Saúde mental
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Saúde mental é o estado de equilibrio entre unha persoa e o seu contorno socio-cultural, o que garantiza a súa participación laboral, intelectual e de relacións para alcanzar un benestar e unha calidade de vida. Dise “saúde mental” como analoxía a “saúde ou estado físico”, pois o mental corresponde a dimensións máis complexas que o funcionamento soamente orgánico do individuo. A saúde mental foi definida de múltiples formas por autores de diferentes culturas. Os conceptos de saúde mental inclúen o benestar subxectivo, a autonomía e potencial emocional, entre outros. Porén, as precisións da Organización Mundial da Saúde (OMS) establecen que a saúde mental non é só a ausencia de trastornos mentais. Se define como un estado de benestar na cal o individuo é consciente das súas propias capacidades, pode afrontar as tensións normais da vida, pode traballar de forma produtiva e frutífera e é capaz de facer unha contribución a súa comunidade.
En cambio, un punto en común na cal coinciden os teóricos é que “saúde mental” e “enfermidades mentais” non son dous conceptos opostos, é dicir, a ausencia dun recoñecido desorde mental non indica necesariamente que se teña saúde mental e, ao revés, sufrir un determinado trastorno mental non constitúe un impedimento para gozar dunha saúde mental razoablemente boa.
A observación do comportamento dunha persoa na súa vida diaria é o principal modo de coñecer o estado da súa saúde mental en aspectos como o manexo dos seus temores e capacidades, súas competencias e responsabilidades, a manutención das súas propias necesidades, a forma en que afronta súas propias tensións, súas relacións interpersonais e a maneira en que dirixe unha vida independente. Ademais o comportamento que ten unha persoa fronte a situacións difíciles e a superación de momentos traumáticos permiten establecer unha tipoloxía acerca de seu nivel de saúde mental.