Santiago o Xusto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I Nazaret, Israel |
Morte | 62 Xerusalén |
Causa da morte | pena de morte, lapidación |
1º Bispo Judaico-Cristão de Jerusalém (pt) | |
62 – Simeão de Jerusalém (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | presbítero |
Profesores | Xesús de Nazaret |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 23 de outubro |
Familia | |
Fillos | Justus de Jerusalém |
Pais | Xosé de Nazaret Alfeu e Santa María María de Cleofás |
Irmáns | Xesús de Nazaret |
Descrito pola fonte | De viris illustribus Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo The Nuttall Encyclopædia >>>:James |
Santiago o Xusto, tamén chamado irmán do Señor, a miúdo identificado con Santiago o Menor ou ben Santiago Alfeo, martirizado en 62, foi consonte a tradición, o primeiro bispo ou patriarca de Xerusalén, e o autor da Epístola de Santiago incluída no Novo Testamento.
Hai tres personaxes neotestamentarias chamados Santiago:
- Santiago o Maior fillo de Cebedeo e Salomé, irmán de Xoán o Evanxelista, un dos Apóstolos.
- Santiago o Xusto, irmán do Señor.
- Santiago, fillo de Alfeo, un dos Apóstolos.
Biografía
[editar | editar a fonte]Santiago o Xusto foi unha personalidade importante da Igrexa primitiva[1], que dirixiu a primeira comunidade cristiá de Xerusalén.
Estaba fortemente ligado ao xudaísmo do seu tempo e mantíñase fiel á lei de Moisés, opóndose aos puntos de vista de Paulo.
O Concilio de Xerusalén, que se celebrou a fins dos anos 50, so a súa autoridade e máis a de Pedro e a de Xoán (Feitos 2, 10), admitiu o principio da non circuncisión dos pagáns convertidos.
Flavio Xosefo rexistra a morte dun Santiago irmán de Xesús (Antigüidades xudaicas, XX, 197-203) no ano 62, decidida polos dirixentes relixiosos do Templo de Xerusalén; mais Xosefo fala unha liñas antes dese Xesús como un sacerdote do Templo, polo que non pode ser Xesús Cristo, pola simple razón de que os sacerdotes son da tribo de Leví e Xesús estaba censado na de Xudá.
Santiago o Xusto foi substituído no cargo de xefe da Igrexa de Xerusalén por Simeón (cfr. Eusebio de Cesarea, 3, 11, 32).
Identidade
[editar | editar a fonte]Paulo, en Ga 2,9, describe así a Santiago o Xusto « ... Santiago, Cefas, e Xoán, que aparecían como columnas... ». No Novo Testamento é citado como un irmán de Xesús: "Na liturxia de Santiago, o irmán de Xesús é elevado á dignidade de irmán de Deus mesmo (Adelphotheos)" (Philip Schaff: History of the Christian Church, capítulo 4, sección 29).
Santiago é citado por Mateu {Mt 13,55} ; por Marcos (Mc 6,3 e Mc 15,40) ; pola Epístola aos Gálatas (Ga 1,19) ; pola Epístola de Xudas (1). Tamén é citado por Flavio Xosefo.
Velaí o que dixo sobre o santoral a Conferencia de bispos de Francia: "Os esexetas distinguen varios Santiagos arredor do Señor. Santiago o Maior, fillo de Zebedeo e irmán de Xoán; Santiago, fillo de Alfeo, do cal só se sabe que foi apóstolo, e mais Santiago, irmán do Señor, do seu parentesco e orixinario de Nazaret". A noción de irmán debe ser comprendida no sentido amplo utilizado na época. Podía significar un parente moi afastado, como un curmán ou primo-irmán, ou ben indicar un duplo parentesco (de dous troncos).
Controversia sobre os irmáns e irmás de Xesús
[editar | editar a fonte]O Novo Testamento, en Mc 6,3 recolle a reacción de asombro dos habitantes de Nazaret, logo de escoitar a Xesús a ensinar na sinagoga: "Non é este o carpinteiro, o fillo de María, e o irmán de Santiago, Xosé, Xudas e Simón? E súas irmás non viven entre nós?". Hai desacordo sobre o que se debe entender nesas palabras segundo que sexan tomadas en senso estrito como fillos dun mesmo pai e nai ou nun senso máis amplo como parentes próximos, tal e como se fai en numerosos países orientais, onde primos e primas, que viven xuntos, son chamados 'irmáns' e 'irmás'. Os versículos de Xoán 19, 26-27 fornecen un exemplo de polivalencia do uso de títulos parentais nos textos evanxélicos: aí Xesús dille a María, confiándolle o apóstolo Xoán: "Muller, velaí teu fillo", logo, dirixíndose a Xoán: "Velaí túa nai" .
Para os protestantes, María era virxe antes de nacer Xesús, mais despois tivo outros fillos. Consonte ás tradicións cristiá oriental, que segue o Protoevanxeo de Santiago, Xesús e Santiago, serían de feito medios irmáns, fillos de Xosé. Segundo a tradición cristiá occidental, ambos serían primos curmáns (é unha mesma palabra a que designa o irmán e o curmán, nas linguas hebrea e aramea): dous de entre eles son, en efecto, sinalados como fillos dunha María, nai de Santiago e de Xosé en Mc 15, 40, que debe ser identificada con María, muller de Cleofás, de acordo a Xn 19, 25. O terceiro, arriba citado, Xudas Tadeo é o irmán de Santiago o Xusto (Xu 1) e o cuarto Simón, é claramente designado como un primo curmán, fillo de Cleofás, irmán do Xosé, na Historia eclesiástica de Eusebio de Cesarea, quen afirma ademais que irmán do Señor referido a Santiago o Xusto non é máis que un chamamento.
Culto
[editar | editar a fonte]Durante séculos, a Igrexa Católica honrou a Santiago o Xusto ao tempo que o apóstolo Filipe, no día 1 de maio, data que conmemoraba o aniversario do traslado das reliquias de ambos os dous santos para a basílica dos Doce Apóstolos en Roma. En 1956, o papa Pío XII desprazou a festa para o 11 de maio; mais no novo calendario romano a festividade foi fixada no 3 de maio.
Santiago o Xusto é festexado o día 23 de outubro pola Igrexa Ortodoxa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ André Lemaire, Jacques et les chrétiens de Jérusalem in Les premiers temps de l'Église, Folio histoire, Gallimard, 2004
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago o Xusto |