Segunda guerra fría
Aparencia
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2016.) |
A Segunda guerra fría é un concepto amosado por Joseph Stroupe para describir as relacións internacionais para o dominio das materias primas en todo o planeta Terra. Segundo Stroupe os bandos son os mesmos que na Guerra fría pero con cambios, xa que desta vez Rusia e a China están aliadas e desapareceu a guerra ideolóxica e apareceron novos actores como o terrorismo islamista e a emerxencia de certos países antes considerados terceiromundistas.
Novos escenarios
[editar | editar a fonte]- Oriente medio: Os movementos das potencias dentro de Oriente medio converxen cara ao dominio do petróleo, o que unido ao sentimento do pobo árabe consegue unha realidade explosiva que unido á inestabilidade dos países da zona provoca estalidos, por un lado a primavera árabe e do outro lado o terrorismo.
- Europa oriental: A Unión Europea xunto á OTAN e o escudo antimisís provoca o receo de Rusia, que ve como vai quedando rodeada. Nesta zona estalaron os conflitos de Ucraína e de Osetia do Sur.
- Península de Corea: As tensións seguen sendo as mesmas que na guerra fría cos mesmos actores e a mesma tensión entre eles.
- América latina: Ao igual que na Europa do leste o "patio de atrás" de Norteamérica séguese movendo unha guerra ideolóxica, entre o veciño do norte e os países sureños, sobre todo Venezuela e Cuba. De máis importancia a primeira debido á súa riqueza en gas natural e petróleo.
- África: Neste eido, tradicionalmente dominado por Francia e Inglaterra, entrou China no seu mercado interno así como na firma de tratados comerciais entre .