Revisión oftalmolóxica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Unha revisión oftalmolóxica é unha serie das probas levadas a cabo por un oftalmólogo (doutor médico), optometrista, ou ortopedista, que avalía a visión e a habilidade para enfocar e discernir obxectos, así como outras probas e exames que implican ós ollos. Os profesionais do coidado da saúde a miúdo recomendan que todas as persoas fagan unha revisión periódica e minuciosa como parte do coidado primario rutineiro, especialmente polo feito de que moitas doenzas de ollo son asimtomáticas.
Os exames dos ollos poden detectar doenzas potenciais do ollo como a cegueira, manifestacións oculares dunha doenza sistémica ou sinais de tumores ou outras anomalías do cerebro.
O exame do ollo consiste nun exame externo, seguido de probas específicas da acuidade visual, a función das pupilas, mobilidade muscular, presión intraocular e unha oftalmoscopia a través da dilatación das pupilas.