Spider-Man: Across the Spider-Verse
Spider-Man: Across the Spider-Verse | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Spider-Man: Across the Spider-Verse |
Director |
|
Produtor |
|
Guión | |
Baseado en | Personaxes de Marvel Comics |
Intérpretes | |
Música | Daniel Pemberton |
Montaxe | Michael Andrews |
Estudio |
|
Distribuidora | Sony Pictures Releasing |
Estrea | Regency Village Theater: 30 de maio de 2023 2 de xuño de 2023 |
Duración | 140 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | 100–150 millóns de dólares[2][3] |
Recadación | 690,9 millóns de dólares |
Filme anterior | Spider-Man: Into the Spider-Verse |
Na rede | |
https://www.sonypicturesanimation.com/projects/films/spider-man-spider-verse-sequel | |
|
Spider-Man: Across the Spider-Verse é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Joaquim Dos Santos, Kemp Powers e Justin K. Thompson. Baséase no personaxe de Marvel Comics Miles Morales, foi producido por Columbia Pictures e Sony Pictures Animation en asociación con Marvel Entertainment, e distribuído por Sony Pictures Releasing. É a secuela de Spider-Man: Into the Spider-Verse (2018) e a segunda película da franquía Spider-Verse, que está ambientada nun multiverso de chamado "Spider-Verse". O guión foi escrito por Phil Lord, Christopher Miller, quen tamén producen e David Callaham. Shameik Moore é a voz de Miles, xunto coas voces de Hailee Steinfeld, Brian Tyree Henry, Lauren Vélez, Jake Johnson, Jason Schwartzman, Issa Rae, Karan Soni, Shea Whigham, Greta Lee, Daniel Kaluuya, Mahershala Ali e Oscar Isaac. No filme, Miles vive unha aventura con Gwen Stacy / Spider-Woman polo multiverso, onde coñece a un equipo de Spiders dirixido por Miguel O'Hara / Spider-Man 2099 coñecido como Spider-Society, pero entra en conflito con eles ao manexar unha nova ameaza na forma do Spot.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Shameik Moore como Miles Morales / Spider-Man
- Hailee Steinfeld Gwen Stacy / Spider-Gwen
- Brian Tyree Henry como Jeff Morales
- Lauren Vélez como Rio Morales
- Jake Johnson como Peter B. Parker / Spider-Man
- Jason Schwartzman como Johnathon
- Issa Rae como Jess Drew / Spider-Woman
- Karan Soni como Pavitr Prabhakar / Spider-Man India
- Daniel Kaluuya como Hobie Brown / Spider-Punk
- Oscar Isaac como Miguel O'Hara / Spider-Man 2099
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Spider-Man: Across the Spider-Verse (PG)". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ Couch, Aaron (25 de maio de 2023). "The Widening Web of Phil Lord and Chris Miller". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2023. Consultado o 25 de maio de 2023.
- ↑ Lee, Chris (23 de xuño de 2023). "Spider-Verse Artists Say Working on the Sequel Was 'Death by a Thousand Paper Cuts'". Vulture. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2023. Consultado o 24 de xuño de 2023.
Multiple Across the Spider-Verse crew members... describe the process of making the $150 million Sony project as uniquely arduous...