Saltar ao contido

Serie A de Ecuador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaSerie A de Ecuador
Editar o valor en Wikidata
Nome na lingua orixinal(es) Serie A de Ecuador Editar o valor en Wikidata
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Ecuatoriana de Fútbol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorEcuadorian Serie A (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEcuador Editar o valor en Wikidata
Vixencia1957 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadafebreiroEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialligapro.ec Editar o valor en Wikidata
Facebook: LigaProEC Twitter: LigaProEC Instagram: ligaproec Youtube: UCKKKqJL8Cr59JbRED90Insg Editar o valor en Wikidata

A Primeira Categoría Serie A é o campionato nacional de fútbol profesional en Ecuador, organizado anualmente pola Federación Ecuatoriana de Fútbol dende 1957. O torneo consta de 12 equipos, que xogan dúas fases. A primeira fase dispútase no primeiro semestre do ano, e consta de 22 xornadas, é dicir, 2 voltas. A segunda fase dispútase no segundo semestre do ano, e consta doutras 22 xornadas. Ó remate das dúas fases, dispútase unha final entre os gañadores das dúas fases, para determinar cal é o campión do torneo. O actual campión é o Deportivo Quito, que acadou en 2011 o seu 5º título; mentres que os clubs máis laureados na historia da competición son o Barcelona SC e o CD El Nacional con 13 títulos, seguidos do CS Emelec e do LDU Quito con 10 títulos.

Os equipos ecuatorianos non tiveron moito éxito ó longo da historia da Copa Libertadores, a máxima competición continental en Suramérica. O Barcelona SC xogou dúas finais, nos anos 1990 e 1998, caendo en ámbalas dúas finais, fronte ó Club Olimpia e ó CR Vasco da Gama. Posteriormente, en 2008 o LDU Quito disputou a final fronte ó Fluminense FC, acadando nesa ocasión por vez primeira un equipo ecuatoriano o éxito continental.

Equipos 2012

[editar | editar a fonte]
Equipo Cidade Primeira
participación
Tempadas
totais
Último
retorno
Tempadas
consecutivas
Campionatos
gañados
Barcelona SC Guayaquil 1957 53 - 48 13
CD Olmedo Riobamba 1971 19 2004 9 1
CD Cuenca Cuenca 1971 35 2002 11 1
CD El Nacional Quito 1964 49 1980 49 13
Independiente José Terán Sangolquí 2010 3 2010 3 0
CSD Macará Ambato 1960 29 2012 1 0
CS Emelec Guayaquil 1957 53 1981 48 10
Técnico Universitario Ambato 1978 24 2012 1 0
Liga de Loja Loja 2005 3 2011 2 0
Liga de Quito Quito 1960 51 2002 11 10
Manta FC Manta 2003 5 2009 4 0
Deportivo Quito Quito 1957 49 1980 35 5
  • En 1964 o Barcelona non disputou o Campionato Nacional.
  • O Deportivo Quito retornou a mediados de 1980 á Primeira División.
  • O El Nacional retornou a mediados de 1980 á Primeira División.
  • O Emelec retornou a mediados de 1981 á Primeira División.

Campións

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]