Repetición
Aparencia
Na radio e na televisión a repetición é a difusión dun informativo, programa ou serie que xa se emitiu con anterioridade. A popularización desta práctica atribúese xeralmente ao produtor norteamericano de Desi Arnaz, senón o inventor foi o que lle tirou proveito por vez primeira[1]. Nos Estados Unidos é corrente a repetición das series ao rematar, ou mesmo antes, por cadeas locais ou de cable mediante o método coñecido como sindicación. En Galicia os informativos da primeira canle da TVG repítense unha hora máis tarde en tvG2. Nos grandes acontecementos deportivos internacionais a práctica da repetición é corrente en moitos países para paliar o desfase horario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Paul Martin Lester Visual communication: images with messages, p.332