Saltar ao contido

Sinusite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinusite
Clasificación e recursos externos
Radiografía que amosa conxestión do orificio nasal maxilar esquerdo sinalado cunha frecha.
DiseasesDB000647
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A sinusite[1] é unha resposta inflamatoria da mucosa do nariz e dos seos paranasais que pode deberse a unha infección por axentes bacterianos, virais, fungos, un cadro alérxico ou a unha combinación destes factores. Case sempre está acompañada de inflamación da mucosa nasal ou está precedida dela.[2][3]

Caracterízase por rinorrea (secreción polo nariz), obstrución nasal e dor facial; pode haber hiposmia ou anosmia, tose, febre, fatiga, dor dentaria, halitose e malestar ótico.

De acordo coa duración da doenza pode ser cualificada como aguda se dura menos de catro semanas, subaguda se a súa duración é de catro a doce semanas e unha forma crónica con máis de doce semanas de doenza.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sinusite.
  2. Fokkens, W. J.; Lund, V. J.; Mullol, J.; Bachert, C.; Alobid, I.; Baroody, F. (marzo de 2012). "European Position Paper on Rhinosinusitis and Nasal Polyps 2012" (PDF). Rhinology (en inglés) (Ámsterdam) 50 (1): 1–12. ISSN 0300-0729. PMID 22764607. doi:10.4193/Rhino50E2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2017. Consultado o 26 de maio de 2017. 
  3. García Díaz, Gloria Estela; Rosana Elsa, Medina Ibarra; Yuribia Karina, Millán Gámez; Armando, Paredes Becerril; Salbador, Zárate Camacho (2009). "Diagnóstico y tratamiento de sinusitis aguda" (PDF). Catalogo Maestro de Guías de Práctica Clínica (México: CENETEC). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2017. Consultado o 26 de maio de 2017.