Saltar ao contido

Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRomanía
România (ro) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoDeșteaptă-te, române! Editar o valor en Wikidata

EpónimoRoma Antiga Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°N 25°L / 46, 25
CapitalBucarest Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación19.053.815 (2022) Editar o valor en Wikidata (79,92 hab./km²)
Lingua oficiallingua romanesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie238.397 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Moldoveanu (2.544 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Negro (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación24 de xaneiro de 1859 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
24 de xaneiro de 1859 (Xuliano)Unificación de Valaquia e Moldavia
10 de maio de 1877 (Xuliano)Guerra ruso-turca
13 de xullo de 1878Tratado de Berlín de 1878
1 de decembro de 1918Unión de Transilvania con Romanía
22 de decembro de 1989Revolución romanesa de 1989 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública semipresidencialista (1989–) Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataKlaus Iohannis (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de Romanía Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataMarcel Ciolacu (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Romanía , (Escano: 466) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal285.404.683.025 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaLeu romanés Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ro Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+40 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísRO Editar o valor en Wikidata
Código NUTSRO Editar o valor en Wikidata

Sitio webguv.ro Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575363

Romanía (en romanésRomânia[romɨˈni.a] (AFI)Ro-România.ogg escoitar) é un país situado ao sueste de Europa central. Limita ao norte e leste por Ucraína, ao leste por Moldova, ao sur por Bulgaria e ao oeste por Serbia e Hungría. Posúe ademais unha pequena costa marítima no Mar Negro.

Membro da OTAN dende o 29 de marzo de 2004 e da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007, e o sétimo país máis poboado desta última e o noveno segundo a superficie. A cidade de Bucarest, á beira do río Dâmbovița é unha das súas maiores atraccións turísticas, ademais de ser a capital e a cidade maior do país. A cidade de Sibiu foi designada como capital europea da cultura no ano 2007, xunto con Luxemburgo.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Romanía (en romanés: România) ven do romanés român, palabra que deriva do latín Romanus (Romano). Este feito de que os romaneses se chamen a si mesmos un derivado de romanus está documentado dende comezos do século XVI por moitos autores, incluídos humanistas italianos en viaxes por Transilvania, Moldova e Valaquia.[1][2][3][4] O documento máis antigo escrito en lingua romanesa é unha carta datada en 1521 coñecida como "Carta de Neacşu desde Câmpulung",[5] ademais este documento é notable xa que é o primeiro no que figura a palabra "romanés" nun texto nesa lingua, sendo chamada Valaquia a Terra Romanesa (Ţeara Rumânească).

Nos seguintes séculos os documentos romaneses usaban indiferentemente dúas formas, român e rumân como xentilicio do país.[6] Evolucións sociolingüísticas no final do século XVII levaron a un proceso de diferenciación semántica, a forma "rumân", presumiblemente usual entre as clases máis baixas, pasou a tomar o significado de "servo". Despois da abolición da servidume en 1746 a forma "rumân" foi desaparecendo gradualmente quedando soamente a forma "român" ou "românesc".[7] O nome "România" como terra de tódolos romaneses está documentado dende comezos do século XIX, sendo oficialmente usado dende o 11 de decembro de 1861.[8] En galego o nome do país é Romanía, empregándose a forma Romania para referirse ao grupo de terras europeas onde apareceron as linguas románicas.

Artigo principal: Historia de Romanía.

Prehistoria e Antigüidade

[editar | editar a fonte]

No ano 2002, os máis antigos restos humanos (Homo sapiens sapiens) de Europa foron atopados na "Cova con ósos" (Peştera cu Oase), preto de Anina, na actual Romanía.[9] Os restos (unha mandíbula) datan de aproximadamente 42.000 anos e recibiron o alcume de "Xoán de Anina" (Ion din Anina). Como os restos europeos máis antigos de Homo sapiens, poderían representar os primeiros homes que entraron no continente.[10] Os restos son interesantes especialmente porque presentan unha mestura de trazos arcaicos, de home moderno temperán, e de neanderthal,[11] indicando unha posible mestura entre o Neanderthal e o home moderno.[12][13][14]

Dende o Paleolítico, o actual territorio de Romanía foi escenario do desenvolvemento de varias comunidades culturais. As probas escritas máis vellas da presenza dun pobo en territorios da actual Romanía veñen de Heródoto, en 513 a. C.[15] Antes da conquista romana, a rexión estaba poboada por tribos de orixe dacia, indoeuropea, que deron ao país o seu nome prerromano, Dacia. O seu líder máis soado foi Decébalo, malia ser Burebista o primeiro líder que uniu as tribos dacias. Unha parte de Dacia foi conquistada por Traxano e o seu exército no ano 107. É posible que unha parte importante da poboación autóctona fose masacrada durante a campaña de conquista ou, talvez, asimilada ou dispersada, o que deu lugar á súa substitución con colonos romanos. Malia iso, permaneceu unha poboación significativa de "dacios ceibes" nos territorios non conquistados polos romanos. As Guerras Dacias son inmortalizadas na Columna de Traxano, do Foro de Traxano en Roma.

Idade media

[editar | editar a fonte]
Antiga Dacia

O avance dos xermanos dende final do século III fixo que, finalmente, o emperador Aureliano decidise abandonar a rexión.[16] Despois de que a armada romana e maila administración deixaran Dacia, o territorio foi invadido polos godos,[17] e, no século IV polos hunos.[18] Dende o século VI a poboación autóctona tivo que enfrontarse a ondas de pobos migratorios eslavos e xermanos nómades entre os que se atopban os xépidos,[19][20][21] ávaros,[22] búlgaros,[20] pechenegos,[23] e cumanos.[24]

Na Idade Media, os romaneses vivían en repartidos entre tres principados: Valaquia (en romanés: Ţara Românească —"Terra romanesa"), Moldova (en romanés: Moldova) e Transilvania. No século XI, Transilvania foi conquistada polos maxiares converténdose nunha rexión autónoma do Reino de Hungría.[25] Durante os séculos XII e XIII, colonos alemáns de Saxonia asentáronse na zona. No século XVI,[26] despois da derrota húngara fronte aos turcos otománs na batalla de Mohács (1526), formouse o principado autónomo de Transilvania, vasalo do Imperio Otomán até o século XVIII (1711).[27] Nos outros principados romaneses, desenvolvéronse diversos pequenos estados con diferentes graos de independencia, sen aparecer grandes principados até o século XIV cando apareceron os principados de Valaquia (1310) e Moldova (ao redor de 1352) para loitar contra a ameaza do Imperio Otomán.[28][29] Vlad III o Empalador mantivo unha política de independencia en relación co Imperio Otomán, e, en 1462 venceu a ofensiva de Mehmed II.[30]

En 1541, a península balcánica enteira xunto Hungría convertéronse en provincias otomás. En contraste, Moldova, Valaquia, e mais Transilvania, ficaron baixo réxime de soberanía, conservando enteiramente a súa autonomía, e até o século XVIII certo grao de independencia externa. Durante este período as terras romanesas caracterizáronse polo paseniño esvaecemento do sistema feudal; o destacamento dalgúns gobernadores coma Estevo o Grande, Vasile Lupu, e Dimitrie Cantemir en Moldova, Matei Basarab, Vlad III o Empalador, e Constantin Brâncoveanu en Valaquia, e Gabriel Bethlen en Transilvania; a época dos Fanariotas; e o nacemento do Imperio ruso coma influencia política e militar.[31]

Mapa de 1600
Terras habitadas por romaneses antes da I Guerra Mundial

En 1600, os principados de Valaquia, Moldova e Transilvania pasaron a ser gobernados por un mesmo príncipe valaco, Miguel o Valente (Mihai Viteazul). Porén, a oportunidade dun goberno unitario disolveuse despois de que Mihai fose asasinado tan só un ano despois polos soldados do xeneral austríaco Giorgio Basta. Mihai Viteazul, quen fora príncipe de Transilvania durante menos dun ano, tentou por vez primeira unificar os tres principados e establecer os alicerces dun só estado, nun territorio comparado ao da actual Romanía.

Trala súa morte, Moldova e Valaquia tiñan completa autonomía interna e independencia externa coma estados vasalos tributarios, privilexio perdido no século XVIII. En 1699, Transilvania converteuse nun territorio do Imperio austríaco baixo a coroa dos Habsburgo, despois de que estes vencesen os otománs na Gran guerra turca. Os austríacos, aproveitaron entón para espallar axiña o seu imperio: en 1718 fixéronse cunha gran parte de Valaquia, chamada Oltenia, parte que formou parte do imperio até 1739. En 1775, o Imperio austríaco ocupou a parte noroeste de Moldova, máis tarde chamada Bucovina, mentres que a metade leste do principado (chamada Besarabia) foi ocupada en 1812 por Rusia.[31]

Independencia e monarquía

[editar | editar a fonte]

Durante o dominio austro-húngaro en Transilvania, e o otomán sobre Valaquia e Moldova, a maioría dos romaneses atopábase nunha situación de inferioridade, sendo considerados cidadáns de segunda clase (ou nin tan sequera cidadáns)[32] nun territorio onde constituían a maioría da poboación.[33][34] Nalgunhas cidades transilvanas coma Braşov (chamada naquel tempo Kronstadt), os romaneses tiñan prohibida a residencia dentro dos muros da cidade.[35] En xeral, as numerosas medidas de discriminación contra os romaneses en Transilvania,[36][37] tiveron como resultado o fortalecemento da súa conciencia étnica. No século XVIII, os intelectuais romaneses de Transilvania resaltaron a orixe romana dos romaneses, igual que algúns intelectuais de Valaquia e Moldova.

Tralo fracaso da Revolución de 1848, as Grandes potencias non apoiaron o desexo expreso dos romaneses de unirse oficialmente baixo un mesmo estado, isto forzou a Romanía a proceder soa contra os otománs. Os electores en Moldova e mais Valaquia elixiron en 1859 á mesma persoa –Alexandru Ioan Cuza– coma príncipe (Domnitor en romanés).[38] Así, Romanía foi creada coma unión persoal; con todo, o novo país non incluía a rexión histórica de Transilvania, a cal se atopaba baixo control austro-húngaro. Alí, a aristocracia e mailas clases altas continuaban sendo húngaras, e o nacionalismo romanés inevitablemente loitaba contra o húngaro no final do século XIX. Coma nos 900 anos previos, Austria-Hungría, especialmente a partir da creación en 1867 da monarquía dual austro-húngara, mantivo o control húngaro incluso naquelas terras de Transilvania onde os romaneses constituían unha maioría.

No ano 1866 produciuse un coup d'état, sendo Cuza exiliado e substituído polo príncipe Karl de Hohenzollern-Sigmaringen, coñecido como Príncipe Carol de Romanía.[39] Durante a Guerra ruso-turca Romanía loitou do bando dos rusos,[40] e no Tratado de Berlín de 1878, Romanía foi recoñecida polas Grandes potencias coma un estado independente.[41][42] A cambio, Romanía cedeu a Rusia tres distritos meridionais de Besarabia e fíxose coa rexión de Dobruia. En 1881, o principado converteuse nun reino e o Príncipe Carol converteuse no Rei Carol I.

Entre 1878 e 1914 Romanía viviu un período de estabilidade e progreso; foi o período dos comezos da industrialización do país, baixo os principios do capitalismo. Durante a Segunda guerra balcánica, Romanía uniuse a Grecia, Serbia, Montenegro e Turquía contra Bulgaria, e no tratado de paz de 1913 Romanía fíxose co sur de dobruia.[43]

Guerras mundiais e Gran Romanía

[editar | editar a fonte]
(1916–1945)
Romanía durante o século XX:      Romanía antes da I GM      Áreas que se uniron trala I GM e que permaneceron trala II GM      Áreas que se uniron trala I GM ou trala Segunda guerra balcánica, e que se perderon trala II GM

En agosto de 1914, ao estourar a Primeira guerra mundial, Romanía declarouse neutral. Dous anos despois, baixo presión dos Aliados (especialmente de Francia, desesperada por abrir unha nova fronte), entre o 14 e o 27 de agosto de 1916, Romanía uniuse aos Aliados, declarando a guerra a Austria-Hungría. Por esta razón, baixo os termos dunha convención militar secreta, prometeron a Romanía apoio na súa loita por crear un estado para todos os romaneses.[44]

A campaña militar romanesa constituíu unha desfeita para Romanía ao facerse os Poderes centrais con dous terzos do país e ao prender ou asasinar a meirande parte da súa armada en catro meses. Con todo, Moldova ficou en mans romanesas despois de que as forzas invasoras fosen paradas en 1917. Ao rematar a guerra, Austria-Hungría e mailo Imperio ruso colapsaron e desintegráronse; Besarabia, Bucovina e Transilvania uníronse ao Reino de Romanía en 1918. A guerra deixou, entre 1914 e 1918 un total de 748.000 finados (militares e civís).[45] En 1920 co Tratado de Trianon, Hungría renunciou en favor de Romanía ás reclamacións da monarquía austro-húngara sobre Transilvania.[46] A unión de Romanía con Bucovina ratificouse en 1919 no Tratado de Saint Germain,[47] e con Besarabia en 1920 co Tratado de París.[48] A expresión romanesa România Mare (literalmente "Gran Romanía") refírese xeralmente ao estado romanés no período de entreguerra, e por extensión ao territorio que Romanía cubría (véxase o mapa). Nese tempo Romanía acadou a súa maior extensión territorial (case 300.000 km²),[49] conseguindo unir todas as terras historicamente romanesas.[49]

Durante a Segunda guerra mundial, Romanía tentou de novo ficar neutral, mais o 28 de xuño de 1940, recibiu un ultimato soviético con ameaza de invasión no caso de non mudar o seu estado.[50] Baixo presión de Moscova e Berlín, a administración romanesa e maila armada foron forzadas a retirarse de Besarabia así coma do norte de Bucovina para evitar a guerra.[51] Isto, en combinación con outros factores, provocaron que o goberno se unise ao Eixo. A partir de entón, o sur de Dobruia foi concedido a Bulgaria, mentres Hungría recibiu o norte de Transilvania como resultado da arbitraxe das potencias do Eixo.[52] O autoritario Rei Carol II abdicou en 1940, sendo sucedido polo Estado Lexionario Nacional, onde o poder era compartido por Ion Antonescu e maila Garda de Ferro. En poucos meses, Antonescu esmagara a Garda de Ferro, entrando Romanía no ano seguinte na guerra, do bando das Potencias do Eixo. Durante a guerra, Romanía foi a maior fonte de petróleo da Alemaña Nazi,[53] o que atraeu moitos bombardeos aéreos por parte dos Aliados. Por medio da invasión da Unión Soviética polo Eixo, Romanía recuperou, baixo o liderado do xeneral Ion Antonescu, Besarabia e mailo norte de Bucovina da Unión Soviética. O réxime de Antonescu tivo un papel maior no Holocausto,[54] seguido en menor medida pola política Nazi de opresión e masacre dos xudeus, e xitanos, principalmente nas terras orientais que Romanía recuperou ou ocupou á Unión Soviética (Transnistria) e Moldova.

En agosto de 1944, Antonescu foi derrocado e prendido polo Rei Miguel I de Romanía. Romanía mudou de bando e uniuse aos Aliados, mais o seu papel na derrota da Alemaña Nazi non foi recoñecido no Tratado de París de 1947.[55] Ao rematar a guerra, a armada romanesa sufrira ao redor de 300.000 baixas.[56] As vítimas xudías do Holocausto roldaron as 469.000 persoas nas fronteiras de 1939, incluíndo 325.000 en Besarabia e Bucovina.[57]

Comunismo

[editar | editar a fonte]
(1945–1989)
Escudo de armas do Partido Comunista Romanés

Coas forzas do Exército vermello ocupando o país e exercendo o control de facto, o goberno formado principalmente por comunistas convocou eleccións, as cales foron gañadas co 80% dos votos a través de intimidación e, seguramente, fraude electoral.[58] Deste xeito axiña se erixiron como a principal forza política dominante.

En 1947, os comunistas forzaron o Rei Miguel I a abdicar e abandonar o país, proclamando a República Socialista de Romanía.[59][60] Até a década dos 50 Romanía ficaría baixo ocupación militar e control económico da URSS. Durante este período, os vastos recursos naturais do país serían continuamente espoliados por compañías Soviético-romanesas (SovRoms) establecidas co propósito de explotar os recursos.[61][62] En 1948, o estado comezou a nacionalizar firmas privadas, e a colectivizar as terras o ano seguinte.[63]

Dende finais da década de 1940 até comezos dos 60, o goberno comunista estableceu o reinado do terror, levado a cabo principalmente a través da Securitate (a nova policía secreta). Durante este tempo levaron a cabo diversas campañas para eliminar os "inimigos do estado", nas cales numerosos individuos foron asasinados ou encarcerados por razóns políticas ou económicas.[64] Os castigos incluíron a deportación, exilio interno, e o internamento forzoso en campos de traballo e prisións; aquel que se negara axiña era eliminado. Durante este tempo leváronse a cabo experimentos coma o que tivo lugar na prisión de Piteşti, onde un grupo de rivais políticos foron postos nun programa de reeducación a través da tortura. Rexistros históricos amosaron centos de miles de abusos, mortes e casos de tortura contra un amplo espectro de xente, dende rivais políticos até cidadáns ordinarios.[65]

En 1965, Nicolae Ceauşescu chegou ao poder e comezou a seguir políticas independentes, sendo o único estado do Pacto de Varsovia que condenou a invasión soviética de 1968 en Checoslovaquia; continuando as relacións diplomáticas con Israel trala Guerra dos seis días de 1967, ou establecendo relacións económicas (1963) e diplomáticas (1967) coa República Federal de Alemaña.[66] Asemade, as súas próximas relacións cos países árabes (e a OLP) permitiron a Romanía ter un papel principal nos procesos de paz entre IsraelExipto e Israel–OLP.[67] Con todo, ao medrar de súpeto a débeda externa de Romanía entre 1977 e 1981 (de 3 a 10 billóns de dólares americanos), a influencia de organizacións financeiras internacionais coma a FMI ou do Banco Mundial medrou, batendo coas políticas autárquicas de Nicolae Ceauşescu. Eventualmente Ceauşescu comezou un proxecto de reembolso total da débeda externa ao impoñer políticas que empobreceron os romaneses e esgotaron a economía romanesa, á vez que espallaron enormemente a influencia da policía estatal, e impuxeron o culto á personalidade. Isto levou a que a popularidade de Ceauşescu minguara axiña, culminando no seu derrocamento e execución na sanguenta revolución romanesa de 1989.

No ano 2006, a Comisión presidencial para o estudo da ditadura comunista en Romanía estimou o número directo de vítimas da represión comunista en dous millóns de persoas.[68][69] Esta cifra non inclúe a xente que morreu unha vez ceibada dos cárceres nos que foron torturados, ou a xente que morreu como consecuencia da pobreza extrema provocada como consecuencia das políticas do réxime.

Despois da Revolución romanesa de 1989

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Revolución romanesa de 1989.

Tras estes feitos constituíuse un Fronte de Salvación Nacional, no cal entraron tamén algúns representantes do antigo Partido Comunista Romanés e da súa policía política, presidido por Ion Iliescu (el mesmo antigo membro importante do Partido Comunista), quen gañou popularidade no medio rural pola súa suposta imaxe de líder da Revolución. A popularidade do Fronte de Salvación Nacional era moito menor no medio urbano, e destacan as manifestacións contra Iliescu e do "FSN" en Bucarest. Con todo, todos os votos son considerados iguais.

Foi o comezo dun período duro de transición (con alto risco de fraudes económicas, que á súa vez xeran corrupción e inflación), desde unha economía completamente dirixida polo Estado, a unha economía de libre mercado. As calamidades naturais que afectaron a Romanía despois de 1989 tampouco axudaron á economía. A mala situación económica do país fixo emigrar moitos mozos romaneses, particularmente a países mediterráneos como España ou Italia (quizais por algunha similitude cultural). Este fenómeno está reflectido na falta actual de man de obra en Romanía, afectando a auténtica integración europea.

En 1990 celebráronse as primeiras eleccións democráticas libres e Ion Iliescu foi ratificado no seu cargo e reelixido en 1992, por un mandato de catro anos. En 1996 o democristián Emil Constantinescu, foi elixido presidente dos romaneses nun goberno que, por primeira vez, integrou a minoría húngara. En 2000, Iliescu volveu ao goberno, xa que o período de 1990-1992 non foi considerado un mandato (segundo a Constitución, en Romanía o presidente só pode obter dous mandatos). En 2004, o dereitista (centro-dereita) Traian Băsescu foi elixido presidente. Romanía adheriuse á OTAN e formou parte das forzas de "voluntarios" da Guerra en Iraq, en favor da coalición anglo-estadounidense. O 1 de xaneiro do 2007 entrou a formar parte da Unión Europea.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Romanía.
Monte Moldoveanu

Romanía ten unha extensión de 237.500 km². É o maior país da súa rexión e o duodécimo de Europa. Atópase en Europa do Leste, máis precisamente na rexión dos Cárpatos e o curso baixo do río Danubio. Limita con Ucraína ao norte, Moldova ao leste, Hungría ao oeste e Serbia e Bulgaria ao sur. Ao sueste está bañada polo Mar Negro. O país está dividido en tres rexións principais, a meseta de Transilvania, no centro do país; os Cárpatos que rodean a meseta central e que estenden cara ao norte e sur e as terras baixas do oeste e leste.

O Danubio, principal río de Romanía, forma a maior parte da fronteira con Bulgaria e é usado para o transporte e a xeración de enerxía hidroeléctrica. Actualmente, o Delta do Danubio foi incluído na listaxe da Unesco de lugares cualificados como Reserva da Biosfera, co nome de Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Delta do Danubio.

Mosteiro de Botiza nas montañas Maramureş

Conta cuns 2.733 km² de superficie estritamente protexida repartida entre dezaoito zonas. No Danubio ademais vai desaugar o río Prut, que fai fronteira con Moldova. Outros ríos importantes son o Mureş e o Olt, ademais de máis de 2.000 lagos. O relevo de Romanía está dividido en áreas con porcentaxe similar de montañas, outeiros e chairas. Esta diversidade xeográfica reflíctese tamén na diversidade da flora e fauna de Romanía. O país ten a poboación de osos pardos maior de Europa, mentres que o rebezo tamén se poden atopar nos Cárpatos.

O clima oscila entre temperado e continental, segundo a rexión do país, a temperatura media anual varía entre os 11 °C no sur e os 8 °C no norte[70], os veráns son moi calorosos con temperaturas medias máximas por riba de 28 °C en Bucarest mentres os invernos son fríos con medias mínimas de -5,5 °C en xaneiro. As precipitacións oscilan entre os máis 750 mm nalgunhas áreas montañosas do oeste menos de 400 mm na costa do mar Negro, cunha media en Bucarest de 600 mm.[71] Os Cárpatos constitúen un dos principais condicionantes do clima, estas montañas dominan a parte occidental de Romanía, con pico até os 2.500 m de altitude, sendo o máis elevado o Moldoveanu con 2.544 m.

Política

[editar | editar a fonte]

A constitución actual de Romanía foi creada en 1991 tras a caída de Nicolae Ceauşescu e posteriormente reformada en 2003. Establece que o país é unha república semipresidencialista democrática e pluripartidista. Estabelécese a elección popular dun presidente e un parlamento mediante votación dos cidadáns maiores de 18 anos, e a existencia dunha corte constitucional e outra corte menor.

O Presidente é elixido por votación popular cada cinco anos, até o ano 2004 era cada catro anos, por dous períodos consecutivos como máximo. O presidente, en conxunto co partido con maioría no parlamento, designa un Primeiro Ministro. Á súa vez, este primeiro ministro nomea os demais membros do gabinete e, xunto con 42 prefectos (un por cada distrito e polo municipio independente de Bucarest), forman o poder executivo.

O Parlamento de Romanía é bicameral: o Senado (en romanés: Senatul), que conta con 137 membros a partir de 2004, e a Cámara de Deputados (en romanés: Camera Deputaţilor), que conta con 332 membros a partir de 2004. Os membros de ámbalas cámaras son elixidos cada catro anos por sufraxio popular.

O poder xudicial é independente dos outros dous e baséase no Código Civil de Francia. A corte constitucional é o tribunal supremo, ocupado por 9 xuíces en períodos de 9 anos que non se poden renovar. Actúa en xuízos onde está en dúbida a interpretación da constitución e, tras a reforma de 2003, os seus veredictos non poden ser revogados, nin sequera por unha maioría parlamentaria.

Relacións internacionais

[editar | editar a fonte]
Manifestación en Chişinău (Moldova) no ano 2002 a prol da unificación con Romanía. No letreiro pódese ler "Pobo romanés, lingua romanesa"

Dende decembro de 1989 Romanía seguiu unha política de fortalecemento das relacións con occidente en xeral, máis especificamente cos Estados Unidos e a Unión Europea. Uniuse á Organización do Atlántico Norte (OTAN) o 29 de marzo de 2004, á Unión Europea (UE) o 1 de xaneiro de 2007 e ao Fondo Monetario Internacional e Banco Mundial en 1972. E tamén membro da Organización Mundial do Comercio.

O actual goberno declarou o seu obxectivo de reforzar os lazos e axudar aos outros países de Europa oriental, en particular Moldova, Ucraína e Xeorxia, co proceso de integración con occidente. Romanía tamén deixou claro dende a década de 1990 que apoia a integración na OTAN e na Unión Europea para as ex-repúblicas soviéticas democráticas de Europa oriental e o Cáucaso, ademais de declarar o seu apoio público á integración na mesma de Turquía, Croacia e Moldova. En canto a Turquía, Romanía comparte unha relación económica privilexiada, ademais de con Hungría debido á importante minoría desta nacionalidade que reside no país, sendo este último un dos principais membros que apoiaron a candidatura de Romanía á UE. Ademais Romanía é un importante socio dos Estados Unidos.

Con todo, as relacións coa República de Moldova son especiais, xa que os dous países practicamente comparten o mesmo idioma e unha historia común. Na década de 1990 apareceu un movemento para a unificación dos dous países, despois de que ambos remataran co seu réxime comunista, mais este movemento non durou moito co novo goberno de Moldova, que procurou manterse como unha república independente. Porén, Romanía segue interesada nos asuntos de Moldova e rexeitou oficialmente o Pacto Ribbentrop-Molotov, mais os dous países non puideron aínda chegar a un acordo sobre un tratado bilateral de base.

Dereitos humanos

[editar | editar a fonte]

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Romanía firmou ou ratificou:

Romanía Romanía Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[72]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[73] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[74] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[75] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[76]
Pertenza Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Romanía recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Romanía recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado pero non ratificado Firmado pero non ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Subdivisións de Romanía.
Mapa administrativo de Romanía:      Dobruia      Moldova      Transilvania      Valaquia

Romanía estivo dividida historicamente en tres rexións: Valaquia, Transilvania e Moldova. Actualmente, segundo a constitución, o estado está dividida en 8 rexións de desenvolvemento, 41 condados (en romanés: judeţe) e o concello independente de Bucarest. Ademais está subdivida en divisións de menor nivel, que son 2.686 concellos e 13.092 parroquias.

Os condados son en orde alfabética son:

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Romanía.
Fábrica de aceiro de ArcelorMittal en Galaţi.

Trala segunda guerra mundial, os recursos económicos romaneses foron nacionalizados e a actividade económica planificada. En 1989, coa caída do réxime comunista, o novo goberno emprendeu unha serie de reformas para introducir o sistema de economía de mercado e tras varios anos de privatizacións e descentralización o goberno romanés pasou a ter unha intervención significativamente menor na economía.

Romanía é un dos principais produtores e exportadores de produtos agrícolas de Europa, representando este sector o 10% do PIB. Os cultivos ocupan o 40% da superficie do país e os recursos forestais son abundantes. En canto á pesca está nunha fase de expansión. Existen xacementos de gas natural e petróleo que achegan unha porcentaxe significativa do consumo diario, mais non son dabondo para cubrir a totalidade da demanda do país, polo que está obrigado a importalos, principalmente de Rusia. Para tratar de reducir a dependencia de factores externos impulsouse a xeración en plantas de enerxía nuclear e hidroeléctrica, que agora mesmo supoñen un 45% da enerxía consumida no país.

O sector industrial representa o 35% do PIB, a pesar de que nos últimos tempos, as instalacións construídas durante a etapa de economía centralizada quedaron obsoletas e as fábricas tiveron que investir masivamente en modernizacións. Os principais sectores son o téxtil, o siderúrxico, a produción de maquinaria e vehículos, de armamento e o procesamento da produción agropecuaria. Os servizos comprenden o restante 55% do PIB, sendo o turismo o principal contribuínte. O Mar Negro, o delta do Danubio e os Cárpatos son as principais atraccións naturais que concentran o turismo, mentres que en canto a patrimonio cultural destaca Transilvania.

O índice de desemprego é do 5%, varios puntos por baixo doutros países da rexión e de Europa Occidental. A balanza comercial ten un déficit significativo, as exportacións (28.000 millóns de dólares) son só tres cuartos das importacións (38.000 millóns de dólares). Os principais socios de Romanía, tanto nas exportacións como nas importacións, son Italia e Alemaña.

Os anos 2002 e 2003 foron economicamente de moito éxito para a economía romanesa, prevéndose actualmente o crecemento do PIB do 4.5% por ano. No ano 2004 por exemplo, a economía medrou un 6,6% na primeira metade e un 7.0% (ano sobre ano) no segundo semestre, marcando a maior taxa de crecemento da rexión. O salario bruto medio por mes en outubro de 2004 era de 8.392.766 lei (213,60 euross), o que supuxo un aumento do 2,1% sobre o mes anterior.

Transporte

[editar | editar a fonte]
Estación de Titan do Metro de Bucarest, que corresponde á liña 1 das catro existentes

Debido á súa localización, Romanía é unha importante encrucillada do comercio internacional en Europa, porén debido ao insuficiente investimento e mantemento a infraestrutura de transporte non se satisfai á actual economía de mercado, representando un atraso en comparación con Europa occidental. Porén, estas condicións están a mellorar rapidamente e están a acadar as normativas de redes de transporte Trans-europeas. Comezáronse grandes proxectos grazas ás concesións do ISPA e a varios préstamos de institucións financeiras internacionais como o Banco Mundial ou o FMI. Ademais o Goberno está a apelar ao financiamento externo e a sociedades público-privadas para a modernización das vías principais, especialmente a rede de autoestradas.

O Banco Mundial estima que a rede ferrocarril en Romanía comprendía en 2004 22.298 km, o que a convertía na cuarta maior rede de ferrocarril de Europa. O transporte ferrocarril experimentou unha caída dramática na carga e volumes de pasaxeiros en 1989 principalmente debido ao declive do PIB e competencia do transporte por estrada. En 2004 as vías férreas levaron a 8,64 miles de millóns de pasaxeiros por km en 99 millóns de viaxes e 73 millóns de toneladas. O transporte total combinado polo ferrocarril constituíu ao redor do 45% de tódolos movementos de pasaxeiros e de carga do país. Bucarest é a única cidade de Romanía que posúe un sistema ferrocarril subterráneo, así pois o Metro de Bucarest foi inaugurado en 1979, sendo agora un sistema de transporte máis utilizado da cidade, tendo esta rede de transporte pública unha media de 650.000 viaxes ao día.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Demografía de Romanía.
Véxase tamén: Lista de cidades romanesas.
Composición étnica do país
     Romaneses      Húngaros      Ucraínos      Xitanos      Lipovans rusos      Serbios      Croatas      Eslovacos      Búlgaros      Turcos

A poboación de Romanía acada os 21.498.616 millóns (2009), mais está a decrecer a un ritmo do anual do 0,12%. A maioría da poboación pertence á etnia romanesa (88,9%), seguida por unha importante colectividade de húngaros sículos (6,6%), concentrados sobre todo na rexión de Transilvania, e de xitanos (2,5%). Ucraínos (0,3%), rusos, alemáns (0,3%), turcos, búlgaros, italianos e serbios, xunto con outras minorías, constitúen o resto da poboación.

Os habitantes concéntranse nas chairas, onde están os centros industriais e se desenvolve a agricultura en grande escala. O 55,2% dos romaneses vive en cidades, o que representa unha das proporcións máis baixas de Europa, só superada por algúns dos seus veciños balcánicos e Moldova. As principais cidades do país son Bucarest, a capital con 2 millóns de habitantes, Iaşi, Cluj-Napoca, Cluj-Napoca, Timişoara ou Ploieşti, todas elas cunha poboación de entre 280.000 e 330.000 habitantes.

Panorámica de Cluj-Napoca

Romanía é un estado sen relixión oficial, aínda que máis do 89% da poboación adscríbese á Igrexa ortodoxa romanesa (segundo o censo de 2002). Tamén hai cantidades significativas de católicos (tanto de rito latino como de rito oriental) que representan un 5,6% da poboación, moitos deles das minorías húngara e alemá de Transilvania, protestantes (luteranos e calvinistas, un 3,7% da poboación), grupos pentecostais e musulmáns (ao redor de 100.000, o 0.4% da poboación total). Segundo o censo de 2002, tamén vivían no país 23.105 ateos e agnósticos e 6.100 xudeus.

A romanés é o idioma oficial do país. Séguenlle en importancia o húngaro e o romaní (que non ten nada que ver co romanés, senón cos romis, os xitanos romaneses), falados polas poboacións desas etnias. O ucraíno é falado en áreas de Maramures, Bucovina, Dobrudia e Banat. O inglés é o primeiro idioma estranxeiro que se estuda na maioría das escolas romanesas e actualmente hai un aumento de préstamos deste idioma no vocabulario romanés. O francés é falado por un significativo número de persoas (uns 5 millóns), sendo Romanía é membro da Francofonía.

A cultura de Romanía é rica e variada. Como os mesmos romaneses, é definida fundamentalmente como un punto de encontro entre tres rexións: Europa Central, Europa do Leste e a Península Balcánica, sen poder ser incluída en ningunha delas. A identidade romanesa formouse sobre un substrato romano e dacio, combinado con outras influencias. Durante a Idade Media, os romaneses foron influenciados polos pobos eslavos, polos gregos medievais e o Imperio Bizantino, polos turcos otománs, e en menor medida, polos húngaros e os alemáns (en Transilvania). A cultura romanesa moderna desenvolveuse máis ou menos durante os últimos 250 anos, cunha forte influencia occidental, particularmente francesa, alemá e húngara.

Cando caeu Nicolae Ceauşescu, Francia sorprendeuse ao decatarse do elevado nivel de coñecemento do idioma francés que tiñan os romaneses e por iso acudiu inmediatamente na súa axuda con colaboracións de toda natureza.

Literatura

[editar | editar a fonte]
Mihai Eminescu

A literatura popular de Romanía reflicte as condicións xeográficas e históricas que influenciaron ao carácter do pobo romanés. Son obras que expresan melancolía ou anhelo sen esperanza, como as "Doină", ou tratan das principais ocupacións dos romaneses e a súa relación coa cosmovisión (como en "Mioriţa") dos romaneses, en xeral no medio da Natureza e cun sentimento da presenza da divindade. Destacan obras como "Monastirea Argeşului", "Toma Alimoş" ou "Miorişa", considerada unha obra mestra do folclore mundial.

Até o século XVIII a maioría dos autores cultos romaneses foron teólogos. Tamén destacan cronistas como Miron Costin ou Ion Neculce, o humanista Dimitrie Cantemir, que tamén foi dono de Moldova (1710-1711) ou o dramaturgo Gheorghe Asachi. Os denominados "clásicos" da literatura romanesa, do século XIX, son pouco coñecidos fóra de Romanía. Mihai Eminescu (1850-1889), quizais o poeta romanés mellor coñecido, é aínda amado en Romanía (particularmente os seus poemas), xunto con outros clásicos como George Coşbuc ou Ioan Slavici.

No período de entreguerras, autores como Tudor Arghezi, Lucian Blaga, Ion Barbu, George Bacovia ou Camil Petrescu fixeron esforzos para sincronizar a literatura romanesa coa literatura europea e mundial da época. Gellu Naum foi o líder do movemento surrealista en Romanía, aínda que se pode incluír aquí a Tristan Tzara. Mihail Sadoveanu é un dos máis apreciados escritores do século XX en Romanía, a pesar de que se mantivo afastado das vangardas literarias do seu tempo.

Na época do comunismo, escritores valiosos como Nichita Stănescu (poeta e ensaísta), Marin Sorescu (poeta, dramaturgo e ensaísta) ou Marin Preda (prosista) conseguiron escapar da dura censura (a través do nivel intelectual e estético das súas obras, que facía imposible a censura por policías e políticos sen entendemento literario), romperon co "realismo socialista" e foron os líderes dun pequeno "Renacemento" na literatura romanesa.

A literatura romanesa comezou ser mellor coñecida fóra das fronteiras de Romanía, especialmente a través de traducións ao alemán, francés e inglés. Algúns autores modernos chegaron ser populares en Alemaña, Francia ou Italia, especialmente Eugène Ionesco, Herta Müller, Mircea Eliade, Emil Cioran, George Astaloş ou Tristan Tzara. Escritores como Constantin Virgil Gheorghiu, autor en 1949 da famosa novela "A Hora 25" (levada ao cinema), que se desenvolve durante a ocupación nazi do seu país natal, Paul Celan ou Elie Wiesel tamén naceron en Romanía.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
Castelo de Peleş

A lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco inclúe sitios romaneses como as "Vilas saxoas con igrexas fortificadas" (Transilvania), as "Igrexas pintadas do norte de Moldova", cos seus frescos exteriores e interiores, as "Igrexas de madeira de Maramureş", exemplos únicos de combinación do estilo gótico coa construción tradicional de madeira, o "Mosteiro de Horezu", a "Fortaleza de Sighişoara" ou as "Fortalezas dacias das montañas Orastia". En 2007, a cidade de Sibiu foi elixida Capital Europea da cultura, xunto con Luxemburgo.

En canto a capital, Bucarest, situada á beira do río Dâmbovița, destacan o xigante Palacio do Parlamento, construído nos anos 1980 durante o réxime de Nicolae Ceauşescu. Este edifico é actualmente, segundo o libro Guinness dos Récords, o edificio administrativo maior do mundo. Outros coñecidos monumentos son o Arcul de Triumf (O Arco do Triunfo) de 1935, Memorial do Renacemento, un piar de mármore construído en 2005 para conmemorar as vítimas da revolución de 1989 ou o Ateneo Romanés. Entre os museos, destacan o Museo Nacional de Arte de Romanía, o Museo de Historia Natural "Grigore Antipa" ou o Museo Nacional de Historia.

Bandeira de Romanía
Artigo principal: Bandeira de Romanía.

A bandeira nacional de Romanía, coñecida en romanés como Tricolorul, é tricolor con tres franxas verticais, comezando dende o pau, azul, amarelo e vermello. Aínda que o uso destas cores é anterior, comezaron a empregarse como emblema do movemento nacional romanés dende 1834. A disposición actual remóntase a 1864, ata a primeira declaración de independencia de Valaquia en 1821 feita entre outros por Tudor Vladimirescu, aínda que dende entón introducíronse algunhas modificacións. En 1947 eliminouse o escudo coas armas reais para substituílo polo da República Socialista de Romanía (que foi retirado o 27 de decembro de 1989) e o 10 de setembro de 1992 introduciuse o escudo actual.

A súa proporción entre alto e ancho é de 2:3. O 26 de xuño de cada ano celébrase o día da bandeira (Ziua Tricolorului), día que é festa nacional no país. A bandeira ademais é moi semellante á de Moldova, con quen comparte ligazóns históricas e culturais, e é tamén idéntica á bandeira do Chad, aínda que non teñen ningunha relación e á de Andorra.

Ciencia e tecnoloxía

[editar | editar a fonte]
A máquina voadora de Traian Vuia

O 14 de maio de 1981 Romanía pasou a ser o undécimo país do mundo en ter un astronauta no espazo. Ese astronauta, Dumitru Prunariu, converteuse posteriormente en presidente da Axencia Espacial Romanesa. O 18 de marzo de 1906, o inventor romanés Traian Vuia pasou a ser a primeira persoa do mundo que voou cunha nave aérea autopropulsada e máis pesada que o aire sendo ademais a segunda persoa do mundo que engalou cunha nave aérea de alta potencia. O seu voo tivo lugar en Montesson, preto de París, e durou uns 12 minutos. Henri Coandă foi outro inventor e pioneiro da aviación romanesa. Construíu a primeira nave aérea propulsada por motor de reacción, a Coanda-1910, e levouna á Segunda Exhibición Internacional de Aeronáutica de París, en outubro de 1910.

George Emil Palade foi un biólogo celular romanés que gañou o Premio Nobel de Medicina en 1974, polo seu estudo da organización interna de estruturas celulares como as mitocondrias, cloroplastos, o aparello de Golgi, e polo descubrimento dos ribosomas. Gañou tamén a Medalla Nacional para a Ciencia en 1986.

Despois da Revolución romanesa de 1989, os estudantes romaneses destacaron en competicións internacionais de matemática e informática, e o número de programadores aumentou considerablemente. Exemplos dos éxitos dos programadores romaneses inclúen o "RAV" (Romanian Antivirus), usado por Microsoft no seu desenvolvemento de Windows Defender.

Artigo principal: Romanía nos Xogos Olímpicos.

Nos Xogos Olímpicos de Montreal de 1974, a romanesa Nadia Comăneci chegou a ser a primeira ximnasta en obter un "dez". Gañou tres medallas de ouro, unha de prata e unha de bronce, todas aos catorce anos. O seu éxito continuou nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, onde gañou tres medallas de ouro e dous de prata. Tamén destaca en atletismo Doina Melinte, que gañou nos Xogos Olímpicos de 1984 unha medalla de ouro e outra de prata na media distancia. Ilie Năstase, xogador de tenis, chegou a ser unha estrela do tenis mundial nos anos 70. Gañou varios títulos de Grand Slam e ducias noutros torneos; tivo tamén éxito como xogador de dobres. Romanía acadou as finais da Copa Davis en tres ocasións. Virginia Ruzici tivo éxito no tenis feminino nos anos 70.

O fútbol é moi prezado en Romanía, e o xogador romanés máis coñecido a nivel mundial é quizais Gheorghe Hagi, actualmente retirado, quen xogou para Steaua Bucarest, Real Madrid, FC Barcelona, Galatasaray ou Brescia Calcio. En 1986, o club de fútbol romanés Steaua Bucureşti converteuse no primeiro e único equipo do bloque do leste que gañou a Copa de Europa. En 1989, con Hagi no equipo, alcanzaron de novo a final da competición, pero foron derrotados por AC Milan. Outro xogador romanés mundialmente famoso é Gheorghe Craioveanu.

En baloncesto tamén destacou Gheorghe Mureşan, que con 2,31 m altura foi o xogador máis alto da historia da NBA xunto co sudanés Manute Bol. Aínda que quizais non son a forza que antes eran, a selección romanesa de rugby participou en todas as edicións da Copa do Mundo. Romanía tamén ten unha tradición de éxitos en balonmán e en piragüismo.

  1. "nunc se Romanos vocant" A. Verres, Acta et Epistolae, I, p. 243
  2. "...si dimandano in lingua loro Romei...se alcuno dimanda se sano parlare in la lingua valacca, dicono a questo in questo modo: Sti Rominest ? Che vol dire: Sai tu Romano,..." Cl. Isopescu, Notizie intorno ai romeni nella letteratura geografica italiana del Cinquecento, in Bulletin de la Section Historique, XVI, 1929, p. 1- 90
  3. “Anzi essi si chiamano romanesci, e vogliono molti che erano mandati quì quei che erano dannati a cavar metalli...” in Maria Holban, Călători străini despre Ţările Române, vol. II, p. 158–161
  4. "Tout ce pays la Wallachie et Moldavie et la plus part de la Transivanie a esté peuplé des colonie romaines du temps de Traian l’empereur…Ceux du pays se disent vrais successeurs des Romains et nomment leur parler romanechte, c'est-à-dire romain … " Voyage fait par moy, Pierres Lescalopier l’an 1574 de Venise a Constantinople, fol 48 in Paul Cernovodeanu, Studii si materiale de istorie medievala, IV, 1960, p. 444
  5. Iorga, N., Hurmuzachi, Apud, ed., La carta de Neacşu de Câmpulung, vol. Documente, XI, pp. 843.
  6. "am scris aceste sfente cǎrţi de învăţături, sǎ fie popilor rumânesti... sǎ înţeleagǎ toţi oamenii cine-s rumâni creştini" "Întrebare creştineascǎ" (1559), Bibliografía româneascǎ veche, IV, 1944, p. 6. "...că văzum cum toate limbile au şi înfluresc întru cuvintele slǎvite a lui Dumnezeu numai noi românii pre limbă nu avem. Pentru aceia cu mare muncǎ scoasem de limba jidoveascǎ si greceascǎ si srâbeascǎ pre limba româneascǎ 5 cărţi ale lui Moisi prorocul si patru cărţi şi le dăruim voo fraţi rumâni şi le-au scris în cheltuială multǎ... şi le-au dăruit voo fraţilor români,... şi le-au scris voo fraţilor români" Palia de la Orǎştie (1581–1582), Bucureşti, 1968. " În Ţara Ardealului nu lăcuiesc numai unguri, ce şi saşi peste seamă de mulţi şi români peste tot locul...", Grigore Ureche, Letopiseţul Ţării Moldovei, p. 133-134.
  7. Brezeanu, Stelian (1999). Romanitatea Orientalǎ în Evul Mediu. Bucarest: Editura All Educational, 229-246.
  8. A primeira mención coñecida do termo "Romanía" no sentido moderno da palabra, é da obra do erudito grego Dimitrie Daniel Philippide, publicada en Leipzig en 1816 e chamada "A historia de Romanía", seguida de "A xeografía de Romanía".
  9. Trinkaus, E.; Ş. Milota & R. Rodrigo et al., "Early Modern Human Cranial remains from the Peştera cu Oase" (en inglés). Journal of Human Evolution 45: 245-253.
  10. Zilhão, João, "Neanderthals and Moderns Mixed and It Matters" (en inglés). Evolutionary Anthropology 15: 183-195.
  11. Trinkaus, E.; Ou. Moldovan & Ş. Milota et al. (2003), "An early modern human from Pe?tera cu Oase, Romania" (en inglés). Proceedings of the National Acadademy of Science Ou.S.A. 100 (20): 11231?11236.
  12. Soficaru, Andrei; Adrian Dobo & Erik Trinkaus, "Early modern humans from the Peştera Muierii, Baia de Fier, Romania", Proceedings of the National Acadademy of Science Ou.S.A. 103 (46): 17196-17201
  13. A 40,000-year-old skull shows both modern human and Neanderthal traits, University of Bristol Press Releases, 2007. Dispoñible na World Wide Web: [1]
  14. Rougier, Hélène; Stefan Milota & Ricardo Rodrigo et al. (2007), "Pestera cu Oase 2 and the cranial morphology of early modern Europeans" (en inglés). Proceedings of the National Academy of Sciences of USA 104 (4): 1165-1170.
  15. History of costume elements, Eliznik.co.uk, a website dedicated to the study of the traditional peasant culture in Romanian and Bulgaria. Dispoñible na World Wide Web: [2] Arquivado 12 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés).
  16. Jordanes. De orixine actibusque Getarum (A orixe e as fazañas dos Godos) ou Getica, (escrito en latín e traducido ao inglés). Último acceso 24 de decembro de 2009.
  17. Jordanes (551 A.D.). Getica, sive, De Origine Actibusque Gothorum. Constantinople. Consultado o 31 de agosto de 2008. 
  18. Iliescu, Vl.; Paschale, Chronicon (1970). Fontes Historiae Daco-Romanae II. Bucureşti. pp. 363, 587. 
  19. HISTORY OF TRANSYLVANIA. Editado por LÁSZLÓ MAKKAI e ANDRÁS MÓCSY. THE KINGDOM OF THE GEPIDS (en inglés). Foi un Pobo xermano procedente do baixo Vístula, que se asentou en Transilvania.
  20. 20,0 20,1 Teodor, Dan Gh. (1995). Istoria României de la începuturi până în secolul al VIII-lea 2. Bucureşti. pp. 294–325. 
  21. Bóna, István (2001). Köpeczi, Béla, ed. "History of Transylvania: II.3. The Kingdom of the Gepids". Institute of History of the Hungarian Academy of Sciences. New York: Columbia University Press. Consultado o 2008-08-31. 
  22. Bóna, István (2001). Köpeczi, Béla, ed. "History of Transylvania: II.4. The Period of the Avar Rule". Institute of History of the Hungarian Academy of Sciences. New York: Columbia University Press. Consultado o 2008-08-31. 
  23. Constantine VII, Porphyrogenitus (950). Constantine Porphyrogenitus De Administrando Imperio. Constantinople. Consultado o 2008-08-31. 
  24. Xenopol, Alexandru D. (1896). Histoire des Roumains i. Paris. p. 168. 
  25. Makkai, László (2001). Köpeczi, Béla, ed. "History of Transylvania: III. Transylvania in the Medieval Hungarian Kingdom (896–1526)". Institute of History of the Hungarian Academy of Sciences. New York: Columbia University Press. Consultado o 2008-08-31. 
  26. Köpeczi, Béla, ed. (2001). "History of Transylvania: IV. The First Period of the Principality of Transylvania (1526–1606)". Institute of History of the Hungarian Academy of Sciences. New York: Columbia University Press. Consultado o 2008-08-31. 
  27. Várkonyi, Ágnes R. (2001). "2". En Köpeczi, Béla. History of Transylvania: VI. The Last Decades of the Independent Principality (1660–1711). Institute of History of the Hungarian Academy of Sciences (New York). Consultado o 2008-08-31. 
  28. Ştefănescu, Ştefan (1991). Istoria medie a României I. Bucharest. p. 114. 
  29. Predescu, Lucian (1940). Enciclopedia Cugetarea. 
  30. Vlad III (ruler of Walachia). Britannica Online Encyclopedia.
  31. 31,0 31,1 István, Vásáry. "Cumans and Tatars". cambridge.org. Consultado o 2009-09-07. 
  32. "The Magyarization Process". GenealogyRO Group. Consultado o 2008-08-31. 
  33. Kocsis, Karoly; Kocsis-Hodosi, Eszter (1999). Ethnic structure of the population on the present territory of Transylvania (1880-1992). 
  34. Kocsis, Karoly; Kocsis-Hodosi, Eszter (2001). Ethnic Geography of the Hungarian Minorities in the Carpathian Basin. Simon Publications. pp. 102. ISBN 193131375X. 
  35. Prodan, David (1971). Supplex Libellus Valachorum= Or, The Politicle Struggle of Romanians in Transylvania During the 18th Century. Bucharest: Academy of Social Republic of Romania. 
  36. magyarization process
  37. Prodan, David (1948), Supplex Libellus Valachorum, Bucarest
  38. Bobango, Gerald J (1979). The emergence of the Romanian national State. New York: Boulder. ISBN 9780914710516. 
  39. Stoica, Vasile (1919). The Roumanian Question: The Roumanians and their Lands. Pittsburgh: Pittsburgh Printing Company. p. 70. 
  40. "San Stefano Preliminary Treaty" (en ruso). 1878. Consultado o 2008-08-31. 
  41. The Treaty of Berlin, 1878 - Excerpts on the Balkans. Internet Modern History Sourcebook (Berlin: Fordham University). July 13, 1878. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2008. Consultado o 2008-08-31. 
  42. Patterson, Michelle (1996). "The Road to Romanian Independence". Canadian Journal of History. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2008. Consultado o 2008-08-31. 
  43. Anderson, Frank Maloy; Hershey, Amos Shartle (1918). Handbook for the Diplomatic History of Europe, Asia, and Africa 1870-1914. Washington D.C.: Government Printing Office. 
  44. Horne, Charles F. (Horne). "Ion Bratianu's Declaration of War Delivered to the Austrian Minister in Romania on August 28, 1916". Source Records of the Great War. Consultado o 04/01/10. 
  45. Erlikman, Vadim (2004). Poteri narodonaseleniia v XX veke : spravochnik. Moscova. ISBN 5-93165-107-1. 
  46. World War I Document Archive (ed.). "Text of the Treaty of Trianon". Consultado o 2008-08-31. 
  47. Bernard Anthony Cook (2001). Taylor&Francis, ed. Europe Since 1945: An Encyclopedia. pp. 162. ISBN 0815340575. 
  48. Malbone W. Graham (1944). "The Legal Status of the Bukovina and Bessarabia". The American Journal of International Law (American Society of International Law) 4 (38). Consultado o 2008-08-31. 
  49. 49,0 49,1 "Statul National Unitar (România Mare 1919 - 1940)". ici.ro (en Romanian). Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2010. Consultado o 04/01/10. 
  50. Ioan Scurtu, Theodora Stănescu-Stanciu, Georgiana Margareta Scurtu (2002). Istoria Românilor între anii 1918-1940 (en romanés). University of Bucharest. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2007. Consultado o 04 de xaneiro de 2010. 
  51. Nagy-Talavera, Nicolas M. (1970). Hoover Institution Press, ed. Green Shirts and Others: a History of Fascism in Hungary and Romania. p. 305. 
  52. M. Broszat (1968). "Deutschland — Ungarn — Rumänien. Entwicklung und Grundfaktoren nationalsozialistischer Hegemonial- und Bündnispolitik 1938-1941". Historische Zeitschrift (en German) 206: 552–553. 
  53. "The Biggest Mistakes In World War 2:Ploesti - the most important target". Consultado o 04/01/10. 
  54. Note: follow the World War II link: Ronald D. Bachman, ed. (11/09/05). "Romania:World War II" 2. Washington D.C.: Library of Congress.Federal Research Division. LCCN 90006449. Consultado o 04/01/10. 
  55. Eugen Tomiuc (06/05/04). "World War II – 60 Years After: Former Romanian Monarch Remembers Decision To Switch Sides". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 04/01/10. 
  56. Michael Clodfelter (2002). McFarland, ed. Warfare and Armed Conflicts- A Statistical Reference to Casualty and Other Figures, 1500-2000 2. Jefferson, NC. p. 582. 0-7864-1204-6. 
  57. Martin Gilbert. Atlas of the Holocaust. 1988
  58. "Romania: Country studies - Chapter 1.7.1 "Petru Groza's Premiership"". Federal research Division, Library of Congress. Consultado o 2008-08-31. 
  59. "Romania". CIA - The World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2020. Consultado o 05/01/10. 
  60. "Romania - Country Background and Profile". ed-u.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 05/01/10. 
  61. Roper, Stephen D. (2000). Routledge, ed. Romania: The Unfinished Revolution. London. pp. 18. ISBN 9058230279. 
  62. Cioroianu, Adrian (2005). Editura Curtea Veche, ed. "On the Shoulders of Marx. An Incursion into the History of Romanian Communism" (en romanés). Bucarest. pp. 68–73. ISBN 9736691756. 
  63. Stan Stoica (2007). Editura Merona, ed. Dicţionar de Istorie a României (en romanés). Bucharest. pp. 77–78; 233–34. ISBN 973-78392-1-8. 
  64. Caraza, Grigore (2004). Editura Vremea XXI, ed. Aiud însângerat (en romanés). Capítulo IV. ISBN 9736450503. 
  65. Cicerone Ioniţoiu (2000). Editura Maşina de scris, ed. Victimele terorii comuniste. Arestaţi, torturaţi, întemniţaţi, ucişi. Dicţionar (en romanés). Bucarest. ISBN 973-99994-2-5. 
  66. "Romania: Soviet Union and Eastern Europe". Country Studies.us. countrystudies.us. Consultado o 2008-08-31. 
  67. "Middle East policies in Communist Romania". countrystudies.us. Consultado o 06/01/10. 
  68. Centrul Internaţional de Studii asupra Comunismului, ed. (2004). "Recensământul populaţiei concentraţionare din România în anii 1945-1989" (en romanés). Sighet. 
  69. Comisia Prezidenţială pentru Analiza Dictaturii Comuniste din România, ed. (15/12/2006). "Raportul Comisiei Prezidenţiale pentru Analiza Dictaturii Comuniste din România": 215–217. 
  70. "Romania: Climate". U.S. Library of Congress. Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  71. "The 2004 Yearbook" (PDF) (en Romanian). Instituto Nacional de Estatísticas de Romanía. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 31 de agosto de 2008. 
  72. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  73. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  74. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  75. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  76. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]