Saltar ao contido

Saimel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saimel (parte inferior do arco)

Saimel[1] é en arquitectura, a primeira doela do extremo dun arco, que está en contacto coa imposta e que recibe o peso de todo el[2]. Polo tanto é a primeira pedra dun arco alintelado, que deita de plano sobre o machón cuxa parte é e está con corte inclinado do lado do arco para recibir a primeira forra.

Entre o saimel e a doela de arranque (chamada en castelán almohadón) hai unha diferenza: que a doela de arranque é parte do arco e recíbeo sobre unha superficie inclinada oposta ao seu leito e o saimel é parte do machón e recibe o arco sobre unha superficie inclinada que está par do seu leito. Xeralmente decorado cunha imposta.

Expresións relacionadas

[editar | editar a fonte]
  • Mover de saimel. Estar as dúas primeiras cuñas ou forras dun arco asentadas sobre un saimel.
  1. Nome galego en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
  2. Definición proposta polo Servizo de Normalización Lingüística da USC

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]