SK Slavia Praha
SK Slavia Praha | |||
---|---|---|---|
Nome | Sportovní Klub Slavia Praha | ||
Alcume(s) | Sešívaní | ||
Fundación | 31 de maio de 1892 (132 anos) | ||
Estadio | Stadion Eden, Praga, República Checa | ||
Inauguración | 7 de maio de 2008 | ||
Capacidade | 21.000 | ||
Presidente | Jaroslav Tvrdík | ||
Adestrador | František Straka | ||
Liga | 1. Liga | ||
2023-24 | 2º | ||
Vestimenta | Umbro | ||
Na rede | |||
http://www.slavia.cz/ | |||
| |||
O Slavia Praga (nome completo en checo: Sportovní klub Slavia Praha - fotbal, a.s.) é un dos principais clubs de fútbol da República Checa. Ten a súa sede está na cidade de Praga. Foi fundado o 31 de maio de 1892, sendo un dos clubs checos de fútbol máis antigos.
O seu principal rival é o Sparta Praga. O clásico, é considerado como a maior rivalidade do país, é coñecido como Derbie S.[1]
O club xoga actualmente os seus partidos no Stadion Eden de Praga, que ten capacidade para 21.000 espectadores, inaugurado o 7 de maio do 2008. É considerado o estadio de fútbol máis moderno do país. Anteriormente, a súa sede era no Stadion Evžena Rošického.
A empresa que controla o club, a ENIC Sports Ltd, tamén controla clubs importantes en Europa como o Tottenham e o AEK Atenas.
Símbolos
[editar | editar a fonte]- Cor branca: Xogo limpo e ideal olímpico;
- Cor vermella: Representa o corazón;
- Estrela vermella: Simboliza a esperanza e a boa mente.
O feito de que a camiseta sexa metade branca e metade vermella simboliza a dicotomía da vida.
Historia
[editar | editar a fonte]Nos seus inicios, o club gañou numerosos campionatos e copas na rexión de Bohemia, mesmo mais que o Sparta, o seu principal rival. Na Copa do Mundo de 1934, a subcampioa Checoslovaquia posuía 8 xogadores do Slavia. Entre 1905 e 1930, o equipo era unha sensación europea, tendo gañado 134 dos 169 partidos que disputou.[1]
Na primeira metade do século XX, era o club checo máis laureado, cuxos títulos incluían unha Copa Mitropa, principal torneo europeo da época, no ano 1938, eliminando nos cuartos de final ao Inter de Milán con marcadores de 9 a 0 en Praga, antes de perder por 3 a 1 en Italia. Na semifinal, derrotou ao daquela poderoso Genoa, perdendo por 4 a 2 en Italia, mais gañando por 4 a 0 en Checoslovaquia. Na final, venceu ao Ferencváros. Na capital checa, o partido empatou a 2, gañando en Hungría por 2 a 0, garantindo o título. O club xa fora subcampión na terceira edición do torneo, perdendo en 1929 a final contra o Újpest, de Hungría.
Os anos de éxito duraron ata a instauración do réxime comunista no país. Pola súa orixe na clase intelectual e estudantil, o Slavia foi perseguido polo goberno, e os seus mellores xogadores foron forzados a xogar no outro equipo da cidade, o Dukla Praga.[1] O Slavia, que gañara dez campionatos checoslovacos antes do comunismo, gañou apenas un máis en 1947,[2] e nas décadas seguintes viviu unha forte decadencia, chegando a disputar a segunda división. O club só se reafirmou coa fin do comunismo. Cando gañou o campionato checo de fútbol de 1996, rachando con case medio século sen títulos.[1]
Nos anos posteriores viviu no dominio do arquirrival Sparta, que se consolidou como principal equipo checo coa decadencia do Slavia e do Dukla. O equipo viu como o seu rival gañaba dez títulos da liga ata volver gañala no 2008, sendo subcampión no 2009, recuperando o equilibrio co Sparta no que se refire aos campionatos checos: considerando os torneos da rexión disputados na época austro-húngara e os da época do Protetorado da Bohemia e Moravia (estado correspondente á actual República Checa durante a segunda guerra mundial), o Slavia é o equipo máis laureado con quince títulos, un máis que o rival.[3]
Actualmente, con menos sona que outras rivalidades europeas, o Derbie S é recoñecido como un dos clásicos máis feroces do mundo. En toda a súa historia, apenas sete xogadores cambiaron dun club directamente ao outro.[1][4]
Xogadores
[editar | editar a fonte]O principal xogador da historia do club é probablemente o austríaco (despois nacionalizado checo) Josef Bican, un dos maiores goleadores de tódolos tempos, que en 8 tempadas no club marcou 328 goles.
Outros xogadores importantes foron os checos František Plánička (que disputou 969 partidas co Slavia dende 1923 ata 1939), Patrik Berger, Karel Poborský e Vladimír Šmicer.
Nomes
[editar | editar a fonte]- 1892 - SK ACOS Praha (Sportovní klub Akademický cyklistický odbor Slavia Praha)
- 1893 - SK Slavia Praha (Sportovní klub Slavia Praha)
- 1948 – Sokol Slavia Praha
- 1949 – ZSJ Dynamo Slavia Praha (Základní sportovní jednota Dynamo Slavia Praha)
- 1953 – DSO Dynamo Praha (Dobrovolná sportovní organizace Dynamo Praha)
- 1954 – TJ Dynamo Praha (Tělovýchovná jednota Dynamo Praha)
- 1965 – SK Slavia Praha (Sportovní klub Slavia Praha)
- 1973 – TJ Slavia Praha (Tělovýchovná jednota Slavia Praha)
- 1977 – TJ Slavia IPS Praha (Tělovýchovná jednota Slavia Inženýrské průmyslové stavby Praha)
- 1978 – SK Slavia IPS Praha (Sportovní klub Slavia Inženýrské průmyslové stavby Praha)
- 1991 – SK Slavia Praha (Sportovní klub Slavia Praha - fotbal, a.s.)
Títulos
[editar | editar a fonte]- 17 Campionatos Nacionais Profesionais:
- Liga Checa de Fútbol 8: (1940, 1941, 1942, 1943, 1996, 2008, 2009, 2017, 2019, 2020)
- Campionato Checoslovaco de Fútbol 9: 1925, 1929, 1930, 1931, 1933, 1934, 1935, 1937 e 1947
- 17 Copas Nacionais:
- Copa de Bohemia 12: 1908, 1910, 1911, 1912, 1922, 1926, 1927, 1928, 1930, 1932, 1935 e 1941
- Copas Checas 5: 1942, 1945, 1997, 1999 e 2002
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 ZAMBUZI, Luciana (abril de 2008). Beleza e ódio. Trivela n. 26. Trivela Comunicações, pp. 44-47
- ↑ STOKKERMANS, Karel (14/03/2007). "Czechoslovakia - List of Champions". RSSSF. Consultado o 18/09/2011.
- ↑ STOKKERMANS, Karel (10/06/2011). "Czech Republic - List of Champions". RSSSF. Consultado o 18/09/2011.
- ↑ HOŘEJŠÍ, Michal (30/01/2010). "Exslávista Brabec: S Řepkou to bude klapat". Lidové Novniy. Consultado o 18/09/2011.