Sly Stone
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Sylvester Stewart 15 de marzo de 1943 (81 anos) Denton, Estados Unidos de América (pt) |
Outros nomes | Sly Stone |
Relixión | Igreja de Deus em Cristo (pt) |
Educación | Vallejo High School (en) Solano Community College (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, produtor musical, director de orquestra, cantautor, compositor de cancións, cantante, pianista, líder de banda |
Período de actividade | 1952 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Soul e Funk |
Instrumento | Guitarra, voz e teclado |
Selo discográfico | Epic Records |
Familia | |
Irmáns | Freddie Stone Rose Stone |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | slystonemusic.com |
|
Sylvester Stewart, nado 15 de marzo de 1943 e máis coñecido polo seu nome artístico Sly Stone, é un músico, compositor e produtor musical estadounidenses coñecido sobre todo como líder da banda Sly and the Family Stone, xogando un papel crítico no desenvolvemento do funk coa súa pioneira fusión de soul, rock, psicodelia e gospel nos anos 60 e 70. AllMusic dixo que "James Brown pode ter inventado o funk, pero Sly Stone perfeccionouno", e acredítao como "creandor dunha serie de discos eufóricos pero políticamente cargados que demostraron unha gran influencia en artistas de todas as orixes musicais e culturais".[1] Crawdaddy! chamouno "o fundador do soul progesivo".[2]
Nado en Texas e medrado na Bay Area do note de California, Stone dominaba varios instrumentos a curta idade e interpretab música gospel de neno cos seus irmáns (e futuros compañeiros de banda) Freddie e Rose. A mediados dos 60 traballou tanto como produtor musical para Autumn Records como disc jockey para a emisora de radio KDIA de San Francisco. En 1966, Stone e o seu irmán Freddie uniron as súas bandas para formar Sly and the Family Stone, un grupo de xénero mixto racialmente integrado. A banda conseguiría varios temas exitosos, como "Dance to the Music" (1968), "Everyday People" (1968), "Thank You (Falettinme Be Mice Elf Agin)" (1969), "I Want to Take You Higher" (1969) "Family Affair" (1971) e "If You Want Me to Stay" (1973), e aclamados álbums como Stand! (1969), There's a Riot Goin' On (1971) e Fresh (1973).
A mediados dos 70 o abuso das drogas e o errático comportamento de Stone acabaron co grupo, sacando varios álbums en solitario pouco exitosos. En 1993 foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame como membro do grupo.[3] Participou nun tributo a Sly and the Family Stone nos premios Grammy de 2006, a súa primeira actuación en vivo dende 1987.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sylvester "Sly Stone" Stewart Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-16.
- ↑ Contemporary musicians : profiles of the people in music. Detroit, Mich.: Gale Research. ©1989-. p. 257. ISBN 0-8103-5403-9. OCLC 20156945.
- ↑ "Sly and the family Stone". Rock & Roll Hall of Fame. Consultado o 2022-12-16.