Satureja
Segorellas (xénero Satureia) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Segorella de inverno (Satureia montana) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase no texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
As segorellas son especies pertences ao xénero Satureia spp. que conta cunhas 30 especies de herbas e arbustos na familia das lamiáceas, nativas das rexións temperadas do hemisferio norte. Varias especies de segorella utilízanse coma herbas aromáticas en gastronomía; en España úsanse acotío para adubar olivas.
Descrición
[editar | editar a fonte]As segorellas son anuais ou perennes, de pouca altura, con follas opostas, ovais a lanceoladas, de 1 a 3 cm de longo. Producen acios de floriñas axilares, abrancazadas a violáceas, non sen atractivo, polo que ás veces son empregadas coma enfeiteis ou coma ornamentais; florean entre agosto e setembro no hemisferio norte.
Prefiren solos secos, areentos, ben drenados, e cómpren de moito sol.
Especies
[editar | editar a fonte]Algúns autores inclúen no xénero a coñecida nébeda (Calamintha nepeta), coma Satureja calamintha.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Satureja". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 8 de abril de 2010.
- ↑ Nome vulgar galego n´Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística
- ↑ Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Satureja |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Satureja |