Ser humano
Humano Rango fósil: 0,315 Ma-0 Ma Plistoceno – presente | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Home e muller da etnia Akha do norte de Tailandia. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Homo sapiens | |||||||||||||||||||||
Distribución do Homo sapiens (verde)
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
†Homo sapiens idaltu White et al., 2003 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Sinonimia de especies
|
Os seres humanos, tamén chamados xenericamente humanos[2] ou homes[3] (Homo sapiens), son unha especie da orde dos primates e da familia dos homínidos.[4][5] H. sapiens é o único representante vivente do xénero Homo e, ademais, só ten unha subespecie vivente, o H. s. sapiens. Diversas probas baseadas na comparación do ADN fan pensar que os humanos modernos se orixinaron en África hai arredor de 200 000 anos.[6][7]
Os algoritmos xenéticos determinan unha diferenza dun 0,2% do material xenético entre os diferentes individuos desta especie, que ten como algunhas das características máis destacadas a súa intelixencia, o desenvolvemento da linguaxe e a cultura. Os humanos teñen un cerebro altamente desenvolvido, quen de realizar un tipo de razoamento abstracto, de consciencia e de emocións complexas. Esta capacidade mental, combinada cunha posición erecta do corpo que libera os brazos e as mans, dálle unha gran capacidade de manipular obxectos e utilizar ferramentas con máis efectividade que calquera outra especie da terra.
Como a maioría de primates, os humanos son sociais por natureza, pero tamén son quen de empregar sistemas de comunicación moi elaborados para facer posible a expresión e intercambio de ideas, así como a organización social. Crean estruturas complexas de convivencia, dende familias até nacións e estableceron unha enorme variedade de tradicións, rituais, éticas, valores, normas e leis que forman a base da sociedade humana. Tamén teñen unha predisposición destacada para a estética e a beleza, que provocou fenómenos como son a cultura, a arte, a literatura e a música.
Os seres humanos destacan polo seu desexo de entender o mundo que os rodea, sobre o cal inflúen e que queren comprender. Tamén intentan coñecer e controlar os fenómenos naturais, que tratan a través da ciencia, a filosofía, a mitoloxía e a relixión. Esta curiosidade natural permitiulle desenvolver ferramentas, e nun senso máis xeral, a tecnoloxía. Os humanos son a única especie coñecida capaz de acender lume, cocer os alimentos e vestirse; ademais, transmiten as súas habilidades e coñecementos ás seguintes xeracións a través da educación.
De xeito habitual emprégase o termo «home» para designar todos os humanos xenericamente, malia que no seu sentido máis específico, esta palabra se aplica ós individuos de sexo masculino. Así, o termo «homes» pódese aplicar tanto a tódolos individuos da especie como ós de sexo masculino, mentres que os de sexo feminino teñen a denominación exclusiva de «muller».[8]
Nome científico
[editar | editar a fonte]Carl von Linné acuñou o nome científico dos humanos no ano 1758.[9] Ó darlle o nome sapiens ('sabio' ou 'perceptivo'), Linné referíase ó carácter máis destacado dos humanos en comparanza cos outros animais, que é a súa capacidade mental.[10]
Linné clasificou os humans e os grandes primates nun grupo que chamou «antropomorfos», como subconxunto do grupo dos cuadrúpedes, xa que non viu ningún signo orgánico que lle permitise situar os humanos nun lugar privilexiado. Uns anos máis tarde, mo prefacio de Fauna Suecica, manifestou que clasificara o humano como cuadrúpede porque non era nin unha planta nin unha pedra, senón un animal, tanto polo seu tipo de vida como pola súa locomoción. Ademais, non fora quen de atopar ningunha característica que o diferenciase dun simio. A partir da décima edición de Systema Naturae cambiou os cuadrúpedes polos mamíferos. A primeira orde destes foi a dos primates, entre os cales situou os humanos. En 1758, definiu o Homo sapiens como especie diúrna que cambiaba pola educación e o clima.[9]
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Evolución humana.
O estudo científico das orixes dos humanos abrangue a evolución do xénero Homo, pero tamén estuda outros homínidos como por exemplo o Australopithecus. Todos os humanos actuais pertencen á especie Homo sapiens e á única subespecie existente hoxe en día, H. s. sapiens. H. s. idaltu, ('home sabio máis antigo') é outra subespecie coñecida que xa se extinguiu.[11]
O primeiro membro dos Catarrhini, a infraorde á cal pertence o H. s. sapiens, existiu durante o Rupeliano (Oligoceno), hai 34-28 millóns de anos. Os primeiros Catarrhini presentes no rexistro fósil son o Propliopithecus e o Aegyptopithecus, posibles devanceiros comúns dos hominoideos (incluíndo os humanos) e os cercopitécidos, chamados vulgarmente «monos do vello mundo».[12]
O proceso de bipedización ten as súas orixes en certos primates de comezos do Mioceno, cando se atopan as primeiras especies bípedes, como o Oreopithecus bambolii. Porén, a anatomía dos pés desta especie era bastante diferente da doutros primates. O bipedismo era aparentmente unha característica común de Orrorin e o Ardipithecus.[13] O proceso que conduciu ó bipedismo representaba unha vantaxe evolutiva porque permitía ter as mans llibres para fabricar ferramentas sinxelas, porque os homínidos gastan molia menos enerxía camiñando a dúas patas que a catro e porque permite levar obxectos durante a marcha e ver máis lonxe.
Este proceso evolutivo foi influído por acontecementos por veces sutiles pero moi importantes. Por exemplo, cando as selvas que cubrían o mundo a comezos do Cenozoico empezaron a retroceder e, por mor do crecemento demográfico, os hábitats quedaron superpoboados, os grupos de humanos e outros homínidos víronse forzados a percorrer distancias importantes para atopar novas fontes de alimento. Outro exemplo é a perda da capacidade de metabolizar certos nutrientes, como a vitamina C (a causa dunha mutación que impide os simios xerar esta vitamina por si sós). Esta perda foi compensada por unha mutación favorable que permitiu ó Homo sapiens unha metabolización óptima do amidón, ausente noutros primates, accedendo así a unha rápida e económica fonte de enerxía especialmente necesaria para o cerebro.
Segundo o rexistro fósil, os humanos de anatomía moderna apareceron en África hai aproximadamente 130 000 anos, aínda que os estudos de bioloxía molecular sinalan que o devanceiro común de todas as poboacións humanas modernas viviu hai uns 200 000 anos.[14]
Os parentes vivos máis achegados a Homo sapiens son as dúas especies de chimpancés: o chimpancé común (Pan troglodytes) e o bonobo (Pan paniscus). A secuenciación completa do seu xenoma revelou que, despois de 6,5 millóns de anos de evolución independente, as diferenzas entre o chimpancé e o ser humano son só dez veces superiores ás que hai entre dúas persoas non relacionadas e dez veces menores da que hai entre ratas e ratos. A coincidencia suxerida entre as secuencias de ADN dos humanos e os chimpancés é de entre un 95% e un 99%.[15][16][17][18]
Para reflectir o feito de que os humanos e os chimpancés comparten gran parte da súa herdanza xenética e que humanos e chimpancés son máis próximos entre eles que con calquera outra especie actual, propúxose incluílos nun mesmo taxon, mesmo con propostas que tiveron un certo eco nos medios de comunicación, como a de incluír os chimpancés dentro do xénero Homo,[19][20] ou a de incluír os humanos no xénero Pan (chimpancés), de maneira que a especie humana se chamaría Pan sapiens, como propuxo o antropólogo e divulgador Jared Diamond.[21] A opción més aceptada pola comunidade científica foi a de formar a tribo dos homininis, que inclúe a humanos e chimpancés, pero non os gorilas, que son membros da tribo Gorillini.
Calcúlase que os humanos diverxiron dos chimpancés hai aproximadamente cinco millóns de anos e dos gorilas hai uns oito millóns de anos. Un cranio de homínido descuberto no Chad no ano 2001, descrito como Sahelanthropus tchadensis, foi datado polo paleontólogo Michel Brunet de hai sete millóns de anos, o cal podería indicar unha diverxencia anterior.[22] Porén, o descubridor deste fósil, Alan Beanovas[23]
Desenvolvemento da civilización
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Civilización e Historia universal.
O punto de vista máis aceptado entre os antropólogos actuais é que o Homo sapiens xurdiu na sabana africana hai uns 200 000 anos como descendente do Homo erectus. Hai 40 000 anos estendeuse por Eurasia e Oceanía e, finalmente, chegou a América hai uns 14 500 anos.[24] Homo sapiens desprazou o Homo neanderthalensis e outras especies descendentes de Homo erectus, que habitara Eurasia hai uns dous millóns de anos. O dominio do Homo sapiens baseouse probablemente nun maior éxito reprodutivo e a súa superioridade á hora de competir polos recursos naturais. Malia a súa intelixencia, o actual Homo sapiens ten unha capacidade cranial menor que a do antigo home de Neandertal (H. neanderthalensis).
Anatomicamente, o ser humano cambiou pouco ó longo da historia, de maneira que a súa evolución é, basicamente, de tipo cultural. Hai uns 10 000 anos, a maioría de humanos eran cazadores e recolectores. Polo xeral, vivían en pequenos grupos nómades coñecidos como sociedades de bandes. A chegada da agricultura impulsou a revolución neolítica, producindo un excedente alimentario que posibilitou a creación de asentamentos permanentes, a domesticación de animais e o uso de ferramentas de metal. A agricultura tamén fomentou o comercio e a cooperación e, progresivamente, contribuíu a crear unha sociedade máis complexa.
Hai aproximadamente 6 000 anos, desenvolvéronse os primeiros protoestados en Mesopotamia, Exipto e o val do Indo. Creáronse as forzas militares para a protección, e burocracias gobernamentais para a administración. Os estados cooperaban ou competían polos recursos e, nalgúns casos, facían a guerra. Hai uns 2 000-3 000 anos, algúns estados, como Persia, a India, a China, Roma e Grecia, conseguiron crear os primeiros grandes imperios a través da conquista militar. No mesmo período, diversas relixións como o xudaísmo, orixinada en Oriente Medio e o hinduísmo do sueste de Asia, comezaron a estenderse entre os pobos.
A finais da Idade Media cómpre destacar a chegada dunha serie de ideas innovadoras e avances tecnolóxicos. Na China, cunha economía moi adiantada, inventouse a impresión e a compás, mentres que durante a Idade de Ouro do islam tiveron lugar progresos científicos salientables. En Europa, no século XIV, o redescubrimento do coñecemento dos clásicos e de innovacións como a imprenta propiciaron a chegada do Renacemento. Durante os seguintes cincocentos anos, a exploración e o colonialismo permetiron que grandes partes de América, Asia e África caesen baixo o control europeo, facendo posible a explotación de todo tipo de recursos e, posteriormente, provocando conflitos para que os pobos explotados conseguisen a independencia de Europa. Por outra banda, cómpre salientar diversas revolucións e innovacións, como a revolución científica do século XVII, a Revolución Industrial do XVIII e diversas grandes innovacións no XIX, como o ferrocarril e o automóbil, elementos esenciais no desenvolvemento do transporte e a comunicación; tamén é preciso destacar o desenvolvemento de novas fontes de enerxía, como o carbón e a electricidade. Polo que respecta ás formas de goberno, sobresae a consolidación da democracia representativa e, noutro contexto, o comunismo.
Como resultado destes cambios, no presente os humanos viven nun mundo cada vez máis globalizado e interconectado. Malia que isto fomentou o crecemento da ciencia, a arte e a tecnoloxía, tamén deu lugar a conflitos moi violentos, coa existencia e uso de armas de destrución masiva e un gran poder de impacto medioambiental, que afecta os mesmos humanos e moitas outras formas de vida do planeta.
Hábitat e poboación
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Poboación mundial, demografía e hábitat.
Os primeiros asentamentos humanos dependían daa proximidade da auga e outros recursos naturais, como a terra dos cultivos e os pastos do gando ou a temporada de caza de determinadas presas. Porén, os humanos sempre tiveron unha gran capacidade de modificar o seu hábitat con actividades e accións como o regadío, a construción, o transporte, a manufactura, a deforestación e a desertización. Coa construción a grande escala de infraestruturas que facilitan o comercio e o transporte, a proximidade destes recursos fíxose menos necesaria, de xeito que estes factores non condicionan o crecemento dunha poboación. Así mesmo, a maneira na que se cambio ou altera un hábitat é a miúdo un determinante esencial nos cambios de poboación que se producen.
Cunha poboación duns 6 700 millóns de individuos en xullo de 2008,[25] os humans son unha das especies máis numerosas de grandes mamíferos. A maioría de humanos viven en Asia (61%); o resto viven en América (14%), África (14%), Europa (11%) e Oceanía (0,5%). Os humanos poden vivir de maneira permanente en tódolos continentes da Terra agás na Antártida[26] e tamén teñen unha presenza continua no espazo, en órbitas baixas arredor da Terra. Hai unha presenza continua de seres humanos no espazo dende o 31 de outubro de 2000, coas estadías de astronautas na Estación Espacial Internacional.
Ó longo das últimas décadas, os humanos exploraron a Antártida, as profundidades dos océanos e o espazo exterior, malia que aínda non é posible colonizar indefinidamente estes ambientes. A vida dentro de habitáculos que protexen dos ambientes hostís, como a Antártida ou o espazo exterior, ten un prezo elevado que limita a duración da estadía e, polo tanto, son accións que quedan restrinxidas a expedicións científicas, militares ou industriais. A vida con naves no espazo foi moi ocasional, cun máximo de trece persoas vivindo ó mesmo tempo nun momento dado. Entre 1969 e 1972, doce humanos pisaron a Lúa no marco de seis misións. A data de 2010, ningún outro corpo celestial foi visitado polos humanos, pero foron enviadas diferentes sondas.
Dende o ano 1800, a poboación humana pasou de 1 000 millóns a máis de 6 000 millóns de habitantes.[27] Con datos do ano 2004, calcúlase que 2 500 dos 6 300 millóns de persoas (un 39,7%), viven en áreas urbanas e agárdase que esta porcentaxe medre durante o século XXI. En febreiro de 2008, a ONU calculou que ó rematar o ano a metade da poboación mundial viviría en áreas urbanas.[28] Os problemas dos individuos que viven en cidades inclúen a contaminación e o crime,[29] especialmente no interior das cidades e nos arrabaldes urbanos. Os beneficios da vida urbana inclúen un aumento da alfabetización, un aceso máis doado ó coñecemento e unha diminución do risco de padecer fame.
A actividade humana tivo un efecto dramático sobre o medio ambiente. Existen hipóteses sobre o papel da depredación humana na extinción de numerosas especies de seres vivos. Os humanos atópanse no cumio da cadea alimentaria e raramente son cazados; por este motivo son considerados superdepredadores.[30] Crese que son os principais responsables do cambio climático[31] e crese que serán un contribuidor esencial na extinción do Holoceno, unha extinción que, en caso de continuar na súa proporción actual, calcúlase que destruirá a metade de todas as especies ó longo do século seguinte.[32][33]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Bioloxía.
Anatomía e xenética
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Anatomía humana e xenética humana.
O corpo humano varía dunha maneira moderada a nivel xeográfico e mostra un dimorfismo sexual menor, á contra do que acontece noutras especies de primates.[34][35] Malia que en gran medida están determinados polos xenes, hai unha influencia relativa de factores ambientais, como a dieta e a actividade física, a forma do corpo e o peso das persoas.[36][37] A altura normal dun humano adulto é de entre 1,5 e 1,8 metros, pero varía segundo a poboación e da zona xeográfica, entre outros factores.[38][39] O peso normal está entre 76 e 83 kg para os homes e entre 54 e 64 kg nas mulleres.[40] O peso tamén pode variar xeograficamente.
A diferenza da maioría doutros primates, os humanos teñen unha locomoción bípede completa e, polo tanto, poden ter os brazos libres para manipular obxectos coas mans, acción na que ten un papel fundamental a existencia de polgares opoñibles.
A pesar de ter pouco pelo en comparanza con outros primates, o ser humano destaca polo crecemento de cabelos especialmente na parte superior da cabeza, os sobrazos e a zona da pube. O corpo dun ser humano ten normalmente máis folículos pilosos que o dun chimpancé. A principal diferenza é que os pelos humanos son máis curtos, finos e menos pigmentados que os do chimpancé, o que os fai menos visibles.[41]
As diferenzas no cabelo e na pel humana veñen determinadas pola presenza dun pigmento chamado melanina. A variabilidade da pel vai dende un marrón moi escuro a un rosa moi pálido, mentres que os cabelos, ademais do negro (o máis adoito), varía dende o louro, o castaño e o rubio,[42] sempre en función da cantidade de melanina, un pigmento protector moi eficaz contra a radiación solar. A pel máis escura puido ter xurdido froito dunha adaptación evolutiva dos homínidos de hai entre 1 e 2 millóns de anos na sabana africana para proporcionar unha mellor protección contra a radiación ultravioleta e reducir o risco de cancro de pel.[43] A pigmentación da pel dos seres humanos presenta unha estratificación de acordo coa situación xeográfica e, a miúdo, relaciónase co nivel de radiación ultravioleta. As diferentes cores da pel foron adaptacións que equilibraron a cantidade de ácido fólico (substancias que son destruídas pola radiación ultravioleta) e de vitamina D, substancia que necesita luz solar para formarse.[44] As emigracións de hai entre 500 e 100 mil anos a fóra de África favoreceron esa a aparición e conservación de diferentes cores de pel, xa que nas latitudes máis altas a pigmentación non é tan determinante para a protección da pel.[43] A pel humana tamén se pode broncear en resposta á exposición ó sol.[45][46]
Os humanos teñen o padal proporcionadamente máis curto e os dentes moito máis pequenos que os dos outros primates; son os únicos con cairos curtos. Algúns seres humanos están perdendo gradualmente as moas do xuízo e algúns individuos xa non teñen de maneira conxénita.[47]
A necesidade de sono oscila entre sete e oito horas ó día nos adultos e entre nove e dez para un infante. Os individuos vellos dormen normalmente de seis a sete horas. Durmir menos horas é común na sociedade actual, unha privación de sono que pode ter efectos negativos. Demostrouse que unha restrición sostida do sono de catro horas ó día nun adulto provoca cambios no estado fisiolóxico, cansazo, agresividade e molestias corporais.
Os humanos son unha especie de eucariota. Cada célula diploide ten dous conxuntos de 23 cromosomas e cada conxunto é transmitido por un dos proxenitores. Hai 22 parellas de autosomas e un par de cromosomas sexuais. Estímase que os humanos teñen arredor de 20 000 ou 25 000 xenes. Como a maioría doutros mamíferos, os humanos teñen un sistema XY de determinación do sexo; as mulleres teñen os cromosomas sexuais XX e os homes os XY. O cromosoma X é meirande e transmite moitos xenes, mentres que o cromosoma Y é máis pequeno. Isto posibilita a existencia de doenzas recesivas asociadas cos xenes do cromosoma X, como a hemofilia, que afecta ós homes máis a miúdo que ás mulleres.
Ciclo vital
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Bioloxía do desenvolvemento.
O ciclo vital humano é semellante ó doutros mamíferos Eutheria. O óvulo fertilizado divídese dentro dentro do útero feminino para converterse nun embrión, que durante un período de trinta e oito semanas (nove meses) de xestación se converte nun feto humano. Despois deste período, o feto deixa de medrar, nace do corpo da muller e respira independentemente como un infante por primeira vez. Neste punto, a maioría de culturas modernas recoñecen a criatura como persoa que desfruta da máxima proteción da lei, pero algunhas xurisdicións esténdena ós fetos humanos que aínda están no útero.
O parto humano é perigoso en comparanza co doutras especies. Non son raros os partos de vinte e catro horas ou máis, que ás veces resultan na morte da nai ou o feto.[48] Isto é debido a que a testa do feto é relativamente grande (xa que o cerebro desenvólvese significativamente durante a xestación) e a pelve das mulleres é relativamente pequena (un carácter necesario polo bipedismo).[49][50] A probabilidade dun parto satisfactorio aumentou significativamente durante o século XX nos países máis desenvolvidos coa chegada de novas tecnoloxías médicas. En troques, o embarazo e o parto natural son relativamente perigosos nas rexións subdesenvolvidas, con índices de mortalidade unhas 100 veces máis elevados que nos países desenvolvidos.[51]
Nos países desenvolvidos, os infantes adoitan pesar 3-4 kg e medir 50-60 cm no momento do nacemento.[52] Porén, un peso baixo ó nacer é habitual nos países en proceso de desenvolvemento e contribúe ós niveis altos de mortalidade infantil nestas rexións.[53] Indefensos despois do nacemento, os humanos continúan crecendo durante algúns anos e adoitan acadar a madureza sexual á idade de 12-15 anos. As mulleres continúan desenvolvéndose fisicamente aproximadamente até os 18 anos, mentres que o desenvolvemento masculino continúa até os 21 anos. A vida humana pódese dividir nunha serie de etapas: infancia, adolescencia, mocidade, adulteza e vellez. A duración destas etapas varía segundo a cultura e períodos temporais. En comparanza cos outros primates, os humanos experimentan un impulso no crecemento particularmente rápido durante a adolescencia, cando a medida do corpo aumenta un 25%. Os chimpancés, por exemplo, só medran un 14%.[51]
Hai diferenzas significativas na esperanza de vida arredor do mundo. O mundo desenvolvido presenta unha tendencia de avellentamento, coa media roldando os 40 anos. No mundo en desenvolvemento a idade media é de entre 15 e 20 anos. A esperanza de vida no nacemento en Hong Kong e na China é de 84,8 anos para as mulleres e 78,9 para os homes, mentres que en Eswatini é de 31,3 anos para os dous sexos, principalmente por mor da SIDA.[54] Mentres que un de cada cinco europeos teñen 60 anos ou máis, só un de cada vinte africanos superen este limiar.[55] No 2002, as Nacións Unidas estimaron o número de persoas centenarias no mundo en 210 000.[56] Sábese que como mínimo unha persoa, Jeanne Calment, chegou á idade de 122 anos. Tamén se propuxeron idades máis avanzadas que non puideron ser demostradas. A escala mundial, hai 81 homes de 60 anos ou máis por cada 100 mulleres deste grupo de idade e entre os máis vellos hai 53 homes por cada 100 mulleres.
Os humanos son unha das poucas especies nas que a femia desenvolve a menopausa durante a última etapa da vida. A aparición da menopausa pódese explicar a través da hipótese da avoa, segundo a cal hai un interese reprodutivo da nai para evitar o risco de morte nun nacemento, investindo na viabilidade máis grande que supón que a descendencia sexa concibida por mulleres máis novas. Tamén aumenta a eficacia reprodutiva se se invisten recursos en criar os netos no canto de criar os propios fillos. Diversos estudos indicaron que nas sociedades de cazadores-recolectores as mulleres postmenopáusicas desenvolven un papel fundamental como recolectoras, xa que tiñan máis experiencia e non se vían impedidas pola dedicación que supón a cría directa dos fillos.[57]
As cuestións filosóficas sobre o intre no que xorde a personalidade humana e se persiste despois da morte son obxecto dun considerable debate. A perspectiva da morte provoca desasosego ou temor na maioría dos humanos, diferentes da consciencia inmediata dunha ameaza real. As cerimonias de enterro son características das sociedades humanas, a miúdo acompañadas por crenzas na vida despois da morte ou a inmortalidade.
Dieta
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Dieta.
Os primeiros Homo sapiens vivían en sociedades cazadoras-recolectoras, é dicir, que empregaban un sistema para adquirir comida que combinaba a caza e a recolección de alimentos como froitas, grans, tubérculos e cogomelos. Por outra banda, crese que os humanos xa empregaban o lume como recurso para preparar e cocer a comida dende os tempos nos que se diferenciaron do Homo erectus.[58]
Os humanos son omnívoros, é dicir, son quen de consumir tanto produtos vexetais como animais. Tense indicado que, tanto se se fai unha dieta exclusivamente carnívora como unha totalmente vexetal, os seres humanos poden padecer determinadas doenzas causadas por unha carencia de nutrientes. Por exemplo, unha dieta completamente carnívora pode provocar o escorbuto (deficiencia de vitamina C), mentres que unha dieta soamente vexetal pode provocar unha falta de vitamina B12,[59] se ben esta carencia dase tamén entre os seres humanos que seguen unha alimentación que inclúa regularmente produtos cárnicos.[60][61] Porén, as dietas vexetarianas e veganas ben deseñadas, a miúdo con suplementos de vitamina B12, poden satisfacer completamente as necesidades nutritivas de todas as etapas da vida.[62]
A dieta humana queda ben reflectida na cultura e deu lugar ó desenvolvemento da bromatoloxía (ciencia dos alimentos). En xeral, unha persoa pode sobrevivir de dous a oito semanas sen comer, segundo a cantidade de graxa almacenada no corpo, mentres que a supervivencia sen auga limítase normalmente a tres ou catro días. A falta de comida continúa sendo un problema serio, cunhas 300 000 persoas que cada ano morren de fame.[63] A desnutrición infantil tamén está moi estendida e contribúe á elevada porcentaxe de doenzas nas poboacións que sofren fame.[64]
No outro extremo, unha parte da poboación humana come de máis e padece obesidade, un tipo de desequilibrio alimentario que aumentou até converterse case nunha epidemia e que pode provocar problemas de saúde importantes. Os Centers for Disease Control (CDC) dos Estados Unidos manifestan que un 32% dos adultos americanos de máis de 20 anos son obesos, mentres que un 66,5% do total son obesos ou teñen exceso de peso. A obesidade é provocada por un consumo excesivo de calorías que non son consumidas, é dicir, unha combinación de comer moito e facer pouco exercicio físico.
Hai polo menos 10 000 anos que os humanos desenvolveron a agricultura,[65] que cambiou substancialmente o tipo de alimentos consumidos polos humanos. Isto provocou un incremento da poboación, o desenvolvemento das cidades e un incremento da densidade da poboación, que tamén favorece un aumento da extensióm de doenzas contaxiosas. Os tipos de comida que se consomen e a maneira en que se preparan variaron moito en función da época, a zona xeográfica e a cultura.
Psicoloxía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Psicoloxía.
O cerebro humano é o elemento central do sistema nervioso central, mentres que actos como o control primario son dirixidos polo sistema nervioso periférico. O cerebro controla tanto as actividades fundamentais para a vida (autónomas, como a respiración ou a dixestión) como as actividades conscientes, como o pensamento e a abstracción.[66] Estes procesos cognitivos constitúen a mente e son o obxecto de estudo da psicoloxía xunto coa conduta.
O cerebro humano é o máis intelixente de todas as especies coñecidas. Malia que moitos animais son quen de crear estruturas e empregar ferramentas sinxelas, principalmente a través do instinto e a imitación, a tecnoloxía humana é moito máis complexa e atópase nun proceso constante de desenvolvemento e mellora. Até as ferramentas e estruturas humanas máis antigas son moito máis avanzadas que calquera que fora creada por outros animais.[67] A antropoloxía moderna corroborou a proposición de Darwin: «a diferenza na mente entre os humanos e os animais máis intelixentes radica, naturalmente, no grao».[68]
Consciencia e pensamento
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Cerebro, consciencia e pensamento.
A capacidade de pensamento do ser humano é única entre os seres vivos. Os humanos son unha das poucas especies (xunto cos chimpancés, orangutáns e golfiños) que superan o test do espello,[69] proba que estuda se un animal é quen de recoñecer o seu propio reflexo como unha imaxe de si mesmo. En outubro do 2006, tres elefantes do zoo do Bronx tamén superaron o test.[70] Moitos nenos superan a proba ós 18 meses de idade.[71] Porén, a utilidade deste test como proba fiable da existencia de consciencia foi discutida, xa que pode ser máis unha cuestión de grao que unha clara división de capacidades. Adestrouse a monos para que apliquen regras abstractas a determinadas tarefas.[72]
O cerebro humano percibe o mundo exterior a través dos sentidos. Cada individuo recibe unha influencia profunda das súas propias experiencias, as visións subxectivas da súa existencia e o paso do tempo. Os humanos son autoconscientes e teñen unha mente que posibilita o pensamento. Cómpre destacar que é capaz de percibir a relación entre si mesmo e a contorna. O alcance destas capacidades, así como as definicións e a validez dalgúns destes termos, son moi discutidos. Por exemplo, o filósofo do campo da ciencia cognitiva Daniel Dennett sostén que non hai un centro narrativo chamado «mente», senón simplemente unha recollida de entradas e saídas sensoriais (inputs e outputs), é dicir, diferentes clases de «programas» executándose en paralelo.[73] O psicólogo B. F. Skinner argumentou que a mente é unha ficción explicativa que desvía a atención das causas medioambientais do comportamento,[74] mentres iso que se observa en forma de procesos mentais se pode entender mellor como formas de comportamento.[75]
Os diferentes aspectos fisiolóxicos e anatómicos do sistema nervioso son estudados pola neuroloxía, así como a psicoloxía do comportamento e a psiquiatría (cando se trata de doenzas mentais e trastornos de conduta). A psicoloxía non se centra necesariamente no estudo do cerebro ou do sistema nervioso, senón que pode analizar sinxelamente cuestións fenomenolóxicas ou teorías sobre o tratamento da información mental. Porén, cada vez máis, inclúese unha comprensión das funcións do cerebro na teoría e a práctica psicolóxica, especialmente en áreas como a intelixencia artificial, a neuropsicoloxía e a neurociencia cognitiva.
A natureza do pensamento é unha cuestión central na psicoloxía e outras disciplinas achegadas. A psicoloxía cognitiva estuda a cognición e os procesos mentais subxacentes ó comportamento e emprega o procesamento da información como mecanismo básico para comprender a mente. A percepción, a aprendizaxe, a resolución de problemas, a memoria, a atención, a lingua e a emoción tamén son campos ben estudados.
A psicoloxía cognitiva está relacionada cunha escola de pensamento coñecida como cognitivismo, que advoca un modelo de procesamento da información da función mental, que recibe o apoio do positivismo e a psicoloxía experimental. De maneira xeneralizada, aplícanse técnicas e modelos da psicoloxía cognitiva que forman o piar das teorías psicolóxicas en moitas áreas, tanto en investigación como en psicoloxía aplicada. A atención céntrase no desenvolvemento da mente humana ó longo da vida; a psicoloxía do desenvolvemento intenta entender como o individuo percibe, comprende e actúa dentro do mundo e como cambian estes procesos co avellentamento. De maneira máis específica, estuda o desenvolvemento intelectual, cognitivo, neuronal, social e moral do ser humano.
Motivación e emoción
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: motivación, emoción e felicidade.
A motivación é a forza que impulsa o desexo que existe detrás de tódalas accións deliberadas do ser humano. A motivación fundaméntase na emoción e, máis polo miúdo, na busca de satisfacción, experiencias emocionais positivas e unha actitude de evitar o conflito. A consideración positiva ou negativa da acción é definida polo estado mental do individuo, que pode estar influído por normas sociais; unha persoa pode mancarse a si mesma ou ter un comportamento violento porque o seu cerebro foi condicionado cunha resposta positiva a estas accións. A motivación é importante porque está presente en todas as respostas aprendidas. Na psicoloxía, a prevención do conflito e a libido[76] son motivacións primarias. A motivació a miúdo concirne incentivos económicos, morais ou coactivos. Por outra banda, as relixións xeralmente postulan influencias de tipo divino ou demoníaco.
A felicidade é unha condición emocional e a mesma definición da felicidade é un tema filosófico. Algúns defínena como a mellor condición que un humano pode acadar; unha condición de saúde física e psíquica, mentres que outros descríbena como a liberdade de decidir o pracer ou a dor; unha consciencia da boa orde das cousas; unha garantía de atopar un lugar dentro so Universo ou dentro da mesma sociedade.
A emoción ten unha influencia significativa sobre a conduta humana e nalgúns casos mesmo a controla. Porén, ó longo da historia moitas culturas e filosofías puxeron en cuestión esta influencia por diversas razóns. As experiencias emocionais agradables ou pracenteiras, como o amor, a admiración ou a ledicia, contrastan con aquelas que se perciben de maneira desagradable, como o odio, a envexa ou a tristura. Acotío faise unha distinción entre as emocións aprendidas socialmente e as relacionadas coa supervivencia, que se cre que son innatas. Cómpre destacar que existen tradicións onde se observan e estudan as emocións de maneira illada doutros fenómenos neurolóxicos, especialmente en culturas nas que se considera que a emoción non forma parte do estado fisiolóxico. Nalgunhas teorías médicas sobre a emoción crese que está tan relacionada coa saúde física que ámbalas dúas forman unha unidade. Os estoicos crían que a emoción excesiva era nociva, mentres que algúns mestres sufís, en particular o poeta e astrónomo Omar Khayyam, consideraban que as emocións intensas poden producir unha perfección conceptual, a miúdo chamada «éxtase».
No pensamento científico actual considérase que certas emocións máis refinadas son un carácter neuronal innato complexo habitual en diversos mamíferos, sexan domesticados ou salvaxes. As emocións desenvólvense habitualmente como unha reacción a mecanismos de supervivencia superiores e dentro dunha interacción intelixente cos outros individuos e a contorna. Porén, cando os individuos funcionan de maneira civilizada, obsérvase que os actos de desinhibición en situacións emotivas extremas poden provocar desorde social e crime.
Sexualidade e amor
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Sexualidade e Amor.
Ademais da súa utilidade reprodutiva, a sexualidade humana ten diversas funcións sociais de moita transcendencia, como a necesidade de intimidade ou as relacións e xerarquías entre individuos. Segundo algunhas tradicións, pode ter unha determinada dimensión espiritual, mentres que dende unha ollada hedonista forma parte das actividades que buscan a gratificación persoal. O desexo sexual, ou libido, é un impulso corporal que adoita ir acompañado por emocións intensas como o amor, a éxtase e os celos.
A grande importancia da sexualidade para os humanos reflíctese nunha serie de caracteres físicos, como a ovulación oculta, o dimorfismo sexual (moito máis diferenciado que nos chimpancés), os caracteres sexuais secundarios permanentes, as relacións de parella baseadas na atracción sexual e a actividade sexual das mulleres fóra do período de ovulación. Estas adaptacións diferencian os humanos claramente dos outros primates e animais e explican un complexo comportamento sexual cunha longa historia evolutiva.
Atribuíuse á grande intelixencia dos humanos e á complexidade da súa sociedade o feito que existan condutas sexuais máis elaboradas que en calquera outro animal, incluíndo moitas prácticas que non están relacionadas directamente coa reprodución.
A elección sexual faise normalmente baseándose en normas culturais moi variadas. As restricións veñen determinadas por crenzas relixiosas ou normas sociais. Un investigador pioneiro neste campo foi Sigmund Freud, que cría que os humanos nacen cunha perversidade polimórfica, termo que fai referencia á habilidade para obter gratificación sexual máis aló das normas sociais. Segundo Freud, as persoas pasan por cinco etapas do desenvolvemento psicosexual. O individuo pode padecer fixacións en calquera destas etapas por mor da vivencia de traumas. Para Alfred Kinsey, outro influente investigador sexual, a xente pode situarse en calquera punto dunha escala continua de orientación sexual, con só unha pequena minoría plenamente heterosexual ou homosexual. Estudos recentes en neuroloxía e xenética suxiren que a xente pode nacer cun tipo determinado de orientación sexual, pero non existe un consenso entre os especialistas sobre a cuestión.[77][78]
A especie humana é practicamente a única que mantén un celo sexual continuo, malia que nos chimpancés e nos bonobos obsérvase unha conduta sexual semellante. Porén, por mor da dificultade de vivir practicando relacións sexuais constantmente, existe un mecanismo evolutivo compensatorio, a sublimación, asociada á existencia da linguaxe e do pensamento simbólico. A sublimación pode comportar a existencia da represión, no senso freudiano do termo, unha oposición que se orixina no inconsciente. Neste senso, o ser humano é un animal pulsional.
Coa aparición da teoría da intelixencia emocional, dende a psicoloxía sistémica, considérase que o ser humano non se debe reducir ás súas pulsións, que sublima o reprime, senón que é visto como un ser sexual que vive esta dimensión en relación coa educación recibida no seo da familia e da sociedade. Así, a sexualidade confórmase dende os primeiros anos de vida e desenvólvese como un proceso vivencial dependente do seu ciclo vital e o contexto sociocultural.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura.
Estatísticas da sociedade humana | |
---|---|
Poboación mundial | 6.887 millóns (decembro de 2010) |
Densidade de poboación | 13,7/km² 47/km² (sen contar mares e océanos) |
Grandes aglomeracións | Toquio, Cidade de México, São Paulo, Buenos Aires, Istambul, Iacarta, Shanghai, Hong Kong, Manila, O Cairo, Nova York, Os Ánxeles, Seúl, Bombai, Moscova, Londres, París |
Principais linguas por número de falantes (2000)[79] | Mandarín 1.120 millóns Inglés 480 millóns Castelán 320 millóns Ruso 285 millóns francés 265 millóns Hindi/Urdú 250 millóns Árabe 221 millóns |
Moeda |
Dólar estadounidense, euro, ien, libra esterlina, rupia, dólar australiano, rublo, dólar canadense, renminbi (iuan) e moitas outras. |
USD | $36.356.240 millóns USD ($5.797 USD per cápita) |
USD (PPP) | $51.656.251 millóns IND ($8.236 per cápita) |
A cultura defínese como o conxunto de características materiais, intelectuais, emocionais e espirituais dun grupo social, en calquera das súas expresións do eido da arte, a literatura, o estilo de vida, os sistemas de valores, as tradicións, os ritos e as crenzas. O vencello entre a bioloxía, o comportamento e a cultura dos seres humanos é moi estreito e é difícil separalos claramente; por iso, a localización dun tema nunha área determinada baséase habitualmente nunha convención. A cultura consta de valores, normas sociais e obxectos. Os valores dunha cultura definen o que se considera importante ou ético e connectan as normas sociais, as expectativas sobre o comportamento, a xente e a tradición. Os obxectos culturais obtéñense dos valores da cultura, das normas e da comprensión do mundo. A principal visión antropolóxica da cultura implica que moitos experimentan unha gran resistencia cando recordan que dentro da natureza humana existe o animal a carón da parte espiritual.[68]
Linguaxe
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Linguaxe.
Os seres humanos teñen unha maneira de comunicarse única que os distingue doutras especies, permetíndolles referirse a nocións non presentes no espazo e no tempo. A linguaxe humana non serve só para comunicar un acontecemento da realidade física inmediata senón que pode ser empregada para expresar pensamentos sobre outros estados, sexan posibles ou imaxinarios. Isto permite, por exemplo, unha aprendizaxe baseada na explicación ou o estudo e non só na imitación, ampliando o repertorio de habilidades que se poden dominar e a cultura que se desenvolve.
A linguaxe é un carácter universal utilizado por natureza nas persoase e nos animais. Porén, malia que pode designar todas as comunicacións baseadas na interpretación, o termo refírese maioritariamente á que os humanos utilizan para comunicarse. Filósofos como Martin Heidegger consideran que a linguaxe como tal é unha característica única do ser humano.[81] Este criterio é semellante ó de Ernst Cassirer que definira o Homo sapiens como o animal simbólico por excelencia, dunha maneira tan firme que resulta case imposible concibir un pensamento humano sen o uso de símbolos, particularmente dos significantes subxacentes como fundamentos elementais para calquera pensamento complexo e que transcende o instinto.
A capacidade dos humanos de transmitir conceptos, ideas e nocións mediante a fala e a escritura é un feito excepcional entre os seres vivos. A diferenza dos sistemas de comunicación doutros primates, que son moi pechados, a linguaxe humana é moi aberta e flexible e gaña en variedade en función das necesidades. Así, ten a calidade do desprazamento, é dicir, pode utilizar palabras para representar cousas e acontecementos que non están ou non existen no mesmo momento e no mesmo lugar.[82] Ademais, a tecnoloxía posibilitou a transmisión de grandes volumes de datos a grandes distancias a través de redes de datos e programas como a Internet. As redes de transmisión de datos son importantes para continuar desenvolvendo a comunicación humana, como pasou no século XV coa invención da imprenta.
A facultade da fala é unha característica que define ós seres humanos e que posiblemente precede a separación filoxenética da poboación actual. A linguaxe é un elemento central da comunicación humana e é o núcleo que dá un sentido de identidade que une nacións, culturas e grupos étnicos. A invención de sistemas de escritura, hai como mínimo uns 5 000 anos, permitiu a conservación da linguaxe en obxectos materiais e foi un paso esencial na evolución cultural. A linguaxe ten un vínculo estreito cos ritos e a relixión. A lingüística é a ciencia que describe a estrutura da linguaxe e a relación entre as diversas linguas. Hai arredor de 6 000 linguas diferentes en uso, incluíndo as linguas de sinais, ademais das milleiros de linguas mortas.
Espiritualidade e relixión
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Espiritualidade e Relixión.
A linguaxe dos humanos permítelles experimentar a transcendencia, é dicir, saír de si mesmos. O ser humano investiga a orixe do que o rodea e da súa propia existencia. Igual que pode falar sobre entidades non ligadas co mundo físico immediato, tamén admite a posibilidade que haxa unha vertente do mundo espiritual e inmaterial, o que dá orixe á relixión e ós cultos asociados, que adoptan unha forma concreta en cada cultura.
A relixión é un sistema de crenzas referidas a cuestións sobrenaturais, sagradas ou divinas, así como os códigos morais, as prácticas, os valores, as institucións e os rituais asociados. Durante o seu desenvolvemento, a relixión adquiriu moitas formas que varían segundo a perspectiva cultural e individual.
Algunhas das cuestións principais que trata xiran arredor da vida e a morte, con crenzas sobre o que hai despois da morte: a vida despois da morte, a orixe da vida (fonte de numerosos mitos sobre a creación), a natureza do universo, o destino final e o que é moral ou inmoral. En moitas relixións, un elemento común para atopar resposta a estas preguntas son as divindades, ou ben un único Deus ou ben diversas deidades; mais non todas as relixións son teístas, senón que tratan o tema con máis ambigüidade, particularmente as relixións orientais.
A espiritualidade, crenza ou implicación en cuestións da ánima ou do espírito, é un dos enfoques que intentan responder a cuestións fundamentais sobre o papel da humanidade dentro do universo, o sentido da vida e a maneira ideal de vivila. Malia que estes temas tamén foron tratados pola filosofía e, en certa medida, pola ciencia, a espiritualidade faino dende unha dimensión única, xa que se centra en conceptos místicos ou sobrenaturais, como o karma e Deus.
Malia que a maioría de humanos profesan unha variedade de crenzas relixiosas ou espirituais, algúns non o són e rexeitan ou ignoran as ideas sobrenaturais ou espirituais. Doutra banda, a pesar de que a relixión e a espiritualidade se desenvolven nun nivel moi diferente do da ciencia, tanto no eido de pensamento como no metodolóxico, non se consideran mutuamente excluíntes e moitas persoas teñen unha mestura de ideas científicas e relixiosas. A distinción entre filosofía e relixión pode ser menos clara, xa que fan referencia a campos como a filosofía da relixión e a teoloxía. Hai individuos que non teñen ningunha crenza relixiosa e son ateos, escépticos científicos, agnósticos ou sinxelamente non relixiosos.
Filosofía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Filosofía.
A linguaxe permite ó ser humano asociar conceptos a todas as cousas, incluído el mesmo. Isto orixina a autoconsciencia, na que a persoa pode ser obxecto de estudo, de pensamento e de comunicación, igual que as realidades externas. A autoconsciencia leva a formularse preguntas relacionadas co sentido da existencia ou a causa de que a realidade sexa como é, o que dá pé á filosofía, que intenta formular e resolver os grandes interrogantes da vida.
A filosofía é a disciplina que estuda a investigación, a análise e o desenvolvemento de ideas a un nivel xeral, abstracto ou fundamental. O seu obxectivo é buscar unha comprensión xeral dos valores e da realidade principalmente por medio da especulación. O núcleo das disciplinas filosóficas son a lóxica, a ontoloxía ou metafísica, a epistemoloxía e a axioloxía, que tamén inclúe as pólas da ética e a estética. A filosofía abrangue un feixe moi amplo de enfoques e tamén se utiliza para referirse a unha cosmovisión, unha perspectiva sobre un asunto e as posicións argumentadas por un filósofo en particular ou unha escola de filosofía.
O humanismo é unha filosofía que define unha doutrina sociopolítica que non se centra en aspectos concretos de culturas locais, agás se forman parte dun pensamento global e propoñen cuestións comúns a todos os seres humanos. As crenzas espirituais dunha comunidade a miúdo maniféstanse en forma de doutrina relixiosa, cunha historia formada tanto por pequenos grupos como por grupos numerosos e fortemente unidos. O humanismo secular desenvolveuse como resposta á necesidade dunha filosofía común que pretende superar os límites culturais dos códigos morais e as relixións locais. Moitos humanistas son relixiosos e ven a súa doutrina sinxelamente como expresión madura dunha verdade común presente na maioría de relixións. Os humanistas afirman que existe a posibilidade dunha verdade obxectiva e aceptan que a percepción humana desta verdade segue imperfecta. Os principios máis básicos do humanismo son que os humanos materializan e poden resolver problemas humanos e actividades e conceptos como a ciencia, a liberdade de expresión, o pensamento racional, a democracia e a liberdade artística, que son propósitos ou obxectivos dignos para calquera poboación humana. O humanismo fundaméntase na razón e na lóxica, sen considerar o que é sobrenatural.
Arte, música e literatura
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Arte, Música e Literatura.
As obras artísticas acompañaron o desenvolvemento cultural humano, formando parte do seu patrimonio dende a prehistoria até o presente. A arte é un dos aspectos máis peculiares da conduta humana e un dos trazos que distinguen os humanos das outras especies, xa que está moi relacionada coa capacidade de simbolizar que caracteriza os humanos.
Como forma de expresión cultural, pódese definir a arte como a busca da diversidade e o uso de narrativas de expresión e exploración (como na historia da arte, a crítica e a teoría artística), para ir sempre máis aló. Esta distinción pódese aplicar a obxectos ou actuacións actuais ou históricas e o seu prestixio esténdese a todo aquilo que se fai, se descobre ou se exhibe. No uso actual do termo, a arte enténdese como o proceso ou resultado de facer obras que, dende a súa concepción até a súa realización final, se rexen polo "impulso creativo", coa capacidade de creación propia dos seres humanos. A arte distínguese das outras producións humanas en parte porque non xorde dunha necesidade práctica concreta.
A música é un fenómeno natural e intuitivo baseado en tres estruturas diferentes e interrelacionadas: o ritmo, a melodía e a harmonía. Escoitar música é posiblemente a actividade de lecer máis común e universal. Hai unha gran variedade de tipos de música, que foron enriquecéndoa co tempo e a xeografía.
Etimoloxicamente, a literatura é arte de escribir (do latín littera, 'letra'). O termo fai referencia ó conxunto de obras escritas, malia que cómpre non esquecer a tradición oral. Este conxunto de obras escritas ou orais dunha lingua determinada deben ter unha dimensión estética, a diferenza, por exemplo, das obras científicas ou didácticas. A literatura inclúe, especialmente, a prosa, a poesía e o drama, de ficción e non ficción. Tamén inclúe xéneros como a épica, a lenda, o mito, a balada e o folclore.
Ciencia e tecnoloxía
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Ciencia e tecnoloxía.
O home actual basea parte do seu control da contorna na ciencia e na tecnoloxía. Por unha banda, a ciencia ten como obxectivo a adquisición de coñecementos sobre o mundo por medios verificables. Por outra banda, a tecnoloxía trata sobre os obxectos que os humanos fabricaron para servir os seus propósitos.
As diferentes culturas humanas pódense diferenciar polos obxectos que fabrican e empregan, entre outros factores. Grazas á arqueoloxía, a ciencia que estuda as culturas do pasado analizando os obxectos que crearon, pódese coñecer como eran e como es desenvolveron. Os primeiros humanos deixaron diferentes tipos de ferramentas de pedra, cerámica e xoiaría que son particulares de cada rexión xeográfica e de cada período. As melloras tecnolóxicas pasaron dunha cultura a outra. Así, por exemplo, o desenvolvemento do agro xurdiu en diferentes zonas, pero moi axiña foi unha actividade que se estendeu para converterse nun trazo xeneralizado da vida humana. De maneira similar, os avances na fabricación de armas, a arquitectura e a metalurxia pasaron dunha cultura a outra.
Aínda que estas técnicas podían ser transmitidas pola tradición oral, o desenvolvemento da escritura (outro tipo de tecnoloxía) fixo posible transmitir a información de xeración en xeración e dunha rexión a outra, cunha cantidade e precisión meirandes. Este conxunto de innovacións posibilitaron o inicio das civilizacións coas súas correspondentes normas e acordos sociais, cada vez máis complexas. Finalmente, isto implicou a institucionalización da tecnoloxía, acompañada dunha mellor comprensión do funcionamento do mundo.
No presente, a ciencia ocupa un espazo central dentro da cultura humana. En tempos máis recentes, a física e a astrofísica atoparon un ámbito común no que se coñece como a cosmoloxía física, a póla do coñecemento que intenta comprender o Universo mediante a observación e a experimentación. Este proceso permitiu elaborar teorías como a que considera que o Universo se iniciou cunha grande explosión, o Big Bang, hai ~13.700 (±0,2) millóns (109) de anos. Dende este intre inicial e até o seu mesmo final, os científicos cren que toda a historia do Universo segue unha progresión ordenada gobernada polas leis da física.
Razas e etnias
[editar | editar a fonte]Os humanos son clasificados a miúdo en razas e etnias, malia que a validez das razas humanas como clasificación biolóxica é moi discutible.[83] As categorías raciais baséanse tanto na liñaxe como nas características visibles, especialmente na cor da pel e en determinados trazos faciais. Estas categorías tamén poden transmitir información sobre características biolóxicas non visibles, como por exemplo o risco de padecer doenzas específicas.[84]
A análise do material xenético dispoñible e a descuberta de novas probas arqueolóxicas favorecen unha única orixe recente dos actuais humanos en África Oriental.[85] Existen estudos que demostran que os humanos do continente africano están máis diferenciados dende o punto de vista xenético.[86] A pesar desta diversidade evidente, as secuencias de xenes humanos son extraordinariamente homoxéneos en comparanza coas de moitos outros animais.[87][88][89][90] Quedou corroborado que a variación xenética dentro «grupos raciais» rolda entre un 5 e un 15% da variación total existente entre grupos raciais.[91] Porén, aínda hai un intenso debate sobre este tema.[92][93] Por outra banda, constatouse que os grupos étnicos están máis conectados por ligazóns lingüísticas, culturais, ancestrais ou rexionais. A autoidentificación cun grupo étnico baséase principalmente no parentesco. A raza e a etnicidade poden conducir a un tratamento social diferencial e causar un impacto na propia identidade social e mesmo chegar ó racismo.
Sociedade, goberno e política
[editar | editar a fonte]A sociedade é o sistema de organizacións e institucións que xorden da interacción entre individuos. Dentro da sociedade, un estado é unha comunidade política organizada que ocupa un territorio definido, cun goberno organizado e unha soberanía interna e externa. É fundamental o dereito dun estado a reivindicar a independencia respecto ós outros estados, que fan posible estabelecer acordos internacionais, entre outros. O estado tamén se pode definir noutros termos como, por exemplo, os que empregou Max Weber en 1918: «Un estado é unha comunidade humana que se atribúe o monopolio do uso lexítimo da forza física dentro dun territorio».[94]
As sociedades regúlanse por leis. Un goberno é o medio político que existe para poder crear e facelas cumprir, habitualmente mediante unha xerarquía burocrática. Noutra dimensión desenvólvese a actividade política, que é o proceso polo cal se toman decisións dentro de determinados grupos. Aínda que o termo se aplica polo xeral ó comportamento dentro dos gobernos, a política tamén se observa en moitos niveis dentro das interaccións de grupos humanos, incluíndo ámbitos tan diversos como son os grupos corporativos e as institucións académicas e reloxiosas.
Existen diferentes sistemas políticos e formas de goberno con diversos niveis de influencia; tamén hai diferentes maneiras de definilos e de comprender o funcionamento, pero todos teñen unha relación directa coa economía. A escala mundial, a república é unha forma de goberno moi estendida, pero existen outros modelos como a monarquía, a ditadura militar e a teocracia.
Guerra
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Guerra, arma e terrorismo.
A guerra é unha situación de conflito armado entre estados, organizacións ou grupos relativamente grandes de persoas, que se caracteriza polo uso intenso da violencia, con mortos entre os combatentes e/ou os civís. Estímase que durante o século XX morreron entre 167 e 188 millóns de persoas por mor das guerras.[95] Unha característica común das guerras é a existencia dunha serie de campañas militares entre cando menos dous bandos contrapostos, que combaten por diversos motivos posibles: a soberanía, o territorio, recursos naturais, ideas relixiosas e outras razóns. A guerra de liberación ou de independencia é impulsada por un bando que loita pola liberdade dun país ocupado. En troques, cando a guerra é entre membros dun mesmo estado chámase guerra civil.
As grandes guerras con adversarios moi poderosos dotados de forzas comparables semellan ter desaparecido do panorama mundial. O derradeiro conflito deste tipo sucedeu na rexión do Congo: a chamada segunda guerra do Congo ou guerra mundial africana,[96] que se estendeu até finais da década de 1990. A maioría de guerras actuais son guerras asimétricas con campañas de sabotaxe, guerra de guerrillas e, por veces, actos terroristas; estes actos intentan interromper o control dunhas forzas de ocupación, habitualmente moito máis poderosas, e ocasiona un tipo de guerras de longa duración pero baixa intensidade.
A guerra é un dos principais catalitzadores de avances tecnolóxicos. Ó longo da historia existiu unha confrontación constante entre sistemas de ofensivos e defensivos. Sempre se intenta incluír as últimas melloras tecnolóxicas no armamento e sistemas de protección deseñados para vencer o adversario. Algúns exemplos modernos desta confrontación é a invención dun tipo de bomba, a bunker buster, deseñada para destruír búnkers. Algúns avances importantes nos campos da medicina, a navegación, a metalurxia, a produción en cadea, a enerxía nuclear, os foguetes militares e a informática xurdiron completa ou parcialmente da investigación militar.
Houbo unha gran variedade de cambios nas tácticas militares ó longo da historia, con diferentes modelos bastante xeneralizados: a guerra convencional, a guerra non convencional, a guerra asimétrica e a guerra total. As técnicas inclúen o combate corpo a corpo, o uso de mísiles e a limpeza étnica. A intelixencia militar e a espionaxe tiveron un papel chave no desenlace dos conflitos. A propaganda, que pode incluír información obxectiva, a opinión tendenciosa e a desinformación poden resultar moi importantes para conseguir a unión ou a discordia nos grupos combatentes.
Nas guerras contemporáneas, os soldados e os blindados de combate intentan controlar a terra, os barcos de guerra actúan no mar e a forza aérea combate para acadar a supremacía aérea. Porén, tamén existen formas mixtas que deron lugar a corpos como a infantaría de mariña, os paracaidistas, os portaavións e os mísiles terra-aire, entre outros. A existencia de satélites militares situados en órbita engadiron un novo aspecto na guerra contemporánea, o control do espazo exterior, malia que ata o presente non tivo lugar ningún conflito militar.
Economía e comercio
[editar | editar a fonte]A economía é a ciencia social que estuda a produción, a distribución, o comercio e o consumo de recursos, bens e servizos. A economía céntrase en variables perceptibles e divídese en dúas pólas principais:
- a microeconomía, que trata os axentes individuais, como fogares e negocios;
- a macroeconomía, que considera a economía en conxunto e ten en conta a oferta agregada e a demanda de cartos, capital e mercadorías.
Os principais obxectos de estudo da economía son a asignación de recursos, a produción, a distribució, o comercio e a competencia. A lóxica económica aplícase cada vez máis a calquera problema que implique unha elección entre escasos valores. No canto á economía principal, céntrase na maneira na cal os prezos reflicten na oferta e a demanda e emprega ecuacións e modelos matemáticos para prognosticar as consecuencias das decisións.
O comercio é o intercambio voluntario de recursos, bens servizos e forma parte da economía. Un tipo moi primitivo de comercio era a permuta, é dicir, o intercambio directo. Os comerciantes contemporáneos, en troques, negocian habitualmente a través dun sistema de cambio, como é o diñeiro. Como resultado diso, a compra pode quedar separada da venda ou o beneficio. A invención dos cartos e, posteriormente, do crédito, o papel moeda e o diñeiro immaterial simplificou o proceso e promoveu aínda máis os intercambios comerciais. Por mor da especialización e a división de traballo, a maioría de persoas poden concentrarse nun aspecto concreto da fabricación ou do servizo e intercambiar o seu traballo para produtos. O comercio entre diferentes rexións pode existir porque cada unha ten unha vantaxe absoluta ou comparativa na produción dalgunha mercadoría, ou porque a medida das diferentes rexións permite diferentes tipos de beneficios grazas á produción en masa. Finalmente, cómpre destacar un mecanismo que posibilita a actividade comercial, chamado mercado e que se fundamenta, entre outras cousas, no comercio de mercadorías.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Global Mammal Assessment Team (2008). "Homo sapiens". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 6 de abril de 2014.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para humano.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para home.
- ↑ Goodman, M.; Tagle, D.; Fitch, D.; Bailey, W.; Czelusniak, J.; Koop, B.; Benson P.; Slightom, J. (1990). "Primate evolution at the DNA level and a classification of hominoids". J Mol Evol 30: 260 – 6. PMID 2109087. doi:10.1007/BF02099995.
- ↑ University of Michigan Museum of Zoology (ed.). "The Animal Diversity Web" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2006.
- ↑ Human Ancestors Hall: Homo Sapiens Arquivado 15 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (consultado o 13 de outubro de 2006)
- ↑ Alemseged, Z.; Coppens, Y.; Geraads, D. (2002). "Hominid cranium from Omo: Description and taxonomy of Omo-323-1976-896". Am J Phys Anthropol 117: 103–12. PMID 11815945. doi:10.1002/ajpa.10032.
- ↑ En latín distínguese homo ('humano') e vir ('varón' ou 'home').
- ↑ 9,0 9,1 Von Linné, C. (1758): Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (10a ed.). A descrición de Homo sapiens que achegou foi: Nosce te ipsum («Coñécete a ti mesmo»).
- ↑ Jones R (2012). "Neurogenetics: What makes a human brain?". Nature Reviews Neuroscience (en inglés) 13: 655. PMID 22992645. doi:10.1038/nrn3355.
- ↑ Human evolution: the fossil evidence in 3D, per Philip L. Walker i Edward H. Hagen, Departamento de Antropoloxía da Universidade de California en Santa Barbara, (consultado o 5 de abril de 2005. (en inglés)
- ↑ David W. Cameron (2004). Hominid adaptations and extinctions (en inglés). UNSW Press. p. 76. ISBN 978-0-86840-716-6.
- ↑ Brunet, M.; et al. (2002). "A new hominid from the Upper Miocene of Chad, Central Africa". Nature (en inglés) 418: 145–151. PMID 12110880. doi:10.1038/nature00879.
- ↑ Human Ancestors Hall: Homo Sapiens Arquivado 15 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (consultado o 13 de outubro de 2006) (en inglés)
- ↑ Frans de Waal: Bonobo. Berkeley: University of California Press, 1997. ISBN 0-520-20535-9 "Bonobo; The Forgotten Ape". (en inglés)
- ↑ Britten RJ (2002). "Divergence between samples of chimpanzee and human DNA sequences is 5%, counting indels". Proc Natl Acad Sci U S A 99: 13633–5. PMID 12368483. doi:10.1073/pnas.172510699. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2008. Consultado o 20 de xullo de 2017.
- ↑ Wildman, D.; Uddin, M.; Liu, G.; Grossman, L.; Goodman, M. (2003). "Implications of natural selection in shaping 99,4% nonsynonymous DNA identity between humans and chimpanzees: enlarging genus Homo". Proc Natl Acad Sci U S A 100: 7181–8. PMID 12766228. doi:10.1073/pnas.1232172100. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2008. Consultado o 20 de xullo de 2017.
- ↑ Ruvolo M (1997). "Molecular phylogeny of the hominoids: inferences from multiple independent DNA sequence data sets". Mol Biol Evol 14: 248–65. PMID 9066793.
- ↑ Britten RJ (2002). "Divergence between samples of chimpanzee and human DNA sequences is 5%, counting indels". Proc Natl Acad Sci U S A 99: 13633–5. PMID 12368483. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2008. Consultado o 20 de xullo de 2017.
- ↑ Wildman D, Uddin M, Liu G, Grossman L, Goodman M (2003). "Implications of natural selection in shaping 99,4% nonsynonymous DNA identity between humans and chimpanzees: enlarging genus Homo.". Proc Natl Acad Sci U S A 100: 7181–8. PMID 12766228. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2008. Consultado o 20 de xullo de 2017.
- ↑ Welcome to the family Arquivado 02 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Brunet, M.; Guy, F.; Pilbeam, D.; Mackaye, H.; Likius, A.; Ahounta, D.; Beauvilain, A.; Blondel, C.; Bocherens, H.; Boisserie, J.; De Bonis, L.; Coppens, Y.; Dejax, J.; Denys, C.; Duringer, P.; Eisenmann, V.; Fanone, G.; Fronty, P.; Geraads, D.; Lehmann, T.; Lihoreau, F.; Louchart, A.; Mahamat, A.; Merceron, G.; Mouchelin, G.; Otero, O.; Pelaez Campomanes, P.; Ponce De Leon, M.; Rage, J.; Sapanet, M.; Schuster, M.; Sudre, J.; Tassy, P.; Valentin, X.; Vignaud, P.; Viriot, L.; Zazzo, A.; Zollikofer, C. (2002). "A new hominid from the Upper Miocene of Chad, Central Africa". Nature 418: 145–51. PMID 12110880. doi:10.1038/nature00879.
- ↑ "El descubridor del homínido más antiguo del mundo pone en duda su edad". La Nación (en castelán). AFP. 1 de setembro de 2008. Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ Wolman, David (2008). «Fossil Feces Is Earliest Evidence of N. America Humans» National Geographic (en inglés)
- ↑ U.S. Census Bureau, Population Division/International Programs Center (ed.). "World POPClock Projection". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2010. Consultado o 05 de xullo de 2008. (en inglés)
- ↑ Algúns gobernos manteñen equipos de investigación permanentes.
- ↑ Whitehouse, David. «World's population reaches six billion». BBC News, 5 de agosto de 1999 (consultado o 5 de febreiro de 2008).
- ↑ "Half of humanity set to go urban", BBC News (en inglés)
- ↑ Urban, Suburban, and Rural Victimization, 1993-98 Arquivado 25 de agosto de 2009 en Wayback Machine. U.S. Department of Justice, Bureau of Justice Statistics (consultado o 29 de outubro de 2006). (en inglés)
- ↑ Scientific American (1998). "Evolution and General Intelligence: Three hypotheses on the evolution of general intelligence" Arquivado 13 de setembro de 2006 en Wayback Machine.. (en inglés)
- ↑ "Climate". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2007. Consultado o 30 de maio de 2007. (en inglés)
- ↑ American Association for the Advancement of Science. Foreword Arquivado 04 de marzo de 2008 en Wayback Machine.. AAAS Atlas of Population & Environment.
- ↑ Wilson, E.O. (2002). a The Future of Life. (en anglès)
- ↑ "Variation in Human Body Size and Shape -- Annual Review of Anthropology". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 2017-07-21.
- ↑ Larsen, Clark Spencer (8 de maio de 2003). "Equality for the sexes in human evolution? Early hominid sexual dimorphism and implications for mating systems and social behavior". Proceedings of the National Academy of Sciences 100 (16): 9103–9104. PMID 12886010. doi:10.1073/pnas.1633678100. Consultado o 21 de xullo de 2017.
- ↑ Danuel E. Brown. Human Biologica Diversity. 2010. Pearson Educantion Inc. New York. (véxase pax. 107)
- ↑ Livshits, Gregory; Roset, A.; Yakovenko, K.; Trofimov, S.; Kobyliansky, E. (2002-06). "Genetics of human body size and shape: body proportions and indices". Annals of Human Biology 29 (3): 271–289. PMID 12031137. doi:10.1080/03014460110085322.
- ↑ de Beer H. (2004). "Observations on the history of Dutch physical stature from the late-Middle Ages to the present". Econ Hum Biol 2: 45–55. PMID 15463992. doi:10.1016/j.ehb.2003.11.001. (en inglés)
- ↑ "Pygmy". Britannica Concise Encyclopedia. Encyclopædia Britannica, Inc. (2006). Answers.com (consultado o 30 de outubro de 2006). (en inglés)
- ↑ Human weight Arquivado 08 de decembro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Why Humans and Their Fur Parted Way de Nicholas Wade, New York Times, 19 de agosto de 2003. (en inglés)
- ↑ Rogers, Alan R.; Iltis, David i Wooding, Stephen (2004). "Genetic variation at the MC1R locus and the time since loss of human body hair". Current Anthropology 45: 105–108. doi:10.1086/381006. (en inglés)
- ↑ 43,0 43,1 Greaves, Mel (2014-04-22). "Was skin cancer a selective force for black pigmentation in early hominin evolution?". Proceedings of the Royal Society of London B: Biological Sciences 281 (1781): 20132955. PMID 24573849. doi:10.1098/rspb.2013.2955. Consultado o 2017-07-21.(en inglés)
- ↑ Jablonski, N.G.; Chaplin, G. (2000). The evolution of human skin coloration Arquivado 14 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (pdf), 'Journal of Human Evolution 39: 57-106.
- ↑ Harding, Rosalind M.; Eugene Healy, Amanda J. Ray, Nichola S. Ellis, Niamh Flanagan, Carol Todd, Craig Dixon, Antti Sajantila, Ian J. Jackson, Mark A. Birch-Machin i Jonathan L. Rees (2000). Evidence for variable selective pressures at MC1R. American Journal of Human Genetics 66: 1351 – 1361.
- ↑ Robin, Ashley (1991). Biological Perspectives on Human Pigmentation. Cambridge: Cambridge University Press. (en inglés)
- ↑ Collins, Desmond (1976). The Human Revolution: From Ape to Artist, pàg. 208. (en anglès)
- ↑ Segundo a reportaxe de Newsweek do 2 de xullo de 2007, cada minuto morre unha muller no mundo como resultado dun parto, a maioría de veces por mor de hemorraxias incontroladas e infeccións, sobre todo entre as mulleres pobres. O risco estímase en 1:16 na África subsahariana, en contraste co 1:2.800 no mundo desenvolvido.
- ↑ LaVelle M (1995). "Natural selection and developmental sexual variation in the human pelvis". Am J Phys Anthropol 98: 59–72. PMID 8579191. doi:10.1002/ajpa.1330980106.
- ↑ Correia H, Balseiro S, De Areia M (2005). "Sexual dimorphism in the human pelvis: testing a new hypothesis". Homo (en inglés) 56: 153–60. PMID 16130838. doi:10.1016/j.jchb.2005.05.003.
- ↑ 51,0 51,1 Rush D (2000). "Nutrition and maternal mortality in the developing world". Am J Clin Nutr (en inglés) 72: 212 S–240 S. PMID 10871588.
- ↑ Unicef (ed.). "Monitoring the situation of children and women". Childinfo. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2008. Consultado o 30 de maio de 2007. (en inglés)
- ↑ Khor G (2003). "Update on the prevalence of malnutrition among children in Asia". Nepal Med Coll J (en inglés) 5: 113–22. PMID 15024783.
- ↑ Revista Newsweek (2 de xullo de 2007) (en inglés)
- ↑ The World Factbook Arquivado 07 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine., CIA (consultado o 2 de abril de 2005). (en inglés)
- ↑ U.N. Statistics on Population Ageing, comunicado de prensa das Nacións Unidas, 28 de febreiro de 2002, consultado o 2 de abril de 2005. (en inglés)
- ↑ Diamond, Jared (1997). Why is Sex Fun? The Evolution of Human Sexuality (en inglés). Basic Books. pp. 167-170. ISBN 0-465-03127-7.
- ↑ Paul Rincon (29 de abril de 2004). BBC News, ed. "Nature". Consultado o 13 de xaneiro de 2009. (en inglés)
- ↑ Vegan Society (ed.). "Nutrition". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2007. Consultado o 14 de febreiro de 2007. (en inglés)
- ↑ Baik, H. W. & Russell, R. M. (1999). Vitamin B12 deficiency in the elderly. Annual review of nutrition, 19(1), 357-377(en inglés)
- ↑ Stabler, S. P., & Allen, R. H. (2004). Vitamin B12 deficiency as a worldwide problem. Annu. Rev. Nutr., 24, 299-326(en inglés)
- ↑ "Vegetarian Diets". Journal of the American Dietetic Association 103: 748–765. 2003. doi:10.1053/jada.2003.50142.Exemplar en liña Arquivado 26 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Death and DALY estimates for 2002 by cause for WHO Member States Organización Mundial da Saúde. Consultado o 29 de outubro de 2006. (en inglés)
- ↑ Murray C i Lopez A (1997). "Global mortality, disability, and the contribution of risk factors: Global Burden of Disease Study". Lancet 349: 1436–42. PMID 9164317. doi:10.1016/S0140-6736(96)07495-8. (en inglés)
- ↑ Earliest agriculture in the Americas Earliest cultivation of barley Arquivado 16 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. Earliest cultivation of figs – consultado o 19 de febreiro de 2007 (en inglés)
- ↑ 3-D Brain Anatomy, The Secret Life of the Brain, Public Broadcasting Service (consultado o 03 de abril de 2005). (en inglés)
- ↑ Sagan, Carl (1978). The Dragons of Eden. A Ballantine Book. ISBN 0-345-34629-7 (en inglés)
- ↑ 68,0 68,1 Jonathan Benthall Animal liberation and rights Arquivado 03 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. Anthropology Today], vol 23 núm 2, páx. 1 – abril del 2007 (en inglés)
- ↑ Tamén se comprobou que hai pombas que superaron o test. Véxase Robert W. Allan en lafayette.edu Arquivado 01 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "Self-recognition in an Asian elephant". Proc Natl Acad Sci U S A. PMID 17075063. (en inglés)
- ↑ Consciousness and the Symbolic Universe, do Dr Jack Palmer, consultado o 17 de marzo de 2006. (en inglés)
- ↑ Researchers home in on how brain handles abstract thought, consultado o 29 de xullo de 2006 (en inglés)
- ↑ Dennett, Daniel (1991). Consciousness Explained. Little Brown & Co, 1991, ISBN 0-316-18065-3. (en inglés)
- ↑ Skinner, B.F. About Behaviorism 1974, pàgina 74-75
- ↑ Skinner, B.F. About Behaviorism, capítulo 7: Thinking (en inglés)
- ↑ A teoría da libido considera o desenvolvemento e as motivacións humanas como manifestacións da evolución do impulso sexual. A «Libido», Enciclopèdia Catalana.
- ↑ Buss, David M. (2004). The Evolution of Desire: Strategies of Human Mating. Edición revisada. Nova York: Basic Books. (en inglés)
- ↑ Thornhill, R.; Palmer, C. T. (2000). A Natural History of Rape. Biological Bases of Sexual Coercion. Cambridge: MIT Press. (en inglés)
- ↑ Número de falantes nativos e secundarios (estatística do ano 2000)
- ↑ The World's Most Widely Spoken Languages Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ É coñecida a afirmación de Heidegger segundo a cal a linguaxe é a casa do ser (Haus donis Seins) e da esencia humana.
- ↑ Collins, Desmond (1976). The Human Revolution: From Ape to Artist. pp. páx.208. (en inglés)
- ↑ Royal C, Dunston G (2004). "Changing the paradigm from 'race' to human genome variation". Nat Genet 36: S5–7. PMID 15508004. doi:10.1038/ng1454. (en inglés)
- ↑ Risch, N.; Burchard, E.; Ziv, E.; Tang, H. (2002). "Categorization of humans in biomedical research: genes, race and disease". Genome Biology 3: comment2007.2001 – comment2007.2012. PMID 12184798. doi:10.1186/gb-2002-3-7-comment2007. (en inglés)
- ↑ Hua Liu, [et al] (2006). "A Geographically Explicit Genetic Model of Worldwide Human-Settlement History". The American Journal of Human Genetics (en inglés) 79: 230–237. doi:10.1086/505436.
- ↑ Jorde L, Watkins W, Bamshad M, Dixon M, Ricker C, Seielstad M i Batzer M (2000). "The distribution of human genetic diversity: a comparison of mitochondrial, autosomal, and Y-chromosome data". Am J Hum Genet 66: 979–88. PMID 10712212. doi:10.1086/302825. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2017. (en inglés)
- ↑ "The Use of Racial, Ethnic, and Ancestral Categories in Human Genetics Research Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine." del "Race, Ethnicity, and Genetics Working Group". Am J Hum Genet. 2005, 77(4): 519–532. (en inglés)
- ↑ "Deconstructing the relationship between genetics and race Arquivado 01 de decembro de 2007 en Wayback Machine." Michael Bamshad, Stephen Wooding, Benjamin A. Salisbury i J. Claiborne Stephens. Nature Genetics (2004) 5:598-609 (en inglés)
- ↑ "ull/ng1438.html Implications of biogeography of human populations for 'race' and medicine" de Sarah A Tishkoff & Kenneth K Kidd. Nature Genetics 36, S21 - S27 (2004) (en inglés)
- ↑ "Genetic variation, classification and 'race'" de Lynn B Jorde & Stephen P Wooding. Nature Genetics' 36, S28 - S33 (2004) (en inglés)
- ↑ "The use of racial, ethnic, and ancestral categories in human genetics research". Am J Hum Genet 77: 519–32. 2005. PMID 16175499. doi:10.1086/491747. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2017. (en inglés)
- ↑ Edwards A (2003). "Human genetic diversity: Lewontin's fallacy". Bioessays 25: 798–801. PMID 12879450. doi:10.1002/bies.10315.
- ↑ Keita, S. O. Y.; Kittles, R. A.; Royal, C. D. M.; Bonney, G. E.; Furbert-Harris, P.; Dunston, D. M.; Rotimi, C. M. (2004). "Conceptualizing human variation", Nature Genetics 36, S17 - S20 (2004) doi 10.1038/ng1455 (en inglés)
- ↑ Max Weber. Max Weber's definition of the modern state 1918 Arquivado 12 de xuño de 2002 en Wayback Machine., 1918, (consultado o 17 de marzo de 2006) (en inglés).
- ↑ Ferguson, Niall. "The Next War of the World." Foreign Affairs, set-oct del 2006 (en inglés)
- ↑ US Government Accounting Office (GAO) (2000). "U.N. peacekeeping executive branch consultations with Congress did not fully meet expectations in 1999-2000" (PDF) (en inglés). p. 52.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ser humano |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Freeman, Scott; Jon C. Herron, Evolutionary Analysis (4a ed.) Pearson Education, Inc., 2007. ISBN 0-13-227584-8 páxinas 757–761.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- As claves da evolución humana(en castelán)
- Becoming Human Estudo da evolución humana dende múltiplos puntos de vista. (en inglés)