SSOT
SSOT / Sistema Satelital para Observación de la Tierra / FASat-Charlie | |
---|---|
Montaxe de SSOT. | |
Tipo | Científico |
Organización | Ministerio de Defensa de Chile |
Contratistas principais | EADS Astrium |
Bus | Astrosat 100 |
Data de lanzamento | 17 de decembro de 2011[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz-ST A[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Observación da Terra.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2011-076E |
Masa | 117 kg[4][2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7001 km[1] |
Inclinación | 97,9°[1] |
Apoapse | 630,9 km[1] |
Periapse | 629,4 km[1] |
SSOT, sigla de Sistema Satelital de Observación Terrestre e tamén coñecido como FASat-Charlie, é un satélite artificial chileno lanzado o 17 de decembro de 2011 a bordo dun foguete Soiuz-ST A desde o Centro Espacial de Kourou.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]SSOT foi construído por EADS Astrium a encargo do Ministerio de Defensa de Chile usando o bus AstroSat 100. A súa misión é a observación da superficie terrestre en alta resolución con fins tanto militares como terrestres nos campos da cartografía, a xestión agrícola e forestal, a xestión de recursos hidrolóxicos e petroleiros, a resposta rápida en desastres naturais, planificación urbano e outros.[1][2][4][5]
O satélite vai equipado co instrumento NAOMI (New AstroSat Optical Modular Instrument) capaz de obter imaxes cunha resolución de 1,45 m en modo pancromático (escala de grises) e 5,8 m en modo multiespectral (en cor).[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SSOT" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "SSOT" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 13 December 2012 from the Permanent Mission of Chile to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (13-81170 (E)). 26 de febreiro de 2013: 2. Consultado o 15 de marzo de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "SSOT (FASat Charlie)" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2024). "SSOT" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2024.