Secernénteos
Secernénteos Secernentea | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Heterodera glycines. Verme e un ovo | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Subclases e Ordes | |||||||
|
A dos secernénteos (Secernentea) é unha clase de nematodos.
É unha das dúas clases tradicionais de nematodos, que está fundamentada en criterios morfolóxicos, pero non está apoiada por análises moleculares modernos.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Son nematodos con anfidios localizados dorsolateralmente sobre os labios laterais ou no extremo anterior, as aberturas dos anfidios son en forma de poro ou de fendedura; os deridios e os fasmidios están presentes; o aparato excretar é tubular; a cutícula, estriada, está provista de dúas a catro capas; o esófago é variábel, pero con tres glándulas esoxáficas; as ás cuadais están presentes. Os machos posúen, en xeral, un testículo, teñen papilas sensoriais cefálicas e pode haber tamén papilas caudais. A hipoderme é uninucleada ou multinucleada. A cutícula componse de dúas a catro capas, e presenta estrías transversais ou aneis. O sistema excretor ábrese ventrolateralmente mediante un ducto cuticularizado conectado a túbulos colectores en un ou a ambos os lados do corpo. A cavidade corporal presenta de catro a seis pseudocelomocitos.[2]
Son case exclusivamente terrestres, rara vez de auga doce ou mariños.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]De modo tradicional, os secernénteos se subdiven en tres subclases, cun total de oito ordes,[1] ou nove, segundo os autores.[3]
Subclase Rhabditia
- Orde Rhabditida
- Orde Strongylida
Subclase Spiruria
- Orde Spirurida
- Orde Ascaridida
- Orde Camallanida
- Orde Drilonematida
Subclase Diplogasteria
- Orde Diplogasterida
- Orde Tylenchida
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ferris, H. 2008. THE "NEMATODE-PLANT EXPERT INFORMATION SYSTEM", A Virtual Encyclopedia on Soil and Plant Nematodes. Comparison of Morphology- and DNA-based Classifications. Department of Nematology, University of California Arquivado 12 de outubro de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ Franco Navarro, Francisco (2007). María Fernanda Fernández Álamo e Gerardo Rivas, ed. Niveles de organización en animales. México, DF.: Las prensas de ciencias. ISBN 978-970-32-5041-7.
- ↑ Secernentea na ADW.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Secernénteos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Secernénteos |