Sexismundo II Augusto de Polonia
Nome orixinal | (lt) Žygimantas Augustas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de agosto de 1520 Cracovia |
Morte | 7 de xullo de 1572 (51 anos) Knyszyn (pt) |
Lugar de sepultura | Catedral de Wawel (pt) |
Rei de Polonia | |
20 de febreiro de 1530 (Gregoriano) – 7 de xullo de 1572 (Gregoriano) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Polonia Gran Ducado de Lituania |
Actividade | |
Ocupación | estadista |
Lingua | Lingua polaca |
Outro | |
Título | Rei de Polonia Grand Duke of Lithuania (en) |
Familia | Dinastia Jaguelônica (pt) |
Cónxuxe | Catarina de Áustria (1553 (Gregoriano)–) Bárbara Radziwiłł (1547 (Gregoriano)–) Isabel de Habsburgo (1543 (Gregoriano)–) |
Parella | Barbara Gizanka Diana di Cordona (en) |
Fillos | Barbara Woroniecka (en) () Barbara Gizanka |
Pais | Sigismundo I o Velho (pt) e Bona Sforza (pt) |
Irmáns | Anna Jagiellon (en) , Regina Szafraniec (en) , Catarina Jagelão (pt) , Anna Jagiellon (pt) , Isabela Jagiellon (pt) , Sofia Jagelão (pt) , Katharina of Poland, Countess of Montfort (en) , Hedvig da Polónia (pt) , Wojciech Olbracht (en) e John Jagiellon (en) |
Sexismundo II Augusto de Polonia (en polaco: Zygmunt II August; en ruteno: Żygimont III Awgust I; en lituano: Žygimantas III Augustas I; en alemán: Sigismund II. August) nado en Cracovia en 1520 e finado en Knyszyn en 1572, foi rei de Polonia e gran duque de Lituania (1548-1572). Era fillo de Sexismundo I e da princesa Bona Sforza de Milán. Foi o derradeiro da súa dinastía e tras a súa morte, a Unión de Lublin converteuse nunha monarquía electiva.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aceptou as reformas da Dieta (1562-1563), base do parlamentarismo polaco. Foi tolerante co calvinismo que se estendeu polo reino. En 1569 proclamou a unión de Polonia e Lituania nunha república común, a República das Dúas Nacións (en polaco Rzeczpospolita Obojga Narodów). A tolerancia relixiosa e o auxe cultural caracterizaron o seu reinado.
Tivo tres esposas:
- Sabela de Habsburgo, arquiduquesa de Austria. Filla do emperador Fernando I.
- Bárbara Radziwiłł.
- Catarina de Habsburgo, arquiduquesa de Austria. Filla do emperador Fernando I.
Con ningún destes matrimonios tivo descendencia; por este motivo, ó morrer, a coroa pasou a ser electiva.