Saltar ao contido

Soiuz TMA-17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TMA-17
TipoTripulada
Data de lanzamento20 de decembro de 2009, 21:52 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión162,23 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso2 de xuño de 2010, 3:25 GMT[1][5]
NSSDC ID2009-074A
Masa7200 kg[5]

Soiuz TMA-17 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 20 de decembro de 2009 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TMA-17 foi lanzada cos cosmonautas Timothy Creamer, Oleg Kotov e Soichi Noguchi a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-130, STS-131 e STS-132 e dos cargueiros Progress M-04M e Progress M-05M. A nave regresou o 2 de xuño de 2010 á 3:25 GMT.[2][3][4]

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-7 estaba formada por Satoshi Furukawa, Anton Shkaplerov e Douglas Wheelock.[5][2]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 17" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 17" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 10 May 2010 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-54995 (E)). 6 de xullo de 2010: 7. Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 1 - 22 (7K-STMA, 11F732A17)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-17" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]