Steven Weinberg
Steven Weinberg, nado en Nova York o 3 de maio de 1933 e finado en Austin, Texas, o 23 de xullo de 2021,[1] foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1979.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia xudía. Estudou no Bronx High School of Science, onde coñeceu a Sheldon Lee Glashow, e licenciouse en física en 1954 na Universidade Cornell. No ano 1957 conseguiu o doutoramento na Universidade de Princeton.
Revolucionou a física de partículas, a teoría cuántica de campos e a cosmoloxía con con conceptos que aínda hoxe forman parte dos fundamentos do noso coñecemento da realidade física.[2]
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa colaboración con Sheldon Lee Glashow e Abdus Salam ao redor da interacción electrodébil, demostrando como o electromagnetismo e a forza nuclear débil baixo certas condicións son unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as partículas e non tanto só aos leptóns. En 1979 Weinberg, xunto con Sheldon Glashow e Abdus Salam, serían galardoados co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil, que levaron ó descubrimento no CERN dos bosóns Z e W no 1983.
Co seu traballo, levou á unificación ó paso seguinte a Newton coa súa unificación de leis gravitacionais celestes e terrestres e a comprensión de Maxwell de que os fenómenos eléctricos e magnéticos son expresión dunha única forza.[2]
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gravitation and Cosmology: Principles and Applications of the General Theory of Relativity (1972)
- The First Three Minutes: A Modern View of the Origin of the Universe (1977)[3]
- The Discovery of Subatomic Particles (1983)
- Elementary Particles and the Laws of Physics: The 1986 Dirac Memorial Lectures (1987, realizada coa colaboración de Richard Feynman)
- Dreams of a Final Theory: The Scientist's Search for the Ultimate Laws of Nature (1993)
- Quantum Theory of Fields (3 volums: 1995, 1996 i 2003)
- Facing Up: Science and its Cultural Adversaries (2001)
- Glory and Terror: The Coming Nuclear Danger (2004)
- Facing Up: Science and Its Cultural Adversaries (2003)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "UT Austin Mourns Death of World-Renowned Physicist Steven Weinberg" (en inglés). University of Texas at Austin. Consultado o 2021-07-24.
- ↑ 2,0 2,1 "Steven Weinberg 1933–2021". CERN Courier (en inglés). 2021-07-26. Consultado o 2021-07-28.
- ↑ Editado en castelán como "Los tres primeros minutos del universo"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Steven Weinberg |