libre de Saxonia dentro da nova República de Weimar, pechando así unha breve historia como Reino.
Reis de Saxonia
[editar | editar a fonte]- 1806-1827 Frederico Augusto I de Saxonia (1750-1827), anteriormente Elector de Saxonia como Frederico Augusto III
- 1827-1836 Antonio I de Saxonia (1755-1836).
- 1836-1854 Frederico Augusto II de Saxonia (1797-1854).
- 1854-1873 Xoán I de Saxonia (1801-1873).
- 1873-1902 Alberte I de Saxonia (1828-1902).
- 1902-1904 Xurxo I de Saxonia (1832-1904).
- 1904-1918 Frederico Augusto III de Saxonia (1865-1932).
Notas
[editar | editar a fonte]- Saxonia. Catholic Encyclopedia. Nova York: Robert Appleton Co., 1913. (en inglés)