Santana (banda)
Santana | |
---|---|
Santana en 2005 | |
Orixe | San Francisco, California, Estados Unidos |
Período | 1964-presente |
Xénero(s) | Rock, pop rock, Latin rock, hard rock, blues-rock, jazz fusion, psychedelic rock |
Selo(s) discográfico(s) | Sony Music |
Na rede | |
http://www.santana.com | |
Santana é unha banda estadounidense liderada por Carlos Santana cuxo estilo é unha fusión entre o rock e os ritmos afrocubanos e latinos. Foi creada en 1966, e fíxose coñecida no festival de Woodstock de 1969.
Biografía
[editar | editar a fonte]A banda Santana, chamada orixinalmente Santana Blues Band, naceu en 1966 en San Francisco, California. Os membros iniciais foron Tom Frazier (guitarra), Mike Carabello (percusión), Rod Harper (batería), Gus Rodriguez (baixo) e Gregg Rolie (teclados, voz). En 1968, cando todos os seus integrantes tiñan unha idade en torno aos 18 anos, fixeron a súa aparición en Woodstock, o que os lanzou á fama. Isto permitiulles lanzar o seu primeiro álbum, chamado Santana en 1969. En 1970 editaron Abraxas, co que obtiveron máis dun millón de copias vendidas. A formación que aparecía no seu primeiro traballo foi o sexteto clásico formado por Carlos Santana, Gregg Rollie, Mike Carabello, David Brown, José 'Chepito' Areas, Michael Shrieve. Esta formación mantense máis ou menos estable durante os seus catro primeiros álbums de estudio, ata o ano 1972. Neste ano, Carlos Santana comeza a publicar álbums de corte máis experimental baixo o nome 'Carlos Santana', á marxe da banda. Nos próximos anos e décadas, os membros da banda cambiarán de forma continua.
Na segunda metade dos anos 70, os traballos da banda están marcados pola experimentación; a excepción do álbum Amigos (1976) que supón unha volta ás orixes no que a estilo se refire. A banda comeza a década dos 80 con varios discos que pretenden devolver algo de tirón comercial ao grupo; boa proba diso son os álbums Zebop! (1981), co éxito "Winning", e Shango (1982), co éxito "Hold On". Con todo, a medida que avanza a década, as vendas dos discos de Santana decrecen (aínda que a banda continúa tendo éxito nos concertos). No ano 1987, Carlos Santana publica Blues For Salvador, un espectáculo musical gravado que lle permite gañar o Grammy ao mellor espectáculo instrumental.
A finais dos 90, créase o selo "Arista". Santana abandona o seu selo habitual (co que estaban descontentos) e únense a "Arista". O disco resultante é Supernatural, no que Santana contou coa cooperación de varios artistas invitados, como Maná (no tema Corazón Espinado), Rob Thomas (Smooth) e Eric Clapton (The Calling), entre outros. Por ese traballo, Santana obtivo 9 Premios Grammy, 3 Grammy Latinos, vendeu máis de 25 millóns de copias en todo o mundo e puxo á banda nun gran momento de éxito. Os seus posteriores traballos trataron de repetir a fórmula utilizada en "Supernatural": en Shaman conta coas colaboracións de Dido, Seal, Plácido Domingo, Michelle Branch; e en All that I am con Steven Tyler de Aerosmith e por segunda vez a Michelle Branch.
Membros actuais
[editar | editar a fonte]- Carlos Santana - Guitarra e voz.
- Chester Thompson - Teclados
- Benny Rietveld - Baixo
- Dennis Chambers - Batería
- Andy Vargas - Voz
- Karl Perazzo- Timbais e percusión
- Raul Rekow - Congas e percusión
- Bill Ortiz - Trompeta
Discografía
[editar | editar a fonte]- Santana (1969)
- Abraxas (1970)
- Santana III (1971)
- Caravanserai (1972)
- Welcome (1973)
- Borboletta (1974)
- Lotus (1974) (directo)
- Greatest Hits (1974) (recompilación)
- Amigos (1976)
- Festival (1977)
- Moonflower (1977) (directo/estudio)
- Inner Secrets (1978)
- Marathon (1979)
- Zebop! (1981)
- Shangó (1982)
- Beyond Appearances (1985)
- Freedom (1987)
- Viva Santana! (1988) (directo/estudio)
- Spirits Dancing in the Flesh (1990) (recompilación)
- Milagro (1992)
- Sacred Fire: Live in South America (1993) (directo)
- Live at the Fillmore 1968 (1997) (directo)
- Supernatural (1999)
- Tropical Spirits Part I and II (2000)
- The Ultimate Collection 2000 (recompilación)
- The Essential Santana (2002) (recompilación)
- Shaman (2002)
- Ceremony: Remixes & Rarities (2003) (recompilación)
- All That I Am (2005)
- Ultimate Santana (2007) (recompilación)
- The Very Best of Santana (live in 1968) (2007) (directo)
- Multi-Dimensional Warrior (2008) (recompilación)
- The Woodstock Experience (2009) (directo)