Saltar ao contido

República de Nova Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública de Nova Granada

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°39′N 74°03′O / 4.65, -74.05
CapitalBogotá Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de abril de 1831 Editar o valor en Wikidata
Disolución22 de maio de 1858 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porConfederación Granadina Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor en Wikidata
MoedaPeso colombiano Editar o valor en Wikidata

República da Nova Granada foi o nome que recibiu a república unitaria creada polas provincias centrais da Gran Colombia trala disolución desta en 1830. Mantivo ese nome desde 1831 até 1858, cando pasou a chamarse Confederación Granadina. O seu territorio abranguía os actuais países de Colombia, Panamá e no seu momento de máxima extensión, chegouse a disputar coa República Federal de Centro América e con Gran Bretaña, a soberanía sobre a Costa dos Mosquitos, hoxe en Nicaragua.

Trala disolución da Gran Colombia, dos territorios que conformaban os departamentos do norte e sur, xurdiron dous novos países denominados Estado de Venezuela e Estado de Ecuador. As provincias que xeograficamente ocupaban a parte central da desintegrada Gran Colombia, que nese entón comprendía os antigos departamentos de Boyacá, Cauca, Cundinamarca, Magdalena e Istmo decidiron formar un novo Estado. Na época de República da Nova Granada caracterizouse por cambios políticos, sociais e económicos, os cales ocasionaron disputas e enfrontamentos entre diversos sectores sociais.

Mediante o Convenio de Apulo (levado a cabo o 28 de abril de 1831), o xeneral Rafael Urdaneta, último presidente da Gran Colombia, entregou o mando a Domingo Caicedo (3 de maio de 1831).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.