Samsara (filme de 2023)
Aparencia
Samsara | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Samsara |
Director | Lois Patiño |
Guión | Garbiñe Ortega Lois Patiño |
Fotografía | Mauro Herce Jessica Sarah Rinland |
Estudio | Señor & Señora |
Estrea | Festival de Berlín: 20 de febreiro de 2023 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Samsara é un filme galego dirixido por Lois Patiño que se estreou no ano 2023. O filme foi o gañador do Premio Especial do Xurado da sección Encounters no Festival Internacional de Cinema de Berlín.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nos templos budistas de Luang Prabang, en Laos, os monxes adolescentes guían as almas en tránsito dun corpo a outro a través dun texto, o Bardo Thödol. A alma dunha anciá reencarna no corpo dunha cabra nas praias de Zanzíbar, onde traballan grupos de mulleres en granxas de algas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Amid Keomany como Amid
- Toumor Xiong como Be Ann
- Simone Milavanh como Mon
- Mariam Vuaa Mtego como Mariam
- Juwairiya Idrisa Uwesu como Juwairiya
Produción
[editar | editar a fonte]O filme está ambientado e foi rodado en Laos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lois Patiño triunfa na Berlinale con 'Samsara'". Nós Diario. 26 de febreiro de 2023. Consultado o 26 de febreiro de 2023.