Roy J. Glauber
Roy Jay Glauber, nado en Nova York o 1 de setembro de 1925 e morto o 26 de decembro de 2018[1] en Newton, Massachusetts, Estados Unidos de América,[2] foi profesor de física da Universidade Harvard. Foi galardoado xunto con John L. Hall e Theodor W. Hänsch co Premio Nobel de Física do ano 2005 pola súa contribución á teoría cuántica de coherencia óptica.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nos seus resultados, publicados en 1963 (The Quantum Theory of Optical Coherence)[2], Roy Glauber estabeleceu as bases da óptica cuántica mostrando que a teoría cuántica rexe o campo da óptica. Estendeu despois as súas investigacións a diversos temas en dito campo.[3] Puido explicar as diferenzas fundamentais entre fontes cálidas de luz, como as lámpadas eléctricas cunha mestura de frecuencias e fases e os láseres que dan unha frecuencia e fase concretas.
Con 12 anos xa fabricara o seu propio telescopio, que aínda conserva, e mais un aparello que polarizaba a luz. Por algo relacionado con aquilo, a teoría sobre como contar fotóns, recibiu o nobel case 70 anos despois.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Nobel Prize in Physics 2005". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2019-01-10.
- ↑ 2,0 2,1 McClain, Dylan Loeb (2019-01-08). "Roy J. Glauber, 93, Dies; Nobel Laureate Explored Behavior of Light". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-01-10.
- ↑ "Faculty: ROY J. GLAUBER Harvard University Department of Physics". www.physics.harvard.edu. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2018. Consultado o 2019-01-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roy J. Glauber |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de Roy Jay Glauber no departamento de Física da Universidade de Harvard. (en castelán).
- Premio Nobel de Física de 2005 (en inglés).