Saltar ao contido

Sacha Guitry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSacha Guitry

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Alexandre-Georges-Pierre Guitry Editar o valor en Wikidata
21 de febreiro de 1885 Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xullo de 1957 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJacques Lorcey Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Janson-de-Sailly (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, actor de teatro, actor de cinema, autor, realizador, libretista, director de cinema, director teatral, dramaturgo, actor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeLana Marconi (1949–1957), morte do cónxuxe
Geneviève Guitry (1939–1949)
Jacqueline Delubac (1935–1939)
Yvonne Printemps (1919–1934)
Charlotte Lysès (1907–1918) Editar o valor en Wikidata
PaisLucien Guitry Editar o valor en Wikidata  e Renée Delmas Editar o valor en Wikidata
IrmánsJean Guitry Editar o valor en Wikidata
ParentesRené de Pont-Jest, avó Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0347589 Allocine: 4883 Rottentomatoes: celebrity/sacha_guitry Allmovie: p92880 IBDB: 8565
BNE: XX829985 Musicbrainz: a4a2fdb7-4143-41ee-9b54-843fa9bf13c1 Discogs: 1977381 WikiTree: Guitry-4 Find a Grave: 6793 Editar o valor en Wikidata

Alexandre-Pierre Georges "Sacha" Guitry, nado en San Petersburgo o 21 de febreiro de 1885 e finado en París o 24 de xullo de 1957, foi un actor, dramaturgo, escenógrafo, director de cinema e guionista cinematográfico francés.

Escribiu máis de cen obras teatrais, moitas das cales adaptou el mesmo ao cine. Actuou en case a totalidade dos seus trinta e tres filmes.

Famoso polo seu humor caústico, abordou todos os xéneros. A maior parte das súas comedias musicais escribiunas para a súa segunda esposa, a actriz e cantante Yvonne Printemps, con quen estivo casado entre 1919 e 1934. Estas comedias musicais proporcionáronlle un grande éxito (como Mozart ou L’amour masqué), así como o sete revistas musicais que fixo co seu amigo o compositor Albert Willemetz.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Guitry era fillo do célebre actor cómico Lucien Guitry (1860-1925), moi apreciado na súa época. A súa nai, Renée Delmas (1858–1902),[1] era filla do escritor e xornalista René de Pont-Jest. Mudáranse á capital rusa, onde Lucien dirixiu a compañía do teatro francés, o Théâtre Michel, dende 1882 a 1891. O matrimonio foi breve. Lucien Guitry era un persistente adúltero e a súa esposa iniciou o procedemento de divorcio en 1888.[1] Dous dos seus fillos morreron na infancia (un en 1883 e o outro en 1887); o outro fillo supervivente, Jean (1884–1920) foi actor e xornalista.[2] A asistenta rusa da familia adoitaba a acurtar o nome de Alexandre-Pierre co diminutivo ruso "Sacha", polo que foi coñecido toda a súa vida.[3]

Estudou no Lycée Janson de Sailly de París. Guitry foi un alumno mediocre, pero axiña mostrou dotes teatrais, como autor e escenógrafo. Escribía as súas propias obras (con frecuencia, en menos de tres días), dirixíaas e interpretábaas. En 1905 obtivo un grande éxito con Nono.[4][5]

Non obstante, en 1907, sufriu un sonoro fracaso coa súa obra La Clef, o que desanimou enormemente a Sacha Guitry. O apoio do seu grande amigo o escritor Octave Mirbeau foi moi importante para que Guitry perseverase na súa carreira teatral. Guitry solicitou a Mirbeau un prólogo para a súa obra Petite Hollande (1908) e, máis tarde, dedicoulle a obra Un sujet de roman, estreada o 4 de xaneiro de 1924, co seu pai Lucien Guitry como protagonista no papel de Mirbeau. Sarah Bernhardt tamén debería participar nesa estrea, no papel de Alice Regnault (esposa de Mirbeau), mais faleceu antes da primeira representación.

O 3 de outubro de 1916 estreou no Teatro das Bouffes Parisiens outro dos seus grandes éxitos: a obra Faisons un rêve, coa que se deu a coñecer o grande actor e cómico de revista Raimu. Á parte do éxito popular, esa obra obtivo críticas moi adversas, xa que o teatro de Guitry simbolizaba todo o oposto a algunhas correntes do seu momento, como a postura defendida unha década despois polo Cartel des Quatre (formado por Louis Jouvet, Charles Dullin, Gaston Baty e Georges Pitoëff), os cales aborrecían o teatro comercial e defendían a calidade dos textos e unha posta en escena de vangarda.

Retrato de Sacha Guitry no seu despacho da avenida Elisée-Reclus en 1942, por Léon Gard (colección de André Bernard)

O seu primeiro intento cinematográfico data de 1915, cando rodou Ceux de chez nous como reacción a un manifesto alemán onde se exaltaba a cultura xermánica. Guitry rodou imaxes de artistas franceses amigos do seu pai, como Auguste Rodin, Claude Monet, Anatole France ou Pierre-Auguste Renoir, entre outros.[6] Tomou notas das súas palabras e, durante as proxeccións públicas, repetíaas en voz alta. Deste xeito inventou en certa forma a voz en off. Non volveu rodar outro filme ata 1935, cando, por influencia da súa nova esposa Jacqueline Delubac, comezou a facer versións cinematográficas das súas propias obras teatrais. Pasteur (escrito para que o seu pai interpretase o protagonista, o doutor Louis Pasteur) foi protagonizado no cinema polo propio Sacha. Ese mesmo ano filmou Bonne chance. A protagonista feminina foi a súa esposa, Jacqueline Delubac.

En 1936 adaptou ao cinema outra das súas obras Le nouveau testament e rodou a que moitos consideran a súa obra mestra: Le roman d'un tricheur. Este filme, que carece case por completo de diálogos, está baseado na única novela escrita por Guitry, Mémoires d'un tricheur. O propio Guitry é o narrador do filme e amosa o seu gusto por contar historias e o seu amor polo ilusionismo.

Estes catro primeiros filmes de Guitry xa conteñen todo o seu mundo artístico: a súa capacidade de experimentar e xogar cos procedementos fílmicos, a reconstrución de acontecementos históricos ou de biografías de grandes personaxes e adaptacións teatrais. En só tres anos, Guitry dirixiu dez filmes.[7]

Nos anos finais da década de 1930 logrou grandes éxitos. Por esas datas divorciouse de Jacqueline Delubac e casou con Geneviève de Séréville, a única das súas cinco esposas que adoptou o apelido Guitry. Rexeitou a proposición de formar parte da Academia Francesa porque lle impuñan a condición de abandonar a súa carreira de comediante. Foi elixido membro da Academia Goncourt.

Rodou Ils étaient neuf célibataires (1939), sobre os matrimonios de conveniencia. No filme participaron numerosas vedettes, como Elvire Popesco. A estrea coincidiu co decreto do Goberno que obrigaba os estranxeiros a abandonar Francia. Ao día seguinte, estalou a segunda guerra mundial.

Segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Guitry non abandonou París, senón que permaneceu na cidade durante a ocupación alemá. Durante ese tempo continuou coa súa actividade nos escenarios e no cinema, co propósito de manter vivo o espírito francés naquel tempo. Utilizou as súas influencias para conseguir a liberación de personalidades perseguidas polos nazis (como o escritor Tristan Bernard e a súa esposa). Mesmo chegou a rodar a obra patriótica Le Destin fabuleux de Désirée Clary (estreada en 1942), baseada na vida da amante de Napoleón, Désirée Clary. Tamén estreou durante aquel período Donne-moi tes yeux (1943). Guitry negouse a que as súas obras se representasen neses momentos en Alemaña.

O 23 de agosto de 1944, no momento da liberación de París, poucas horas despois de telefonar a súa amiga Arletty, Guitry foi arrestado por un grupo da resistencia francesa, que lle reprocharon a súa actitude durante a ocupación alemá. Guitry estivo encarcerado durante sesenta días sen que lle chegasen a inculpar por ningún delito concreto. O seu peche parece que foi instigado por rumores infundados propagados por escritores como Pierre Descaves e xornalistas de Le Figaro (que naquel tempo estaba dirixido por Pierre Brisson, gran detractor de Guitry). O xuíz de instrución preguntou en anuncios publicados nos xornais, por dúas veces, que acusacións recaían sobre Guitry, sen obter ningunha resposta convincente.[8] O xuíz arquivou o caso e en 1947 Guitry conseguiu o sobresemento (Guitry asegurou que preferiría un proceso). As súas lembranzas daqueles días de prisión servíronlle posteriormente para recrear a cela que aparece en La Poison (1951, protagonizada por Pauline Carton) e en dúas narracións: Quatre ans d'occupations (sobre o período de 1940 a agosto de 1944) e 60 jours de prison.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

En 1951 estreouse o filme Adhémar ou le jouet de la fatalité, baseado nunha comedia de Guitry con guión escrito por el mesmo, mais que non puido dirixir por mor dunha intervención cirúrxica. Foi Fernandel en quen confiou para que se encargase da obra, mais o resultado non lle satisfixo, sentiuse traizoado e estableceu un preito contra Fernandel, que gañou este último. As obras seguintes de Guitry caracterizáronse polo seu ton máis melancólico (Le comédien, Deburau, Le Trésor de Cantenac), en ocasións cáustico (Je l'ai été trois fois, La Poison, La Vie d'un honnête homme), aínda que non perdeu a súa predilección pola comedia (Toâ, Aux deux colombes, Tu m'as sauvé la vie). Tamén rodou grandes producións históricas (Versailles m'était contei, Napoleón, Si Paris nous était conté). O recordo do seu arresto inspiroulle Assassins et voleurs, protagonizado por Jean Poiret e Michel Serrault e en que debutou como actor Darry Cowl. Les trois font a paire foi o seu último filme. A doenza de Guitry tíñao moi debilitado, e recorreu á axuda de Clément Duhour para poder rodar un filme que se pode tomar como un resumo do espírito de Guitry: xogo cos procedementos cinematográficos, fidelidade a certos actores, humor cáustico.

Guitry non puido rodar o seu último guión, La Vie à deux, e foi Clément Duhour quen o levou á gran pantalla.

Sacha Guitry foi enterrado no cemiterio de Montmartre de París, xunto ao seu pai Lucien,[9] o seu irmán Jean (morto en 1920) e a súa última esposa, Lana Marconi, finada en 1990.

Guitry e os actores

[editar | editar a fonte]

Sacha Guitry reservouse o papel protagonista de todos os seus filmes, aínda que tamén foi fiel a un conxunto de actores favoritos. En primeiro lugar, tiña unha alta consideración polo seu pai, Lucien Guitry, a quen consideraba (con Sarah Bernhardt) o mellor actor do mundo e para o que realizou unha biografía (Le comédien) e unha adaptación teatral (Mon père avait raison). Outra actriz á que apreciaba enormemente foi Pauline Carton, que apareceu en practicamente todos os seus filmes en papeis que Guitry escribiu expresamente para ela. A Michel Simon confioulle o papel protagonista de La Poison e La Vie d'un honnête homme. Simon tamén participou no último filme de Guitry Les trois font a paire, a pesar de que o seu papel non lle gustaba. Aceptou actuar só pola amizade que o unía con Guitry, por entón xa moi enfermo.

Tamén soubo descubrir novos talentos e encomendou papeis aos mozos Louis de Funès, Darry Cowl, Michel Serrault, Jacqueline Delubac ou Raimu, que alcanzaron todos grande éxito grazas aos filmes de Guitry. Raimu, agradecido polo apoio de Guitry, actuou gratuitamente en Les Perles de la couronne. Para Fernandel escribiu o guión de Adhémar ou le jouet da fatalité e tamén apoiou a Gaby Morlay.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Bernard, p. 29
  2. Bernard, p. 14
  3. Benjamin, p. 11
  4. Adair, Gilbert. "Sacha: An Introduction to Guitry", Monthly Film Bulletin; Winter 1981, p. 50
  5. "Guitry, Sacha", Who's Who in the Twentieth Century, Oxford University Press, 1999, consultado o 15 de agosto de 2013
  6. Keit, pp. 9–10
  7. Sacha Guitry, cinéaste. Ed. Yellow Now, 1993.
  8. Desanti, Dominique, Sacha Guitry. Grasset, 1982.
  9. Morley, p. 153
  10. Primeira versión muda de 22 min. Versión sonora de 1939. Versión final de 44 min con Frédéric Rossif como colaborador.
  11. Epílogo filmado da obra homónima.
  12. En colaboración con Fernand Rivers.
  13. En colaboración con Alexandre Ryder.
  14. En colaboración con Christian-Jaque.
  15. En colaboración con Robert Bibal.
  16. En colaboración con René Le Hénaff.
  17. Guitry no aparece no filme.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]