Rosa Luxemburg
Rosa Luxemburg (en polaco: Róża Luksemburg e tamén Rozalia Luxenburg), nada en Zamość (Imperio Ruso) o 5 de marzo de 1871 ou 1870 e finada en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi unha militante socialista e teórica marxista polaca de orixe xudía, nacionalizada alemá.
Foi membro do partido da Socialdemocracia do Reino de Polonia e Lituania (SDKPiL), do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), do Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) e do Partido Comunista de Alemaña (KPD).
En 1915, debido ao apoio prestado polo SPD á participación alemá na primeira guerra mundial, ela, xunto con Karl Liebknecht fundaron a Liga Espartaquista (Spartakusbund) que posteriormente se convertería no Partido Comunista Alemán.
Durante a Revolución Alemá de 1918 fundou o xornal Die Rote Fahne (A Bandeira Vermella), que se converteu no órgano central do movemento espartaquista. Publicou diversas análises e ensaios noutros xornais da época, como o Leipziger Volkszeitung e ademais, foi autora de múltiples libros, dos cales destaca Die Akkumulation des Kapitals (en galego, A acumulación do capital), e tamén Sozialreform oder Revolution? (en galego, Reforma ou Revolución) (1899), Massenstreik, Partei und Gewerkschaften (en galego, Folga de masas, partido e sindicato) (1906), e Die russische Revolution (en galego, A revolución rusa) (1918), no cal critica construtivamente á mesma e sostén que a maneira soviética de facer a revolución non pode ser universalizada para tódalas latitudes.
Viu o levantamento espartaquista producido en 1919 como unha equivocación, porén, chegou a apoialo máis tarde. Cando o goberno socialdemócrata, xunto cos Freikorps (soldados que participaran na primeira guerra mundial, e que se organizaron en grupos paramilitares), acabaron coa revolta, Luxemburg, Liebknecht e outros dos participantes foron detidos e asasinados. Luxemburg recibiu un disparo e o seu corpo foi guindado ao Landwehrkanal, en Berlín.
As súas ideas inspiraron tendencias da esquerda comunista e deron orixe a posteriori á corrente intelectual coñecida baixo o nome de luxemburgismo. A herdanza de Rosa Luxemburg foi reivindicada no entanto, de maneira contraditoria, por movementos políticos moi diferentes.
Debido ás súas críticas tanto ás escolas leninista coma ós máis moderados socialdemócratas do socialismo, Luxemburg tivo unha acollida ambivalente entre os académicos e teóricos da esquerda política. Con todo, Luxemburg e Liebknecht foron idolatrados como mártires comunistas polo réxime comunista da Alemaña do Leste.
O seu traballo, tanto no eido teórico como práctico, para a consecución dun socialismo democrático internacional, en contra do militarismo e da guerra, é considerado hoxe en día por moitos un modelo a seguir. Dende 1996, un domingo a mediados de xaneiro celébrase cada ano, en Berlín, o día de Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, en lembranza do asasinato dos dous dirixentes comunistas o 15 de xaneiro de 1919, e a Oficina Federal para a Protección da Constitución alemá indica que a idolatría por eles é unha importante tradición da extrema esquerda alemá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia e xuventude en Polonia
[editar | editar a fonte]Róża Luksemburg naceu o 5 de marzo de 1870,[1] ou máis probablemente en 1871,[2][nota 1] na cidade polaca de Zamość, preto de Lublin.
Foi a quinta filla dunha familia acomodada xudía, que vivía na parte oriental da actual Polonia, territorio que daquela pertencía ao Imperio Ruso. Os seus pais eran o comerciante de madeira Eliasz Luksenburg e a súa muller Line. Luxemburg posteriormente revelou que o seu pai lle transmitira o interese polas ideas liberais, mentres a súa nai era relixiosa e leída con libros que tiña na súa casa.[3] A familia falaba alemán e polaco, e Luxemburg tamén aprendeu ruso.[3]
En 1873, tras realizar un mal negocio, e coa esperanza de mellorar a situación, Eliasz Luksenburg trasladouse xunto coa súa familia a Varsovia, cambio que Róża Luksemburg, aos seus tres anos de idade, viviu con pena.[4] Cando cumpriu cinco anos, diagnosticáronlle por erro unha tuberculose ósea;[5] cando en realidade, o máis probable é que tivese algún tipo de luxación. A súa familia enxesoulle unha perna e mantívoa na cama durante todo un ano. Unha vez lle retiraron o xeso, quedoulle unha perna máis curta que a outra, feito que lle provocou unha coxeira durante o resto da súa vida.[4]
Durante a súa infancia en Varsovia, concretamente dende 1880, comezou a asistir a un instituto feminino. Foi admitida, a pesar da existencia dunha cota máxima anual para a aceptación de xudías, baseada nun sistema de avaliación máis esixente que para as non xudías. Foi nesta ocasión cando tomou conciencia por primeira vez do seu status de xudía e da discriminación que este lle causaba. En 1881, estalou un pogrom en Varsovia:[6] ela e a súa familia saíron ilesas, pero Różalia quedou profundamente marcada por esta vivencia das consecuencias do antisemitismo.[7] Creceu nun ambiente monótono e burgués. Durante esta etapa Różalia non se sentiu próxima aos seus pais; o seu pai, un home de negocios pouco sensato, non foi un modelo para ela. Tampouco se identificou coa comunidade xudía polaca da época.[8]
O 14 de xuño de 1887, rematou o instituto, cunha nota A (excelente) en catorce materias, e obtendo unha avaliación global «moi boa». O seu boletín escolar contén o nome Rosalie Luxenburg, transcrición ao ruso do seu nome polaco.[9]
Comezos na política en Polonia e Suíza
[editar | editar a fonte]O interese de Luxemburg pola política é difícil de datar. A lectura das obras de Adam Mickiewicz pareceu inclinala ao idealismo e infundir nela o desexo de cambiar o mundo.[10] Xusto despois de abandonar os estudos, uniuse a un grupo socialista clandestino que apoiaba o programa de organización revolucionaria Proletariado e tiña como obxectivo a formación dun partido obreiro. En 1889, o ameazante ambiente político de Polonia levouna a tomar a decisión de ir estudar a Suíza, onde se atopaban estudantes polacos comprometidos co movemento obreiro e revolucionarios exiliados doutros países europeos.[11]
O 18 de febreiro de 1889 chegou a Suíza, onde se rexistrou no municipio de Oberstrass, preto de Zürich, baixo o nome de Luxemburg, a transliteración máis «cosmopolita», que foi a que utilizou dende entón. Alugou unha habitación na casa dun antigo militante socialista, por recomendación de varios amigos. Uniuse a varios militantes socialistas e reuniuse, entre outros políticos exiliados, co teórico marxista ruso Georgi Plekhanov. Porén, por aquel entón aínda non estaba segura da súa vocación militante.[12]
No outono de 1890, Rosa Luxemburg coñeceu a Leo Jogiches, militante de orixe lituana que xa contaba cunha importante reputación entre os socialistas. Rosa Luxemburg e Leo Jogiches mantiveron unha relación desde que o coñeceu, ela pasou a dedicarse por completo á política, aínda que sen abandonar os seus estudos. En 1892, distanciouse de Jogiches, que se separara dos revolucionarios rusos, para a creación dun partido político polaco. Rosa Luxemburg discrepou coas ideas de Karl Marx no debate sobre a soberanía polaca, á cal non era favorable: para ela, a pertenza a unha nación divide a clase obreira, no canto de unila, e na súa opinión, os obreiros polacos e rusos deberían unir as súas forzas; segundo este punto de vista, o proletariado polaco non gañaría nada coa súa pertenza a un «Estado burgués» independente.[13]
En 1893, fundou, xunto con Leo Jogiches e Julian Marchlewski, a Socialdemocracia do Reino de Polonia[14] (SDKP, rebautizado en 1900 como Socialdemocracia do Reino de Polonia e de Lituania, trala alianza cos socialistas lituanos) que xurdiu como rival do Partido socialista polaco (PPS), creado en 1892 e que, ao contrario que o SDKP, avogaba pola independencia de Polonia. O SDKP contaba con douscentos membros nos seus comezos. En agosto do ano 1893, pronunciou o seu primeiro discurso público no congreso da Internacional obreira, no que defendeu o recoñecemento do SDKP. Nun primeiro momento non o conseguiu, pero finalmente o SDKP foi recoñecido en 1896 pola Internacional.[15]
O conflito entre o PPS e o SDKP intensificouse cando Rosa Luxemburg criticou o nacionalismo do partido socialista rival no xornal de exiliados polacos publicado en París e coñecido como Sprawa Robotnicza (« A causa obreira ») e defendeu que Polonia só podería recuperar a súa independencia mediante unha revolución no Imperio Alemán, no Austro-Húngaro e no Ruso. Segundo ela debíaselle dar prioridade á loita contra a monarquía e o capitalismo en Europa; na súa opinión só despois dun triunfo revolucionario se podería dar o dereito de autodeterminación dos pobos. Neste aspecto discordaba con Lenin, que vía os movementos de liberación de Polonia e doutras nacionalidades como un primeiro paso cara ao socialismo. Rosa Luxemburg e Leo Jogiches tiveron unha militancia moi activa, pero a súa relación tivo altos e baixos: Jogiches, que se dedicou por completo ás súas actividades revolucionarias, prestoulle pouca atención á súa relación, o que para Rosa Luxemburg facía imposible unha auténtica relación de parella; tamén tendeu a distanciarse do carácter autoritario do seu compañeiro. En 1896, o SDKP foi desmantelado por unha serie de arrestos e o xornal Sprawa Robotnicza deixou de publicarse. En 1897, Rosa Luxemburg doutorouse en Zürich cun magna cum laude, co desenvolvemento industrial de Polonia como tese. A súa nai morreu en setembro dese mesmo ano, afectándolle especialmente o feito de non ter estado ao seu lado. A finais da década de 1890, a parella decidiu trasladarse a Alemaña, onde Jogiches esperaba atopar un escenario máis favorable ás súas aspiracións políticas, contactando, a través de Rosa Luxemburg, co Partido Socialdemócrata de Alemaña.[16]
Participación na socialdemocracia alemá
[editar | editar a fonte]Debido á súa nacionalidade rusa, Rosa Luxemburg corría o risco de ser expulsada de Alemaña por razóns políticas, polo que organizou un matrimonio de conveniencia con Gustav Lübeck,[17] fillo de Karl Lübeck, co fin de obter a nacionalidade alemá. Instalouse en Berlín co nome de Rosalia Lübeck,[18] onde se familiarizou rapidamente co Partido Socialdemócrata (SPD) e destacou pola súa forza e intelixencia política. Foi enviada en xuño de 1889 á provincia de Alta Silesia (parte de Polonia anexionada polo Reino de Prusia no século XVIII) co obxectivo de estender o socialismo entre os obreiros polacos con vistas ás eleccións. Separada pola distancia da súa familia e de Jogiches, centrouse na súa actividade política, a pesar das dificultades de adaptación á vida berlinesa e o clima de antisemitismo imperante.[19]
Durante o verán de 1898, Rosa Luxemburg viuse involucrada no "Reformismusstreit", un debate interno no SPD que afectou á socialdemocracia alemá: o teórico Eduard Bernstein propuxo unha revisión dos aspectos revolucionarios marxistas, defendendo o abandono da liña revolucionaria seguida pola socialdemocracia e a transformación do SPD nun gran partido que englobase tamén os intereses das clases medias.[20][21] En setembro de 1899, Rosa Luxemburg publicou en sete partes un longo artigo, Sozialreform oder Revolution? (en galego, Reforma social ou revolución), que rebateu os argumentos achegados por Bernstein. Argumentou que a diferenza crítica entre o capital e o traballo só podería ser contrarrestado se o proletariado asumía o poder e realizaba cambios revolucionarios nos métodos de produción. Ela quería que os Revisionistas fosen expulsados do SPD. Isto non sucedeu, pero o liderado de Karl Kautsky conservou a influencia marxista no seu programa.[22] Este artigo permitiulle aumentar a súa notoriedade e converterse na directora honoraria do xornal Sächsiche Arbeiterzeitung, sendo a primeira muller en conseguilo. Tras catro meses en Alemaña, Rosa Luxemburg contaba cunha importancia crecente entre a clase socialista.[23] No congreso do SPD realizado en Hannover en 1899 dirixiu, xunto con Alexandre Parvus e Karl Kautsky, unha ofensiva contra Bernstein, cuxas teses foron rexeitadas, aínda que este permaneceu no partido.[24]
Dende este momento foi recoñecida polo seu competente labor no Partido Socialdemócrata de Alemaña, traballou como xornalista para a prensa socialista, como tradutora (falaba yiddish, polonés, ruso, alemán e francés), e como profesora no centro do SPD, onde deu clases de economía e de historia do socialismo. Fixo amizade con Karl Kautsky e a súa familia, e foi confidente de Clara Zetkin.[25][26]
Ademais das súas actividades no SPD, Rosa Luxemburg reactiva a SDKPiL. Realiza xiras de conferencias por toda Europa. En 1903, adhírese como membro ao Bureau socialiste international, órgano de coordinación da Internacional obreira. En 1904, de volta do congreso da Internacional, é arrestada e encarcerada por criticar o emperador Guillerme II nun discurso público: permanece no cárcere de agosto a outubro, beneficiándose despois dunha amnistía. Naquela época, Rosa Luxemburg oponse fortemente ás teses de Lenin: contesta a idea leninista dunha «insurrección armada», considerando que se debe preparar unha revolta popular elevando a consciencia dos obreiros e non armándoos. Oponse fundamentalmente aos conceptos de Lenin en materia de centralización da autoridade e da xerarquía.[27]
A continuación do Domingo vermello, o 22 de xaneiro de 1905 en San Petersburgo, declárase a revolución en Rusia. Leo Jogiches abandona en febreiro Berlín e vai a Cracovia, onde funda unha nova publicación da SDKPiL. Diríxese despois a Varsovia para negociar unha alianza co Bund, o que Rosa Luxemburg desaproba con contundencia, sendo ela hostil á ideoloxía nacionalista dos militantes xudeus. Rosa Luxemburg reúnese temporalmente con Jogiches en Cracovia durante o verán, volve a Alemaña, e de novo vai para Varsovia en decembro, baixo identidade falsa, para participar no movemento insurreccional que continúa en Polonia. Arrestada xunto a Leo Jogiches, está a punto de ser executada. Durante un tempo queda confinada no domicilio, e despois é liberada baixo fianza por ser cidadá alemá, volve a Berlín en setembro de 1906. Nesta época termina a súa relación con Jogiches.[28][29]
No congreso do SPD en Mannheim, Rosa Luxemburg contribúe a constituír unha esquerda que, fronte a unha dereita e un centro do partido entón reaproximados, adopta unha actitude revolucionaria. Publica un panfleto titulado Folga de masa, Partido e sindicato, no que combina as súas experiencias rusas e alemás e mostra o exemplo dunha folga permanente, ligada á sorte da revolución: para Rosa Luxemburg, o proceso revolucionario é un movemento continuo, no que o partido pode xogar un papel, mais sen pretender a dirección da clase obreira. O partido debe limitarse a un papel de esclarecemento do proletariado e cando chegue o día da acción a distinción entre dirixentes e dirixidos xa non terá razón de ser. Rosa Luxemburg denuncia tamén a influencia da burocracia sindical en Alemaña, próxima da ala dereita do SPD e roída polo «revisionismo (é dicir, o reformismo). A obra de Rosa Luxemburg provoca un escándalo no seo do SPD e xa en 1907, as súas relacións co dirixente do partido August Bebel vénse irremediablemente comprometidas.[30] Con Martov e Lenin, con quen forxa unha alianza temporal e de circunstancia, rectifica e fai que a Internacional obreira adopte unha resolución sobre a guerra, estipulando que en caso de conflito o deber da clase obreira é levantarse e, así, impedir a guerra e acelerar o fin do capitalismo.[31]
Pola mesma época, definitivamente separada de Jogiches, Rosa Luxemburg vive unha relación con Costia Zetkin, un dos fillos de Clara Zetkin, quince anos máis novo ca ela; a súa relación durará até 1912.[32]
Até o comezo da primeira guerra mundial, o renome de Rosa Luxemburg non para de crecer nos medios políticos. Toma parte en diversas polémicas no seo do SPD e da Internacional obreira: a súa tendencia en citar como exemplo a revolución rusa de 1905 molesta a numerosos dirixentes socialdemócratas alemáns, que temen no seu país unha situación semellante.[33] Rosa Luxemburg, por outra parte, é moi crítica co comportamento dos socialdemócratas rusos, desunidos de xeito permanente pola escisión entre bolxeviques e menxeviques. Sostida por Karl Kautsky, contribúe na adopción por parte do Bureau socialista internacional dunha resolución de condena á actitude de Lenin.[34] En 1910, unha forte polémica opona a Kautsky, até entón amigo persoal seu, con respecto do papel do partido cos obreiros: Rosa Luxemburg continúa sostendo que os traballadores deben ser alentados a asumir o seu propio destino, cedéndolles o poder a dirección do partido; denuncia tamén os compromisos do SPD que, negándose a reivindicar a instauración da república en Alemaña transfórmase nun xoguete dos «partidos burgueses». Kaustky sae nerviosamente esgotado da polémica que o opón a Rosa Luxemburg;[35] as relacións desta cos dirixentes socialdemócratas alemáns quedan moi deterioradas.[36] No seo da SDKPiL participa na exclusión de Karl Radek, membro do comité de Varsovia, quen se opoñía ao comité central do partido polaco establecido en Berlín.[37]
Sobre a cuestión das nacionalidades, Rosa Luxemburg adopta un punto de vista de internacionalismo integral e oponse radicalmente a todo tipo de nacionalismo, considerando que «nunha sociedade de clases, a nación, como entidade sociopolítica, non existe». Para ela, a cuestión nacional é unha cuestión secundaria, ou sexa unha cuestión táctica e non de principio. O único dereito á autodeterminación que a socialdemocracia debe soster é, para ela, o da clase obreira: segundo o seu punto de vista, a revolución socialista internacional porá fin á dominación nacional, así como á explotación, á desigualdade dos sexos e á opresión racial.[38][39]
Oposición á guerra e fundación da Liga espartaquista
[editar | editar a fonte]Durante os anos que preceden o desencadeamento da primeira guerra mundial, Rosa Luxemburg multiplica as actividades e mais as participacións en debates públicos, mentres a fractura política no seo do SPD, cada vez máis centrado, acentúase. Retomou a amizade con Leo Jogiches, quen a axuda a corrixir as probas de Die Akkumulation des Kapitals (A acumulación de capital) a súa maior obra teórica. Nesta obra, publicada en xaneiro de 1913 e conformada a partir das clases de economía política que dá a militantes socialistas, Rosa Luxemburg fai detalle da súa análise do capitalismo: para ela, a acumulación só se pode realizar grazas á expansión do capitalismo cara a mercados estranxeiros ou rexións menos desenvolvidas dos mesmos países. Os mercados non capitalistas son necesarios para o funcionamento do capitalismo e en última análise para a súa supervivencia, mais aínda así son destruídos como entidades independentes. Privándose da demanda que lle permite realizar a plusvalía, o sistema capitalista afúndese inevitablemente polo feito desa contradición. A publicación de Die Akkumulation des Kapitals provoca unha polémica tanto na dereita como na esquerda do SPD: a súa teoría do afundimento inevitable do capitalismo é obxecto de fortes críticas. Franz Mehring e Julian Marchlewski, pola contra, saúdan en Rosa Luxemburg a intérprete máis erudita de Marx dende Engels.[40]
Por outra parte, Rosa Luxemburg milita con paixón contra os riscos de guerra en Europa. En setembro de 1913, pronuncia en Frankfurt am Maim un vehemente discurso no que chama os obreiros alemáns a que non tomen as armas contra obreiros doutras nacionalidades. A conta diso é xulgada o 20 de febreiro de 1914 , por «incitación pública á desobediencia». Rosa Luxemburg deféndese con paixón e elocuencia, acadando a celebridade a nivel nacional, máis aló dos medios socialistas. Pola mesma época, mantén durante varios meses unha relación cun dos seus avogados, o socialista Paul Levi, que seguirá sendo un amigo próximo; Levi consagra máis adiante a súa vida á continuación do traballo político de Rosa Luxemburg e á difusión das súas teses. Rosa Luxemburg é condenada a un ano de prisión. En marzo de 1914, mentres espera polo resultado da apelación, pronuncia un novo discurso no que acusa os militares alemáns de maltrataren os soldados: esta vez é perseguida por insulto ao exército. Milleiros de testemuñas de apoio provocan a desestimación do xuízo.[41] Durante os meses que duran os diversos procesos, Rosa Luxemburg continúa a difundir as súas teses e a militar con fervor contra a guerra.[42]
Mentres o conflito se desata en Europa, a Internacional obreira fracasa totalmente en definir unha política común, e os socialdemócratas alemáns, así como a maioría dos seus homólogos europeos, votan os créditos para a guerra. Rosa Luxemburg, que teoricamente debe comezar en decembro a cumprir a condena no cárcere, forma con varios militantes, entre eles Karl Liebknecht, Leo Jogiches, Franz Mehring, Julian Marchlewski, Paul Levi e Clara Zetkin, o núcleo do que será o Gruppe Internationale, e máis adiante o Spartakusbund (a Liga Spartacus, ou Liga espartaquista): a súa chamada contra o voto a favor dos créditos de guerra, enviada a máis de trescentos dirixentes socialistas, queda case sen resposta. En decembro, Rosa Luxemburg é hospitalizada por esgotamento nervioso e físico: ingresa no cárcere en febreiro 1915.[43]
No cárcere, Rosa Luxemburg mantén ligazóns epistolares co mundo exterior. Escribe en prisión o folleto Die Krise der Sozialdemokratie (en galego, A crise da socialdemocracia), publicado clandestinamente en 1916 baixo o pseudónimo de Junius.[44] A oposición radical socialista exprésase por medio dunha «carta política» asinada Spartakus co sostén loxístico de Leo Jogiches, quen toma a dirección das operacións clandestinas, a publicación titulábase Spartakusbriefen (en galego, As cartas de Espártaco).[45] Rosa Luxemburg é liberada en febreiro de 1916 e deseguida retoma as súas actividades públicas. O 1 de maio, durante unha manifestación espartaquista, desfila xunto con Karl Liebknecht quen, con uniforme de soldado, lanza un slogan contra a guerra e contra o goberno: inmediatamente arrestado, suprímeselle a inmunidade parlamentaria e é condenado a catro anos de cárcere, mentres Rosa Luxemburg é posta baixo vixilancia policial. O 9 de xullo de 1916 , é arrestada e posta en detención administrativa.[25] Rosa Luxemburg mantén de novo contactos escritos co mundo exterior. Mantén unha relación epistolar con acentos románticos cun amigo de Costia Zetkin, Hans Diefenbach. Este, enviado á fronte como médico militar, é abatido en outubro de 1917, e a súa morte provoca en Rosa Luxemburg un terrible golpe.[46][47]
En xaneiro de 1917, os socialistas opostos á guerra son excluídos do SPD; en abril, constitúen o Partido socialdemócrata independente de Alemaña (USPD), sendo a Liga espartaquista a súa corrente de extrema esquerda.[48]
Apoio e crítica da revolución rusa
[editar | editar a fonte]Rosa Luxemburg, dende o cárcere, segue con atención os acontecementos políticos e escribe unha serie de textos sobre a Revolución rusa a partir de marzo de 1917, segundo ela o «feito máis considerable da guerra mundial», mais despois da revolución de Outubro móstrase crítica sobre diversos aspectos da política seguida polos bolxeviques.[49] Denuncia o «oportunismo» dos dirixentes da socialdemocracia alemá (Eduard Bernstein, Karl Kautsky) e dos menxeviques rusos, así como a súa política de sostén ao imperialismo.[50] Neste contexto, saúda o partido bolxevique como «forza motriz»[51] «quen detén o mérito histórico de ter proclamado dende o principio e seguido con lóxica férrea a única táctica que puidera salvar a democracia e levar a revolución adiante. Todo o poder para as masas obreiras e campesiñas, todo o poder para os soviets.»[52]
“A cita máis coñecida de Rosa Luxemburg Freiheit ist immer nur Freiheit des anders Denkenden (Ás veces traducida como A liberdade é sempre a liberdade dos inconformistas.) é un extracto da seguinte pasaxe:
—Die russische Revolution. Berlín. 1920 S. 109; Rosa Luxemburg
|
A crítica da política seguida por estes últimos faise aínda máis necesaria para Rosa Luxemburg.[53] Denuncia entre outras cousas o sostén dos bolxeviques ás autodeterminacións nacionais, que lle parece debilitaren o proletariado ao reforzaren o nacionalismo, así como a política de redistribución das terras polos bolxeviques, que para ela ameaza con levar á constitución dunha capa de pequenos propietarios inimigos potenciais da revolución, hostís ao socialismo.[54] Dentro da óptica de Rosa Luxemburg, o «despece de Rusia»[55] polo dereito á independencia das nacións do ex-Imperio ruso e o slogan do «dereito dos pobos a disporen de si mesmos»[55] constitúen para as burguesías nacionais «un instrumento da súa política contrarrevolucionaria».[55][56][57] Finalmente, critica o afogo da democracia política polos bolxeviques: se Rosa Luxemburg, como Clara Zetkin ou Franz Mehring, aproba a disolución da Asemblea constituínte, lamenta que non fose seguida por novas eleccións,[58] e escribe: «A liberdade só para os partidarios do goberno, para os membros dun partido, por moi numerosos que sexan-, non é liberdade. A liberdade, é sempre a liberdade do que opina doutro xeito».[59] Se para Rosa Luxemburg, «a ditadura socialista [...] non debe recuar diante de ningún medio de forza para impor certas medidas en interese da colectividade»,[59] estima que o poder leninista é «unha ditadura, é certo, non a do proletariado, senón a dun puñado de políticos, é dicir unha ditadura no sentido burgués».[59] Preconiza, pola contra, «a democracia máis ampla e máis ilimitada»,[59] e lembra que «é un feito absolutamente incontestable que sen unha liberdade ilimitada da prensa, sen unha liberdade absoluta de reunión e asociación, a dominación das amplas masas populares é inconcibible».[59] Para Rosa Luxemburg, hai que buscar as causas desta deriva tanto na concepción leninista do partido[59][60] como nas condicións máis desfavorables da guerra mundial e do illamento de Rusia a nivel internacional.[59][61] Xunto con Leo Jogiches, que a axuda a manterse ao día sobre os acontecementos, Rosa Luxemburg estima que os revolucionarios alemáns deben evitar a calquera prezo transformárense en satélites dos bolxeviques.[62] Xulga, porén, que o bolxevismo se converteu no «símbolo do socialismo revolucionario práctico, de todos os esforzos da clase obreira para conquistar o poder» e considera que a revolución rusa está condenada se o proletariado do resto de países non acode en axuda para conquistar o poder.[63]
Revolución alemá
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Revolución de Novembro e Levantamento espartaquista de Berlín.
A revolución alemá de novembro de 1918 permítelle a Rosa Luxemburg saír do cárcere: promúlgase unha amnistía política o 6 de novembro; é liberada o día 10 e volve soa a Berlín, mentres a cidade está en plena efervescencia revolucionaria. Os dirixentes espartaquistas reúnense e fundan, tras algunhas dificultades para encontrar impresor, un novo xornal, Die Rote Fahne (A Bandeira Vermella). Nel Rosa Luxemburg fai unha chamada ao proletariado alemán para continuar a revolución e organizarse para tomar a dirección; ela sobrevalora daquela o compromiso revolucionario dos obreiros alemáns e subestima o atractivo que poden exercer sobre eles valores «burgueses» como a propiedade, o nacionalismo ou a relixión.[64] Leva unha existencia esgotadora e a causa da distancia entre a redacción do xornal e o seu piso a miúdo se ve obrigada a durmir de hotel.[65]
A Liga espartaquista, dirixida principalmente por Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, preconiza unha radicalización da revolución e do acceso ao poder dos consellos de obreiros e de soldados aparecidos a finais de 1918 en toda Alemaña con motivo da revolta popular, para formar unha «República dos consellos». Para os espartaquistas, a revolución debe estenderse a Europa enteira co sostén da Rusia soviética. Contrarios pola súa parte a todo golpismo e a todo tipo de terrorismo de partido, Liebknecht e Rosa Luxemburg vense desbordados polo utopismo dos intelectuais e o radicalismo dos obreiros que os seguen.[66] O SPD, que formou o goberno dirixido por Friedrich Ebert, desexa, pola contra, unha transición política moderada a fin de evitar a Alemaña unha situación do tipo da rusa. A tensión política é extrema e, o 6 de decembro, tropas gobernamentais ocupan a redacción de Die Rote Fahne. Unha manifestación espartaquista é dispersada a forza de metralleta, co resultado de trece mortos e trinta feridos. Finalmente os espartaquistas son desaprobados polos mesmos que ambicionan poñer no poder: o 16 de decembro, o Congreso nacional dos Consellos de obreiros e de soldados, único poder lexítimo para os espartaquistas, reúnese e decide por maioría que non lle pertence decidir sobre a sorte de Alemaña, e que esta tarefa deberá serlle confiada a unha asemblea constituínte elixida en sufraxio universal. A Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht non se lles autoriza a asistir ao congreso, nin tan sequera con voz consultiva.[66][67][68]
O clima de axitación revolucionaria en Alemaña desemboca na formación do Partido comunista de Alemaña (KPD):[nota 2] os espartaquistas, tomando a decisión de separarse da USPD, forman o partido durante un congreso celebrado do 30 de decembro de 1918 ao 1 de xaneiro de 1919. Rosa Luxemburg, máis partidaria da denominación «socialista» á de «comunista» para establecer máis facilmente relacións cos revolucionarios occidentais, queda en minoría sobre este punto.[69] Prefire continuar utilizando o nome de Liga espartaquista para designar o partido.[70] Karl Radek, vello adversario de Rosa Luxemburg, atópase clandestinemente en territorio alemán como emisario da Rusia soviética: asiste ó congreso fundador do KPD e debate nesta ocasión con ela sobre o uso do terror. Mentres que Radek, como os demais bolxeviques, xulga o terror imprescindible para preservar a revolución, Rosa Luxemburg móstrase escéptica,[71] e fai finalmente adoptar no programa do partido alemán un punto que se opón a toda práctica terrorista. Rosa Luxemburg e Paul Levi avogan pola participación dos comunistas na elección da asemblea constituínte, mais a maioría pronúnciase polo boicot a esas eleccións.[69] Rosa Luxemburg intenta en van convencer ó congreso do KPD do perigo que representa o rexeitamento a participar no proceso electoral.[72] A comezos de xaneiro de 1919, a axitación política nos medios obreiros transfórmase en enfrontamento aberto cando o prefecto de policía Emil Eichhorn, membro da USPD, se nega a abandonar o seu posto trala saída dos independentes do goberno, e distribúe armas aos obreiros radicais. Karl Liebknecht, levado polo movemento, cre na posibilidade dun levantamento que derrocaría o goberno: o KPD forma, con outros grupos, na noite do 5 ao 6, un comité revolucionario e decide pasar á insurrección. Rosa Luxemburg xulga o movemento totalmente prematuro, mais escolle sostelo por lealdade mediante os seus artigos en Die Rote Fahne. O levantamento, espontáneo pero sen plan, dirección nin organización, é un total fracaso. O líder socialdemócrata Friedrich Ebert nomea o ministro do SPD Gustav Noske para organizar a represión, e este confiou o control do levantamento aos Freikorps (en galego: "corpos francos"; un corpo paramilitar dereitista)[73]. Os militares esmagan a insurrección con moita brutalidade, matando os espartaquistas que se presentan levando bandeira branca. Pronto todo Berlín queda ocupado polo exército. Rosa Luxemburg publica o 14 de xaneiro de 1919 o seu derradeiro artigo titulado A orde reina en Berlín.[74],[75]
Asasinato
[editar | editar a fonte]Ó día seguinte da publicación do seu artigo, preséntanse militares[nota 3][75] no seu domicilio clandestino. Arrestada, é conducida, igual que Wilhelm Pieck, ó hotel Eden que serve de cuartel xeral provisional á división de cabalaría e de fusileiros da garda: interrogada polo capitán Waldemar Pabst, négase a responder ás preguntas deste último. Os militares fana saír do hotel para escoltala a prisión. Mentres que é dirixida cara á saída do hotel, é golpeada na cabeza cunha culata de fusil, os soldados obrígana a subir nun coche para levala presa. Mentres que o vehículo percorre apenas uns centos de metros, Rosa Luxemburg é asasinada dun disparo na cabeza por un dos militares, probablemente o tenente Vogel, que dirixía a escolta. Tiran o seu cadáver no Landwehrkanal. O mesmo día, Karl Liebknecht tamén é arrestado e asasinado polos corpos francos.[76][77][78]
Simbolicamente, un ataúde baleiro representando a Rosa Luxemburg é enterrado o 25 de xaneiro ao mesmo tempo que o de Liebknecht e doutras 31 vítimas da represión. Un corpo identificado como o de Rosa Luxemburg foi finalmente recuperado o 31 de maio.[76][79][80] Leo Jogiches, arrestado, é asasinado na prisión en marzo, oficialmente durante unha tentativa de evasión.[81]
Os militares responsables da morte de Rosa Luxemburg e de Karl Liebknecht son levados diante da xustiza por maltrato: o procurador avoga por circunstancias atenuantes en razón dos seus excelentes servizos. O soldado Runge, que golpeara a Rosa Luxemburg na cabeza, é condenado a dous anos e dúas semanas de cárcere por «tentativa de asasinato», e o tenente Vogel a dous anos e catro meses por desfacerse do cadáver e facer un informe incorrecto.[82] Vogel escapa grazas a axudas de cómplices, e vive durante un tempo no estranxeiro na espera dunha amnistía. O soldado Runge declara máis tarde que aceptara asumir todas as culpas a cambio dunha condena leve.[83]
Durante os anos seguintes, Paul Levi, por un tempo xefe do KPD antes de quedar apartado pola Internacional comunista, pelexa para impedir que o asasinato de Rosa Luxemburg sexa amnistiado e para denunciar a trucaxe da investigación. Runge pide ao chanceler Hitler unha compensación pola condena e o réxime nazi concédelle a suma de 6 000 marcos. Durante unha entrevista concedida en 1959, o tenente Pabst declara que a morte de Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg estaba planificada.[84]
A obra teórica de Rosa Luxemburg Introduction à l'économie politique publícase despois da súa morte grazas a Paul Levi. A súa tumba sitúase no cemiterio central de Friedrichsfelde de Berlín, onde se lle rende homenaxe cada segundo domingo de xaneiro. En maio de 2009, Michael Tsokos, director do Instituto médico-legal do hospital Charité de Berlín, anunciaba o descubrimento no soto do instituto dun corpo de muller de características físicas moi similares ás de Rosa Luxemburg. Segundo el, habería serias dúbidas en canto á identidade do corpo soterrado no cemiterio de Berlín, cada ano lugar de recollemento para milleiros de persoas.[85]
Teorías e legado político
[editar | editar a fonte]Rosa Luxemburg utiliza conceptos desenvolvidos por Karl Marx para crear a súa propia análise. Estuda os aspectos novos do capitalismo da época: colonialismo, imperialismo, acumulación de capitais...[86] Reflexiona sobre os medios para crear unha alternativa a ese modo de desenvolvemento económico e político, e teoriza en particular co internacionalismo. Neste marco, desenvolve unha crítica do nacionalismo e das loitas de «liberación nacional»:
[...] o famoso «dereito á libre disposición das nacións» non é máis ca unha frase oca [...]Die russische Revolution, Rosa Luxemburg, 1918
Na práctica, oponse, xunto ao SDKPiL, á independencia de Polonia e á loita nacional en xeral.
Considera que a revolución será obra das masas e non o produto dunha «vangarda ilustrada» que só se pode transformar en ditadura, «a dun puñado de políticos, non do proletariado».
Considerar que unha organización forte debe sempre preceder á loita é un concepto totalmente mecanicista e non-dialécticoGesammelte Werke, IV, Rosa Luxemburg, Berlín, p. 397
Rosa Luxemburg considera que o socialismo está ligado á democracia: "Calquera que desexe o reforzo da democracia deberá desexar tamén o reforzo e non o debilitamento do movemento socialista; renunciar á loita polo socialismo, é renunciar ao mesmo tempo ao movemento obreiro e á democracia mesma".[87]
“Últimas palabras: crenza na revolución
—Últimas palabras coñecidas de Rosa Luxemburg, escritas na tarde do seu asasinato, "Order reigns in Berlin", "Collected Works" 4, p. 536, no Rosa Luxemburg Internet Archive
|
Estima que o reformismo conduce ao abandono do obxectivo socialista: « Quen se pronuncie en favor da vía das reformas legais, en vez e en contra da conquista do poder político e da revolución social, en realidade non escolle unha vía máis tranquila, máis segura e máis lenta, levando ao mesmo fin, senón unha meta distinta, ou sexa, en vez da instauración dunha sociedade nova, modificacións puramente superficiais da antiga sociedade [...] non buscan a supresión do salario, senón a dosificación ou atenuación da explotación».[88]
Ao presentar os seus conceptos socialistas nun folleto do SDKPiL en 1906, escribe: «A supresión do capitalismo e da propiedade privada non poderá efectuarse nun só país. [...] O réxime socialista porá fin á desigualdade entre os homes, á explotación do home polo home, á opresión dun pobo por outro; liberará a muller da submisión ao home; non permitirá máis as persecucións relixiosas, os delitos de opinión».[89]
Un dos puntos esenciais da concepción do socialismo de Rosa Luxemburg mantén a liberdade de opinar de maneira distinta: para ela, o compromiso revolucionario está antes de toda consideración moral, mantendo a obriga de loitar por un sistema social máis humano: considera que a Realpolitik, exposta por Kautsky, Lenin, ou o mesmo Marx, como inmoral e sen valor, a dimensión ética e idealizada dos obreiros son ós seus ollos máis importantes que as leis da historia. En Grève de masse, Parti et syndicat (en galego, Folga de masa, Partido e sindicato), fai unha crítica da autoridade central do partido, a cal opón ás folgas de masas espontáneas, que expresan ós seus ollos a capacidade dos obreiros de tomar o seu destino nas súas mans. Desaproba igualmente a idea de insurrección armada, que volve a activar artificialmente a revolución.[90] Finalmente, oponse de maneira fundamental ó nacionalismo, factor de división. Para Rosa Luxemburg, "a revolución é antes de todo un cambio radical e profundo nas relacións entre clases sociais": nesta óptica, o marxismo, lonxe da xerga á cal a reducen certos demagogos, é ante todo unha filosofía humanista destinada a devolver ó pobo a súa integridade. Mentres que cre, a comezos século XX, que o nacionalismo está en decadencia, considera que o grupo social dos proletarios non ten que corresponder a unha nación, nin estar definido en termos de cidadanía, de raza ou de herdanza, pero si identificarse co proletariado internacional, unido por un modo de vida común. Nega así o vínculo entre o dereito á autodeterminación nacional e a liberdade de expresión, considerando que a prioridade do movemento socialista ten que ser a de obter a autodeterminación, pero non para as nacións, senón para a clase obreira. Oposta ó nacionalismo, a revolución socialista internacional está destinada igualmente, na óptica de Rosa Luxemburg, a poñer fin ó aproveitamento, á desigualdade dos sexos e á opresión racial. Un réxime socialista no cal os individuos estean unidos pola harmonía e a solidariedade desembocará así na creación dunha nación por consentimento común.[91]
Helene Deutsch, discípula de Sigmund Freud, quen se encontra con ela en 1910 no Congreso de Copenhague, quedou moi impresionada pola personalidade de Rosa Luxemburg e o carisma que desprendía. Acabou sendo para ela un modelo de referencia.[92]
As ideas de Rosa Luxemburg inspiraron a tendencia política coñecida co nome de luxemburguismo, corrente de ideas da esquerda comunista oposta ao autoritarismo leninista, e máis concretamente da ala consellista. Condenada por Stalin nos anos 1930 pola súa crítica da revolución bolxevique, excluída por iso das concepcións do marxismo en vigor no movemento comunista, máis tarde será reavaliada como figura maior da historia do socialismo, da teoría marxista e do movemento comunista.[90] A súa memoria foi recuperada polos réximes do bloque do leste –a súa tumba e a de Karl Liebknecht acaban sendo así na República Democrática Alemá o lugar dunha cerimonia de homenaxe anual– sen que o seu pensamento político, aínda así, chegue a ser obxecto de estudos profundos. O réxime lestealemán rende homenaxe a Rosa Luxemburg como «mártir» da revolución, chegando a unha forma de «culto», mais, paradoxalmente, sen tomar en consideración a súa achega política. Durante a guerra fría, Rosa Luxemburg encóntrase pois honrada polos mesmos dirixentes comunistas que anteriormente prohibiran os seus escritos. Unha praza do barrio de Berlín-Mitte, daquela situado na zona soviética (máis tarde en Berlín-Leste), foi bautizada en 1947 na súa honra Luxemburgplatz, antes de coller o nome, en 1969, de Rosa-Luxemburg-Platz, nome que conserva despois da caída do muro e a reunificación alemá. A herdanza política de Rosa Luxemburg continúa paralelamente a ser reivindicada por comunistas antiestalinistas, e a súa lembranza e a de Karl Liebnecht convertéronse nunha importante tradición da extrema esquerda alemá.[93][93][94]
No século XXI diferentes correntes de pensamento de esquerda, ou feministas, refírense, en diversa medida, a Rosa Luxemburg.[95][96][97]
Die Akkumulation des Kapitals: Ein Beitrag zur ökonomischen Erklärung des Imperialismus
[editar | editar a fonte]Die Akkumulation des Kapitals: Ein Beitrag zur ökonomischen Erklärung des Imperialismus (en galego, A acumulación do Capital: Unha contribución a unha explicación económica do Imperialismo), foi o único traballo que Luxemburg publicou sobre economía. Na polémica, argumentou que o capitalismo precisa expandirse constantemente en áreas non capitalistas para acceder a novas fontes de abastecemento, mercados para plusvalías, e depósitos de traballo.[98] De acordo con Luxemburgo, Marx tivo un erro en Capital en que o proletariado non podería chegar a mercar os produtos que fabricaba, e por iso segundo o seu criterio era imposible para os capitalistas obter un beneficio nun sistema capitalista pechado, xa que a demanda de produtos sería demasiado baixa, e polo tanto gran parte da produción non podería ser transformada en diñeiro. Polo tanto, segundo Luxemburg, os capitalistas buscaban obter beneficios descargando os produtos sobrantes en economías non capitalistas, de aí o fenómeno do Imperialismo como estados capitalistas intentando dominar a economías máis débiles. Porén, isto foi levando á destrución das economías non capitalistas ó tempo que eran absorbidas de forma crecente no sistema capitalista. Pero coa destrución das economías non capitalistas, non habería máis mercados nos que vender os produtos sobrantes, e o capitalismo colapsaría.[99]
Die Akkumulation des Kapitals foi duramente criticado tanto por economistas marxistas como non marxistas, na parte en que a súa lóxica era circular en proclamar a imposibilidade de conseguir beneficios nun sistema capitalista pechado, e en que a súa teoría "baixoconsumista" era demasiado simple.[99] A súa conclusión de que os límites do sistema capitalista dirixíano ó imperialismo e á guerra, levouna a facer campaña durante toda a súa vida contra o militarismo e o colonialismo.[98]
Dialéctica de espontaneidade e organización
[editar | editar a fonte]A Dialéctica de espontaneidade e organización foi o distintivo central da filosofía política de Luxemburg, onde "espontaneidade" é a grassroots dun achegamento a organizar un partido orientado á loita de clases. Espontaneidade e organización, argumentaba, non son separables ou actividades separadas, son momentos diferentes dun proceso político, un non pode existir sen o outro. Estas crenzas xorden da súa visión de que a loita de clases evoluciona dun estado elemental, espontáneo, a un nivel superior:
As clases traballadoras de cada país só aprenden a loitar no curso das súas loitas... a socialdemocracia... só é a vangarda do proletariado, unha pequena peza do total das masas traballadoras, sangue do seu sangue, e carne da súa carne. A socialdemocracia busca e atopa as formas, e consignas particulares, da loita dos traballadores só no curso do desenvolvemento desta loita, e gaña direccións para o camiño atravesando soa esta loita.[100]
Luxemburg non mantivo a espontaneidade como unha abstracción, se non que desenvolveu a Dialéctica de espontaneidade e organización baixo a influencia das folgas de masas en Europa, especialmente na Revolución rusa de 1905.[101] A diferenza da socialdemocracia ortodoxa da Segunda Internacional, non considerou a organización como un produto dunha percepción teórico-científica a imperativos históricos, se non como un produto da loita das clases traballadoras:
A socialdemocracia é simplemente a encarnación da loita de clases moderna do proletariado, unha loita que é dirixida por unha consciencia das súas propias consecuencias históricas. As masas son en realidade os seus propios líderes, creando dialecticamente o seu propio proceso de desenvolvemento. Canto máis se desenvolve a socialdemocracia, medra e se fai máis forte, máis masas de traballadores iluminados dirixirán os seus propios destinos, o liderago do seu movemento, e a determinación da súa dirección, coas súas propias mans. E como todo o movemento socialdemocrático só é a vangarda consciente do movemento da clase proletaria, que nas palabras do Manifesto Comunista representa en cada momento da loita, os intereses permanentes de liberación e os intereses parciais do grupo da man de obra vis à vis os intereses do movemento como un todo, polo que dentro da socialdemocracia os seus líderes son os máis poderosos, os máis influentes, e os máis clarividentes e conscientes o que fai deles simplemente os portavoces da vontade e loita das masas iluminadas, simplemente os axentes das leis obxectivo do movemento de clases.[102]
e
A clase do proletariado moderno non realiza esta loita de acordo a un plan fixado nun libro ou teoría, a loita dos traballadores modernos é parte da historia, unha parte do progreso social, e no medio da historia, no medio do progreso, no medio da loita, aprenderemos como debemos loitar...Iso é exactamente o que é loable sobre el, iso é exactamente polo que esta peza colosal de cultura, dentro do movemento moderno de traballadores, é definitorio dunha época: que as grandes masas de traballadores primeiro forxan a súa propia consciencia, dende as súas propias crenzas, e tamén do seu propio entendemento das armas da súa propia liberación.[103]
Epitafio pola súa morte
[editar | editar a fonte]A pesar das críticas, Lenin loou a Luxemburg despois da súa morte como unha "aguia" da clase traballadora:
Pero a pesar dos seus erros, ela foi -e permanece para nós- unha aguia. E non só os comunistas por todo o mundo apreciarán a súa memoria, pola súa biografía e os seus traballos completos (publicación dos cales os comunistas alemáns están atrasando excesivamente, que só pode ser escusado parcialmente polas tremendas perdas que están sufrindo na súa grave loita) servirán como útiles manuais para adestrar a moitas xeracións de comunistas por todo o mundo. 'Dende o 4 de agosto de 1914, a socialdemocracia alemá foi un cadáver cheirento' - esta declaración fará o nome de Rosa Luxemburg famoso na historia do movemento da clase traballadora internacional.[104]
Trotsky tamén lamentou publicamente a morte de Luxemburg escribindo:
Sufrimos dúas grandes perdas ó mesmo tempo que se xuntan nunha enorme dor. Abateron nas nosas filas dous líderes cuxos nomes estarán para sempre dentro do gran libro da revolución proletaria: Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg. Eles foron destruídos. Foron asasinados. Xa non estarán máis con nós![105]
Nos seguintes anos, Trotsky defendeu a Luxemburg frecuentemente, afirmando que Iosif Stalin a desprezara.[3] No artigo Hands Off Rosa Luxemburg! Trotsky criticou a Stalin por isto, a pesar de que coñecía os erros teóricos de Luxemburg. "Si, Stalin ten unha razón suficiente para odiar a Rosa Luxemburg. Pero toda esa arrogancia convértese no noso deber de defender a memoria de Rosa das calumnias de Stalin que foron collidas polos funcionarios contratados nos dous hemisferios, e legar esta imaxe realmente bela, heroica e tráxica ás xeracións vindeiras do proletariado en toda a súa forza grandiosa e inspiradora."[106]
Legado literario da súa correspondencia
[editar | editar a fonte]Rosa Luxemburg deixou escrita unha importante correspondencia de recoñecida calidade literaria. O escritor austríaco Karl Kraus destacou unha carta enviada a Sonia Liebknecht dende a prisión feminina de Breslau, cualificándoa como un documento único no seu xénero en canto ao tipo de poesía e humanidade que amosa,[107] debendo figurar, segundo el, nos libros de texto de todas as repúblicas, entre autores como Goethe ou Claudius.[108]
En 2006, a comediante Anouk Grinberg leu as cartas de Rosa Luxemburg ás súas amigas (Luzca Kautsky, Sonia Liebknecht, sobre todo) durante as súas detencións, nun espectáculo titulado Rosa, la vie (en galego, Rosa, a vida) no Théâtre de l'Atelier en París. En 2009, estas cartas (con tradución de Anouk Grinberg e de Laure Bernardi) foron publicadas baixo o mesmo título en Éditions de l'Atelier.[109]
Controversia na identificación do cadáver
[editar | editar a fonte]O 29 de maio de 2009, Spiegel online, a rama de Internet da revista informativa Der Spiegel, informou de que se estaba a considerar a posibilidade de que os restos doutra persoa foran identificados erroneamente como os de Rosa Luxemburg e enterrados como seus.[110]
O patólogo forense Michael Tsokos, xefe do Instituto de Medicina Legal e Ciencias Forenses na Charité de Berlín, descubriu un corpo preservado sen cabeza, pés, nin mans, no soto do museo de historia médica do Charité. Atopou que a autopsia do corpo era sospeitosa e decidiu realizar un TAC dos restos. O corpo amosaba signos de que estivo baixo a auga nalgún punto, e as tomografías amosaban que era o corpo dunha muller de 40-50 anos de idade que sufría de artrose e tiña pernas de diferente lonxitude. No momento do seu asasinato, Rosa tiña 47 anos e sufría dunha lesión da cadeira que provocaba que as súas pernas tiveran diferente lonxitude. Un laboratorio en Kiel tamén analizou o corpo usando técnicas de datación por radiocarbono e confirmou que pertencía ó mesmo período do asasinato de Luxemburg.[110]
A autopsia orixinal, realizada o 13 de xuño de 1919 no corpo que foi enterrado en Friedrichsfelde, amosaba certas inconsistencias que apoiaban as hipóteses de Tsokos. A autopsia indicaba explicitamente que non había danos na cadeira, e indicaba que non había evidencia de que as pernas fosen de lonxitudes diferentes. A maiores, a autopsia non indicaba marcas na parte superior do cranio dos dous golpes de culata que lle deron. Finalmente, mentres que os examinadores de 1919 anotaron un burato na cabeza do corpo entre o ollo esquerdo e a orella, non atoparon unha ferida de saída ou a presenza da bala dentro do cranio [110]
O patólogo asistente Paul Fraenckel pareceu dubidar naquel momento de que o corpo que estaban a examinar fose o de Rosa Luxemburg, e nun anexo asinado, distanciouse das conclusións do seu colega. Este anexo e as inconsistencias entre o informe de autopsia e os feitos coñecidos persuadiron a Tsokos de examinar os restos en máis detalle. De acordo ás testemuñas oculares, cando o corpo de Luxemburg foi lanzado á canle, atáronse pesos ós seus pulsos e nocellos. Estes pesos podería ser que cortaran as súas extremidades nos meses que pasou o seu corpo na auga, o que explicaría a falta das mans e os pés.[110]
Tsokos decatouse que un test de ADN sería a mellor forma de confirmar ou negar a identidade do corpo como de Luxemburg. O seu equipo esperaba inicialmente atopar trazas do ADN en vellos selos de correo que Luxemburg lambera, pero ocorreu que Luxemburg nunca fixera iso, preferindo humedecer os selos cun trapo húmido. Entón os investigadores decidiron buscar un parente vivo, e en xullo de 2009 o periódico alemán Bild am Sonntag anunciou que se atopara unha sobriña neta de Rosa Luxemburg -unha muller de 79 anos de idade chamada Irene Borde- que doou algúns cabelos para a comparación de ADN.[111]
En decembro de 2009, as autoridades de Berlín levantaron o cadáver para realizar unha autopsia antes de enterralo na súa tumba.[112] O Fiscal Público de Berlín anunciou a finais de decembro de 2009 que aínda que había indicios de que o corpo era de Rosa Luxemburg, non había evidencias abondo para proporcionar probas concluíntes. En particular, o ADN extraído do pelo da neta de Luxemburg non coincidía co pelo pertencente ó cadáver. Tsokos xa dixera tempo antes que as posibilidades de que coincidiran eran dun 40%. Os restos enterráronse nun lugar sen revelar, mentres que as probas continuaron con mostras de tecidos.[113]
Obras principais
[editar | editar a fonte]- Die industrielle Entwickelung Polens (O desenvolvemento industrial de Polonia) (1898)[114]
- Sozialreform oder Revolution? (Reforma social ou revolución?) (1900)[114]
- Zur Verteidigung der Nationalität (En defensa da nacionalidade) (1900)[114]
- Die sozialistische Krise in Frankreich (A crise socialista en Francia) (1901)[114]
- Organizational Questions of the Russian Social Democracy. [Leninism or Marxism?] (Preguntas organizativas da Socialdemocracia Rusa. [Leninismo ou Marxismo?]) (1904)[114]
- Massenstreik, Partei und Gewerkschaften (Folga xeral, partidos e sindicatos) (1906)[114]
- The National Question (A cuestión nacional) (1909)[114]
- Theory & Practice (Teoría e Práctica) (1910)[114]
- Die Akkumulation des Kapitals (A acumulación do capital) (1913)[114]
- Die Akkumulation des Kapitals oder Was die Epigonen aus der Marxschen Theorie gemacht haben. Eine Antikritik (A acumulación do Capital, ou o que fixeron os Epígonos da teoría de Marx) (1915)[114]
- The Junius Pamphlet (O folleto Junius) (1915)[114]
- Die russische Revolution (A Revolución Rusa) (1918, publicación póstuma)[114]
Obras inspiradas na vida de Rosa Luxemburg
[editar | editar a fonte]Literatura, teatro, música e pintura
[editar | editar a fonte]A obra de 1928 Das Berliner Requiem (O Réquiem berlinés), «pequena cantata» para tenor, barítono, coro de homes (ou tres voces de homes) e orquestra de ventos de Kurt Weill con texto de Bertolt Brecht, está inspirada na súa vida, principalmente o segundo e o terceiro movemento, Vom ertrunkenen Mädchen e Hier ruht die Jungfrau.[115][116]
En 1949, Alfred Döblin fai de Rosa Luxemburg un dos personaxes centrais do cuarto volume de November 1918. Eine deutsche Revolution: Karl & Rosa.[117]
Como «santa laica» do imaxinario comunista na URSS, figura indirectamente na novela Tchevengour de Andreï Platonov, ideal pantasmado dun dos personaxes principais.[118]
En 1970, nun longo poema, Rosa Lux, creado na escena do Théâtre des Carmes, André Benedetto fai reaparecer a Rosa Luxembourg e as súas loitas «nunha especie de homenaxe que xorde entre o centenario do seu nacemento e os cincuenta anos do seu asasinato».[119]
Tamén Pierre Bourgeade dedicou, en 1977, unha obra de teatro a Rosa Luxemburg: Étoiles rouges, unindo o seu tráxico destino ao de Marilyn Monroe.[120]
En 1992, o pintor quebequés Jean-Paul Riopelle realizou un fresco de 40 metros, composto por trinta cadros, titulado Hommage à Rosa Luxemburg. Está en exposición permanente no Musée national des beaux-arts du Québec no Quebec.[121]
Claire Diterzi, cantautora, creou en 2010, con Marcial Di Fonzo Bo, no Théâtre du Rond-Point un espectáculo musical titulado Rosa la Rouge, presentando a vida de Rosa Luxemburg baixo o punto de vista da súa vida afectiva e militante.[122]
En 2014, Anne Blanchard, escritora de obras xuvenís, publicou Rosa Luxemburg. Non aux frontières (en galego, Rosa Luxemburg. Non ás fronteiras), Actes Sud junior, unha novela publicada na colección «os que dixeron non» baixo a dirección de Murielle Szac.[123] Tamén en 2014, a escultora Nicolas Milhé, reactualizou a figura de Rosa Luxemburg cunha escultura contemporánea en mármore branco sobre bronce.[124]
Cine e televisión
[editar | editar a fonte]A vida de Rosa Luxemburg foi obxecto dunha película estreada en 1986, titulada Die Geduld der Rosa Luxemburg (en galego, A paciencia de Rosa Luxemburg), e realizada por Margarethe von Trotta. Barbara Sukowa, actriz principal, conseguiu o Premio de mellor interpretación feminina durante o festival de Cannes de 1986. Otto Sander interpretaba o papel de Karl Liebknecht.[125]
O personaxe de Rosa Luxemburg aparece en varias películas ou telefilmes, entre os que se atopan:
- 1955: Ernst Thälmann – Sohn seiner Klasse, película de Kurt Maetzig, interpretada por Judith Harms.[126]
- 1966: Die rote Rosa, telefilme de Franz Josef Wild, interpretada por Ursula Lingen.[127]
- 1980: Jean Jaurès: vie et mort d'un socialiste, telefilme de Ángel Casta, interpretada por Maud Tachar.[128]
- 2010: Der Gewaltfrieden, telefilme de Bernd Fischerauer, interpretada por Adriana Altaras.[129]
- 2012: Europas letzter Sommer, telefilme de Bernd Fischerauer, interpretada por Barbara Philip.[130]
Filatelia alemá
[editar | editar a fonte]De 1949 a 1974, a lembranza de Rosa Luxemburg foi mantida polas administracións postais das dúas Alemañas.
Ó leste, dende 1949, os correos da zona de ocupación soviética editan un selo In Memoriam do 15 de xaneiro de 1919. Está asociada á figura de Karl Liebknecht,[131] como durante as emisións posteriores realizadas na RDA que se cifran en cinco :
- En 1949, nunha serie de dous selos in memoriam 15.1.1919, aparece nun deles, o outro amosa a Karl Liebknecht.[132]
- En 1955, nunha serie de sete selos adicados á gloria dos líderes do movemento obreiro alemán, está asociada a Karl Liebknecht, August Bebel, Franz Mehring, Ernst Thälmann, Clara Zetkin, e Wilhelm Liebknecht.[131]
- En 1966, nun bloque de dous selos para o aniversario da conferencia fundadora do grupo espartaquista de 1916 (Reichskonferenz der Spartakusgruppe), ela aparece sobre un medallón preto de Liebknecht, o outro selo reproduce o Manifesto de Espártaco.[133]
- En 1967, nunha serie de tres selos emitidos para o cincuentenario da Revolución de novembro de 1917 en Rusia (50. Jahrestag der Novemberrevolution), está asociada novamente a Karl Liebknecht, os outros dous selos celebran a Lenin e á creación do periódico Die Rote Fahne (en galego, A Bandeira vermella).[134]
- En 1971, unha serie de dous selos emitidos con ocasión do centésimo aniversario do seu nacemento lembra este acontecemento así como o de Karl Liebknecht.[131]
A RFA emitiu en xaneiro de 1974, un selo co seu retrato, no marco dunha serie de catro valores en homenaxe ás mulleres célebres (Bedeutende Frauen). Os outros tres selos amosan ás feministas Louise Otto-Peters, Helene Lange e Gertrud Bäumer.[135]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Non existe unha certeza absoluta sobre a data de nacemento de Rosa Luxemburg, xa que segundo o seu certificado de nacemento naceu en 1870, pero, segundo as súas propias declaracións, ela era máis nova. Dende a publicación da biografía feita por Peter Nettl, o 5 de marzo de 1871 é aceptada, polo xeral, como a súa data de nacemento. Porén, a súa tumba non contén esta data, nela só está inscrito o seguinte: «Rosa Luxemburg, asasinada o 15 xaneiro de 1919». Nettl, J. P. (1966). Rosa Luxemburg. Oxford University Press.
- ↑ O nome completo do partido era daquelas Partido comunista de Alemaña (Liga espartaquista), en alemán Kommunistische Partei Deutschlands (Spartakusbund)
- ↑ Eses militares son todos oficiais novos da Mariña Imperial dirixidos polo capitán Waldemar Pabst. O grupo está composto por: Hermann W. Souchon, estandarte de navío, sobriño do almirante Souchon gobernador de Kiel; Horst von Pflugk-Harrtung, tenente de navío; Heinz von Pflugk-Harrtung, capitán; Kurt Vogel, tenente retirado; Bruno Schulze, Heinrich Stiege e Ulrich von Ritgen, estandartes de navío; e Wilhelm Canaris, tenente de navío. Wolfram, Wette (2002). S. Fischer GmbH, ed. Die Wehrmacht Feinbilder Vernichtungskrieg Legenden. Frankfurt. pp. 53–68. ISBN 3-596-15645-9.
- Referencias
- ↑ Ettinger 1990, p. 21
- ↑ Gallo 1992, p. 19
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Merrick, Beverly G. (1998). "Rosa Luxemburg: A Socialist With a Human Face". Center for Digital Discourse and Culture at Virginia Tech University. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 18 de maio de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 Ettinger 1990, p. 25-27
- ↑ Paul Frolich, Rosa Luxemburg, L’Harmattan, 1991, p. 24.
- ↑ The image of the Warsaw Pogrom of 1881 in late nineteenth‐century Polish literature(en inglés)
- ↑ Ettinger 1990, p. 27-32
- ↑ Ettinger 1990, p. 41-42
- ↑ Ettinger 1990, p. 45
- ↑ Ettinger 1990, p. 33-36
- ↑ Ettinger 1990, p. 44-48
- ↑ Ettinger 1990, p. 61-63, 65-66
- ↑ Ettinger 1990, p. 63-68
- ↑ Jean-Yves Potel (1998). Les 100 portes de l'Europe centrale et orientale (en francés). Editions de l'Atelier. ISBN 9782708233218.
- ↑ Ettinger 1990, p. 68-71
- ↑ Ettinger 1990, p. 77-93
- ↑ Entrada Rosa Luxemburg na Enciclopedia Larousse(en francés)
- ↑ Ettinger 1990, p. 95-96
- ↑ Ettinger 1990, p. 100-109
- ↑ van der Berg, Axel (2003). The Immanent Utopia (en inglés). New Brunswick: Transaction Publishers. ISBN 978-0765805171.
- ↑ Winock, Michel (1992). Le Socialisme en France et en Europe (en francés). Seuil. p. 112-114. ISBN 978-2020146586.
- ↑ Eric D. Weitz, "'Rosa Luxemburg Belongs to Us!'" German Communism and the Luxemburg Legacy, Central European History, Vol. 27, No. 1 (1994), pp. 27-64
- ↑ Ettinger 1990, p. 109-110
- ↑ Droz 1974, p. 46
- ↑ 25,0 25,1 Rosa Luxemburg na web Spartacus Educational (en inglés)
- ↑ Kautsky archives reunited(en inglés)
- ↑ Ettinger 1990, p. 143-151
- ↑ Ettinger 1990, p. 153-171
- ↑ Droz 1974, p. 54
- ↑ Droz 1974, p. 54-55
- ↑ Ettinger 1990, p. 229
- ↑ Harry Harmer (2008). Rosa Luxemburg (en inglés). Haus Publishing.
- ↑ Ettinger 1990, p. 200-202
- ↑ Hélène Carrère d'Encausse, Lénine, Fayard, 1998, páxinas 200-206
- ↑ Ettinger 1990, p. 208-214
- ↑ Gallo 1992, p. 188
- ↑ Ettinger 1990, p. 211-214
- ↑ Ettinger 1990, p. 203-204
- ↑ Droz 1974, p. 576-577
- ↑ Ettinger 1990, p. 220-224
- ↑ Paul Frolich, Rosa Luxemburg, 1965, p. 224.
- ↑ Ettinger 1990, p. 225-232
- ↑ Ettinger 1990, p. 233-237
- ↑ Die Krise der Sozialdemokratie(en alemán)
- ↑ Spartacus League na Enciclopedia Británica. (en inglés)
- ↑ Paul Frölich (2010). Rosa Luxemburg. Haymarket Books. p. 231.
- ↑ Ettinger 1990, p. 240-256
- ↑ Droz 1974, p. 622-632
- ↑ La Révolution russe, Rosa Luxemburg, 1918.
- ↑ «Gustaríanos velos traballar, eses vascos choricas, os Axelrod, os Dan, os Grigoriants e compañía quen, coa escuma nos beizos, vituperan contra os bolxeviques e propagan as súas miserias no estranxeiro, encontrando niso –e tanto!– ánimas compasivas, as de heroes como Ströbel, Bernstein e Kautsky, gustaríanos ver eses alemáns no lugar dos bolxeviques! Toda a súa sutil sabedoría limitaríase a unha alianza cos Milioukov dentro, coa Entente por fóra, sen esquecer que dentro renunciarían conscientemente a realizar a máis mínima reforma socialista ou incluso a comezala, en virtude desta famosa prudencia de castrado segundo a cal Rusia é un país agrario onde o capitalismo aínda non está a punto.», La tragédie russe, Rosa Luxemburg, setembro 1918.
- ↑ Segundo capítulo de La Révolution russe, Rosa Luxemburg, 1918
- ↑ Segundo Rosa Luxemburg, «Todo canto pode achegar un partido, nun momento histórico, en canto a valor, enerxía, comprensión revolucionaria e de consecuencia, os Lenin, Trotsky e os seus camaradas xa o fixeron dabondo. Neles encontramos a honra e a capacidade de acción revolucionaria, que tanto lle faltaron á socialdemocracia. Neste sentido, a súa insurrección de Outubro non só salvou a revolución rusa, senón tamén a honra do socialismo internacional.» La Révolution russe, Rosa Luxemburg, 1918.
- ↑ La Révolution russe. Nécessité de la critique, Rosa Luxemburg, 1918.
- ↑ «A toma de posesión das terras polos campesiños, conforme á orde breve e lapidaria de Lenin e os seus amigos: «Ide e collede a terra!», conducía ao paso súbito e caótico da grande propiedade das terras non á propiedade social, senón a unha nova propiedade privada, e iso pola dispersión da grande propiedade nunha morea de pequenas e medianas propiedades […] por esa medida e a forma caótica, puramente arbitraria, en que foi aplicada, as diferenzas sociais no campo non foron suprimidas, senón todo o contrario, agravadas […]. A reforma agraria de Lenin creou para o socialismo nos campos unha nova e potente capa de inimigos, cunha resistencia moito máis perigosa e máis pertinaz do que era a aristocracia terratenente.» La Révolution russe, Rosa Luxemburg, 1918.
- ↑ 55,0 55,1 55,2 «As dificultades obxectivas da situación, os bolxeviques agravárona eles mesmos por esta palabra de orde, que puxeron ó primeiro plan da súa política, o dereito dos pobos a dispoñer deles mesmos, ou o que se escondía en realidade detrás desta palabra de orde: o despece de Rusia». La Révolution russe, Rosa Luxemburg, 1918.
- ↑ La Révolution russe. Deux mots d'ordre petit-bourgeois, Rosa Luxemburg, 1918.
- ↑ «o carácter utópico, pequeno-burgués, desta palabra de orde nacionalista consiste precisamente nisto, que na dura realidade da sociedade de clases, sobre todo nun período de antagonismos extremos, se transforma nun medio de dominación da clase burguesa.» La Révolution russe, Rosa Luxemburg, 1918.
- ↑ Heinrich August Winkler, Histoire de l'Allemagne, XIXe-XXe siècle : Le long chemin vers l'Occident, Fayard, 2005, páxinas 303-304
- ↑ 59,0 59,1 59,2 59,3 59,4 59,5 59,6 La Révolution russe. Rosa Luxemburg, Capítulo 4, 1918
- ↑ «A condición que supón tacitamente a teoría da ditadura segundo Lenin e Trostsky, é que a transformación socialista é unha cousa pola cal o partido da revolución ten unha receita preparada, que xa só se trata de aplicar con enerxía.» La Révolution russe, Rosa Luxemburg, 1918.
- ↑ «E seguramente é así como procederían os bolxeviques se non sufriran a espantosa presión da guerra mundial, da ocupación alemá, de todas as consecuentes enormes dificultades, que deben necesariamente desfigurar toda política socialista animada coas mellores intencións e inspirándose nos principios máis fermosos.» La Révolution russe, Rosa Luxemburg, 1918.
- ↑ Ettinger 1990, p. 266-269
- ↑ Frölich 1965, p. 310-311
- ↑ Ettinger 1990, p. 272-280
- ↑ Ettinger 1990, p. 283
- ↑ 66,0 66,1 Droz 1977, p. 202
- ↑ Serge Berstein, Pierre Milza, L'Allemagne de 1870 à nos jours, Armand Colin, 2010, páxinas 68-70
- ↑ Ettinger 1990, p. 284-286
- ↑ 69,0 69,1 Droz 1977, p. 203-204
- ↑ Gallo 1992, p. 346
- ↑ Robert Gellately, Lenin, Stalin and Hitler. The Age of social catastrophe, Vintage Books, 2007, páxina 86
- ↑ Ernst Nolte, Der europäische Bürgerkrieg 1917–1945. Nationalsozialismus und Bolschewismus, (1989)
- ↑ von Hellfeld, Matthias. "Long live the republic – November 9, 1918". dw.com. Consultado o 17-01-2018.
- ↑ Ettinger 1990, p. 286-292
- ↑ 75,0 75,1 Wolfram, Wette (2002). S. Fischer GmbH, ed. Die Wehrmacht Feinbilder Vernichtungskrieg Legenden. Frankfurt. pp. 53–68. ISBN 3-596-15645-9.
- ↑ 76,0 76,1 Ettinger 1990, p. 286-292
- ↑ Michael S. Neiberg (dir), The World War I Reader, New York University Press, 2006, páxina 365
- ↑ Arne Leyenberg: Die Leiche im Keller ist nicht Rosa Luxemburg. 6 de xaneiro de 2010.
- ↑ Droz 1977, p. 204-205
- ↑ J. P. Nettl, La Vie et l'œuvre de Rosa Luxemburg, Maspero, 1972, p. 755-761
- ↑ Ettinger 1990, p. 294-295
- ↑ Ettinger 1990, p. 293-296
- ↑ Gallo 1992, p. 368-369
- ↑ Ettinger 1990, p. 296-297
- ↑ Le Soir, 29 maio 2009, «Le cadavre de Rosa Luxemburg aurait été retrouvé dans un hôpital» (Teríase atopado o cadáver de Rosa Luxemburg nun hospital) [1] Arquivado 11 de xuño de 2009 en Wayback Machine..
- ↑ "Rosa Luxemburg, une théorie en action", en Politique, revue de débats, Bruxelles, n°89, mars 2015.
- ↑ Réforme sociale ou révolution?, Rosa Luxemburg, 1898 (Tradución do alemán ó francés por Bracke-Desrousseaux)
- ↑ Réforme sociale ou révolution?, Rosa Luxemburg, 1898 (Tradución do alemán ó francés por Bracke-Desrousseaux)
- ↑ Ce que nous voulons, Rosa Luxemburg,1906 (Tradución do polaco ao francés de Lucienne Rey)
- ↑ 90,0 90,1 Leszek Kołakowski ([1981], 2008), Main Currents of Marxism, Vol. 2: The Golden Age, W. W. Norton & Company, Ch III: "Rosa Luxemburg and the Revolutionary Left"
- ↑ Ettinger 1990, p. 201-205
- ↑ Gilles Tréhel. Helene Deutsch, Rosa Luxemburg, Angelica Balabanoff. L'Information psychiatrique, 86, nº 4, p. 339-346
- ↑ 93,0 93,1 Gedenken an Rosa Luxemburg und Karl Liebknecht – ein Traditionselement des deutschen Linksextremismus (PDF). Colonia: Oficina Federal para a Protección da Constitución. 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2017.
- ↑ La izquierda alemana homenajea la memoria de Rosa Luxemburgo, eldiario.es (en castelán)
- ↑ Ettinger 1990, p. 11-12
- ↑ Luxemburg Still Popular 90 Years after Assassination, Der Spiegel, edición en inglés, 15 xaneiro 2009
- ↑ Gilbert Badia, entrada Luxemburgismo, en Dictionnaire critique du marxisme (obra dirixida por Georges Labica e Gérard Bensussan), Presses universitaires de France, 1985, páxinas 681-683
- ↑ 98,0 98,1 Scott, Helen (2008). "Introduction to Rosa Luxemburg". The Essential Rosa Luxemburg: Reform or Revolution and The Mass Strike. Por Luxemburg, Rosa. Chicago, IL: Haymarket Books. p. 18.
- ↑ 99,0 99,1 Kolakowski, Leszek (2008). Main Currents of Marxism. W. W. Norton & Company. pp. 407–415.
- ↑ In a Revolutionary Hour: What Next?, Collected Works 1.2, p.554
- ↑ "Rosa Luxemburg (Polish-German Revolutionary)". Encyclopædia Britannica. Consultado o 30 de novembro de 2014.
- ↑ The Political Leader of the German Working Classes, Collected Works 2, p.280
- ↑ The Politics of Mass Strikes and Unions, Collected Works 2, p.465
- ↑ Larsen, Patrick (15 de xaneiro de 2009). "Ninety Years after the Murder of Rosa Luxemburg: Lessons of the Life of a Revolutionary". International Marxist Tendency. Consultado o 18 de maio de 2015.
- ↑ Trotsky, Leon (1919). "Karl Liebknecht and Rosa Luxemburg". International Marxist Tendency. Consultado o 18 de maio de 2015.
- ↑ Trotsky, Leon (xuño de 1932). "Hands Off Rosa Luxemburg!". International Marxist Tendency. Consultado o 18 de maio de 2015.
- ↑ Karl Kraus, Die Fackel, número 546-55, xullo de 1920, p.5
- ↑ Jacques Bouveresse, Satire et Prophétie (2007), p.106
- ↑ Rosa Luxemburg; Anouk Grinberg; Laure Bernardi; Edwy Plenel (2009). Rosa, la vie : lettres de Rosa Luxemburg. Editions de l'Atelier.
- ↑ 110,0 110,1 110,2 110,3 Thadeusz, Frank (29 de maio de 2009). "Revolutionary Find: Berlin Hospital May Have Found Rosa Luxemburg's Corpse". Der Spiegel. Consultado o 30 de novembro de 2014.
- ↑ "DNA of Great-Niece May Help Identify Headless Corpse". SpiegelOnline. 21 de xullo de 2009.
- ↑ "Berlin Authorities Seize Corpse for Pre-Burial Autopsy". SpiegelOnline. 17 de decembro de 2009.
- ↑ "Rosa Luxemburg "floater" released for burial after 90 years". Lost in Berlin. Salon.com. 30 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de xaneiro de 2018.
- ↑ 114,00 114,01 114,02 114,03 114,04 114,05 114,06 114,07 114,08 114,09 114,10 114,11 "Rosa Luxemburg Internet Archive" (en inglés). Consultado o 18-01-2018.
- ↑ Das Berliner Requiem (1928)(en inglés)
- ↑ "Kurt Weill: The Berlin Requiem" (en inglés). Universal Edition. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2018.
- ↑ Alfred Döblin, Novembre 1918. Une révolution allemande: Karl & Rosa, traducido ao francés do alemán por Mayvonne Litaize e Yasmin Hoffmann, Agone, 2008, ISBN 978-2-7489-0079-8
- ↑ Don Quichotte au XXe siècle: réceptions d'une figure mythique dans la littérature et les arts, Danielle Perrot, 2003, Presses Univ Blaise Pascal
- ↑ André Benedetto, Rosa Lux, Honfleur, éditions P. J. Oswald, 1970, serie Théâtre en France.
- ↑ Ficha da obra Étoiles rouges
- ↑ Ficha do pintor
- ↑ Ficha do disco
- ↑ Ficha do libro
- ↑ Selected works of Nicolas Milhé
- ↑ Die Geduld der Rosa Luxemburg na IMDb (en inglés).
- ↑ Judith Harms na IMDb (en inglés).
- ↑ Die rote Rosa na IMDb (en inglés).
- ↑ Jean Jaurès: vie et mort d'un socialiste na IMDb (en inglés).
- ↑ Der Gewaltfrieden na IMDb (en inglés).
- ↑ Europas letzter Sommer na IMDb (en inglés).
- ↑ 131,0 131,1 131,2 "Procura de selos de Rosa Luxemburg en freestampcatalogue.com". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2018.
- ↑ Soviet Zone. General Issues - 1949 Arquivado 27 de outubro de 2017 en Wayback Machine.(en inglés)
- ↑ 1966 Reichskonferenz der Spartakusgruppe(en alemán)
- ↑ 1968 50. Jahrestag der Novemberrevolution in Deutschland Arquivado 18 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.(en alemán)
- ↑ DBP 1974 794 Rosa Luxemburg(en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosa Luxemburg |
A Galicitas posúe citas sobre: Rosa Luxemburg |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cliff, Tony (1959). Rosa Luxemburg. International Socialism (en inglés) (Londres). ISBN 3-596-23711-4.
- Droz, Jacques (1974). Histoire générale du socialisme, tome 2 : de 1875 à 1918 (en francés). Presses universitaires de France. ISBN 978-2130363699.
- Droz, Jacques (1977). Histoire générale du socialisme, tome 3 : de 1918 à 1945 (en francés). Presses universitaires de France. ASIN B00AR0CF8I.
- Dunayevskaya, Raya (1998). Rosa Luxemburg. frauenbefreiung und Marx' Philosophie der Revolution (en alemán). Hamburgo: Argument Verlag. ISBN 978-3886192458.
- Dunayevskaya Raya (1985). Rosa Luxemburgo, la liberación femenina y la filosofía marxista de la revolución. Fondo de Cultura Económica.Volumen 290 de Colección popular ISBN 978-9681619084 (en castelán)
- Ettinger, Elzbieta (1990). Rosa Luxemburg (en inglés). París: Beacon Press. ISBN 978-0807070079.
- Frölich, Paul (1965). Rosa Luxemburg, sa vie et son œuvre (en francés). François Maspero.
- Frölich, Paul (1976). Rosa Luxemburgo: vida y obra. Madrid: Edit. Fundamentos. ISBN 84-245-0175-6 (en castelán)
- Gallo, Max (1992). Une femme rebelle (en francés). Grand Livre Du Mois/Presses De La Renaissance. ISBN 978-2286040697.
- Hetmann, Frederik (1980). Rosa Luxemburg. Ein Leben für die freiheit (en alemán). Frankfurt. ISBN 3-596-23711-4.
- Guérin, Daniel (2004). Rosa Luxemburgo y la espontaneidad revolucionaria. Buenos Aires: Edciones Anarres, Colección Utopia Libertaria. ISBN 978-987-20875-1-7 (en castelán)
- Nettl, J. P. (1966). Rosa Luxemburg (en inglés) (1ª ed.). Oxford: Oxford University Press. ASIN B00L2ORI5S.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obras de Rosa Luxemburg (en castelán)
- Obras de Rosa Luxemburg (en inglés)
- Morte de Rosa Luxemburg (en inglés)
- Biografía de Rosa Luxemburg por Tony Cliff (en castelán)
- Fundación Rosa Luxemburg (en alemán) (en inglés)
- Jörn Schütrumpf. "Rosa Luxemburg or: The Price of Freedom" (PDF) (en inglés). Consultado o 26-12-2017.