Saltar ao contido

Strigopoidea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Strigopoidea
Rango fósil: Mioceno temperán á actualidade

kaka, subespecie da illa Norte
(Nestor meridionalis septentrionalis)
no Zoo de Auckland, Nova Zelandia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
(sen clasif.): Psittacopasserae (clado)
Orde: Psittaciformes
Superfamilia: Strigopoidea
Bonaparte, 1849

Os Strigopoidea (estrigopoideos) son unha superfamilia de papagaios (Psittaciformes) todos eles endémicos de Nova Zelandia,[1] que consta de polo menos tres xéneros: os vivos Nestor e Strigops, o fósil Nelepsittacus,[2][3] e probablemente o fósil Heracles.[4] O xénero Nestor consta (segundo os nomes maorís locais) do kea, e de tres especies de kaka,[5][6] mentres que o xénero Strigops comprende o famoso kakapo.[5]. Os xéneros agrúpanse nunha soa familia (Strigopidae) ou en dúas (Strigopidae e Nestoridae), dependendo da clasificación utilizada. As especies do xénero Nelepsittacus eran endémicas das illas principais, mentres que as dúas especies extintas do xénero Nestor atopábanse en illas oceánicas próximas como a illa Chatham de Nova Zelandia e a illa Norfolk e a adxacente illa Phillip.

O kaka da illa Norfolk (Nestor productus) e o kaka da illa Chatham (Nestor chathamensis) extinguíronse en época recente,[6][7] mentres que as especies do xénero Nelepsittacus extinguíronse hai 16 millóns de anos. Todas as especies extintas, e as actuais kakapo, kea, e o kaka que queda (coas súas dúas subespecies) están ameazadas.[8][9][10] As actividades humanas causaron dúas extincións e o declive das outras tres especies. Os colonos introduciron especies invasoras, como porcos e falanxéridos, que lles comían os ovos a estas aves que nalgunhas especies facían o niño no chan, e outros declives adicionais foron causados pola súa caza como alimento, matalos por consideralos pragas, perda de hábitat e a introdución de avespas.[11][12][13]

A superfamilia diverxeu dos outros papagaios hai uns 82 millóns de anos cando as terras de Nova Zelandia se separaron de Gondwana, mentres que os antepasados dos xéneros Nestor e Strigops diverxeron entre si hai entre 60 e 80 millóns de anos.[14][15]

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Non houbo consenso sobre a taxonomía dos Psittaciformes ata recentemente. A situación das especies dos Strigopoidea foi variable no pasado.[16] Esta superfamilia é unha das tres nas que se divide a orde Psittaciformes; as outras dúas son as dos Cacatuoidea (cacatúas) e Psittacoidea (papagaios "verdadeiros").[17] Aínda que algúns taxónomos inclúen tres xéneros (Nestor, Nelepsittacus e Strigops) na familia única Strigopidae, outros sitúan a Nestor e Nelepsittacus na familia Nestoridae e manteñen só a Strigops na Strigopidae (polo que habería dúas familias).[17][18] Tradicionalmente, as especies da superfamilia Strigopoidea estaban situdas na superfamilia Psittacoidea, pero varios estudos confirmaron a situación separada deste grupo na base da árbore evolutiva dos papagaios.[14][17][19][20]

Filoxeografía

[editar | editar a fonte]

Propúxose unha hipótese sobre a filoxeografía deste grupo, que proporciona un exemplo de varios mecanismos de especiación en funcionamento. Neste escenario, os antepasados deste grupo quedaron illados do resto dos papagaios cando se separou Nova Zelandia de Gondwana hai uns 82 millóns de anos, o que tivo como resultado a separación física dos dous grupos.[14][15] Este mecanismo denomínase especiación alopátrica. Co paso do tempo, os antepasados dos dous xéenros superviventes, Nestor e Strigops, adaptáronse a diferentes nichos ecolóxicos. Isto causou un illamento reprodutivo, un exemplo de especiación ecolóxica.[15] No Plioceno, hai uns cinco millóns de anos, a formación dos Alpes do Sur orixinou unha diversificación da paisaxe e proporcionou novas oportunidades para a especiación dentro do xénero Nestor. Hai arredor de tres millóns de anos, unha liñaxe adaptouse ás grandes alturas e outra ás baixas. A liñaxe de grande altura deu lugar aos modernos keas, mentres que a de baixa altitude deu lugar a varias especies de kaka.[15] As poboacións que vivían en illas diverxeron rapidamente das especies das illas principais dando novas especies, unha vez que algunhas poucas aves errantes chegaban a unha illa axeitada e establecíanse nela, quedando illadas. Tanto o kaka da illa Norfolk coma o da illa Chatham son o resultado deste tipo de migración dun número limitado de individuos a illas afastadas e a súa posterior adaptación ao hábitat particular desas illas.[15] A falta de material de ADN do kaka da illa Chatham fai difícil establecer con precisión cando ocorreu este episodio de especiación. Finalmente, en tempos recentes, as poboacións de kaka das illas Norte e Sur quedaro illadas entre si debido á subida do nivel do mar cando os glaciares continentais se fundiron ao final do Plistoceno.[15]

Ata tempos modernos, Nova Zelandia e as illas que a rodean non estiveron habitadas por mamíferos de catro patas (morcegos si había antes), unhas condicións ambientais que permitiron que algunhas aves se adaptasen a facer niños no chan e outras perdesen a capacidade de voar.

As especies de periquito pertencentes ao xénero Cyanoramphus (chamados kakariki en Nova Zelandia) pertencen á superfamilia Psittacoidea dos papagaios "verdadeiros" e están estreitamente relacionados co xénero Eunymphicus endémico de Nova Caledonia. Esta especie, que non é un estrigópido, tamén chegou a Nova Zelandia entre hai 450 000 e 625 000 anos desde Australia pasando primeiro por Nova Caledonia.[21]

Sábese pouco sobre o kaka da illa Chatham. O xénero Nelepsittacus consta de tres especies descritas e unha non descrita atopadas en depósitos do Mioceno en Otago.[3] O xénero Heracles consta dunha especie xigante tamén descrita a partir de restos do Mioceno temperán de Otago.[4]

Nome común maorí local
(nome binomial)
Status
Imaxe Descrición Distribución e hábitat
Nestoridae
Kea

(Nestor notabilis)
En perigo[10]

48 cm de longo. Principalmente verde oliva con partes inferiores e mitra escarlata. Plumas coas beiras escuras. Peteiro marróns escuro, iris, patas e pés. Os machos teñen un peteiro máis longo.[22] Nova Zelandia: Illa Sur

Bosques de altura e matos subalpinos 850–1400 m sobre o nivel do mar.[23]
Kaka da illa Sur

(Nestor meridionalis meridionalis)
En perigo[9]

Similar ao kaka da illa Norte, pero lixeiramente máis pequeno, cores máis brillantes, o píleo é case branco e o peteiro é máis longo e máis arqueado nos machos.[24] Nova Zelandia: Illa Sur

Áreas con bosques das árbores Nothofagus e Podocarpus a 450–850 m de altura en verán e a 0–550 m en inverno.[23]
Kaka da illa Norte

(Nestor meridionalis septentrionalis)
En perigo[9]

Duns 45 cm de longo. Principalmente marrón oliva con beiras das plumas escuras. Partes inferiores, mitra e colar carmesís. Meixelas douradas/marróns. O píleo é cincento.[24] Nova Zelandia: Illa Norte

Bosques ininterrompidos de Nothofagus e Podocarpus entre os 450–850 m de altura en verán e 0–550 m en inverno.[23]
Kaka da illa Norfolk

(Nestor productus)
Extinto aproximadamente en 1851.[7]

Dunha lonxitude duns 38 cm. Partes superiores principalmente marrón oliva, meixelas e gorxa laranxas-(avermelladas), peito pardo, coxas, mitra e abdome inferior laranxas escuro.[5] Antes era endémico da illa Norfolk e a adxacente illa Phillip[25]

Rochas e árbores.[5]
Kaka da illa Chatham

(Nestor chathamensis)
Extinto entre 1550 e 1700[6]

Aspecto descoñecido, pero os seus ósos indican unha capacidade de voar reducida Só coñecido por restos óseos subfósiles.[6] Antes endémico da illa Chatham de Nova Zelandia

Bosques.[6]
Strigopidae
Kakapo

(Strigops habroptila)
En perigo crítico[8]

Papagaios grandes e gordiños de 58 a 64 cm de longo; os machos son máis grandes que as femias e pesan de 2 a 4 kg na madureza. Principalmente verdes con barras con manchas marróns e amarelas, as partes inferiores son amarelo-verdosas. A súa face é pálida e semella algo a dun bufo.[26] Nova Zelandia: illas Maud, Chalky, Codfish e Anchor.
 
Bosques en clímax de Nothofagus e Podocarpus, mato subalpino en rexeneración, praderías nivais de Danthonia a 10–1400 m de altura sobre o nivel do mar.[23]

Nomes comúns locais

[editar | editar a fonte]
Distribución actual das especies existentes e distribución de todas as anteriores especies extintas de pequenas illas.[23]

Xeralmente a estas aves se lles dan os nomes tradicionais maorís (māori).[27] A palabra maorí kākā deriva do antigo proto-polinesio e significa 'papagaio'.[28] Kākāpō é unha ampliación lóxica dese nome, xa que significa 'noite', polo que sería o 'kākā da noite' ou 'papagaio da noite', o que reflicte os costumes nocturnos da especie.[29] (Na ortografía moderna da lingua maorí, as versións longas das vocais a e o escríbense cun macrón, que é unha raia por riba; é dicir, como ā e ō).[30][31] A etimoloxía de kea en maorí é menos clara; podería ser onomatopéica da súa chamada que soa como kee-aah.[5][32]

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]
O kea está ben adaptado á vida na zona alpina, como estes nos Alpes do Sur. A montaña máis alta de Nova Zelandia, o monte Aoraki (Monte Cook), vese ao fondo.

A situación illada de Nova Zelandia fixo difícil que os mamíferos chegasen ás illas. Isto reflíctese na ausencia de mamíferos autóctonos que non sexan morcegos. Os principais predadores alí eran as aves: gabiáns, falcóns, bufos e a enorme aguia extinta Harpagornis moorei. Moitas das adaptacións que se encontran na avifauna reflicten o contexto único no cal evolucionaron. Este equilibrio único foi alterado coa chegada dos polinesios, que introduciron nas illas a rata polinesia Rattus exulans e o extinto can polinesio (kuri). Posteriormente, os europeos introduciron moitas máis especies, incluíndo grandes herbívoros e mamíferos predadores.

As tres especies de papagaios existentes desta familia ocupan nichos ecolóxicos bastante diferentes, como resultado das dinámicas filoxeográficas desta superfamilia. O kakapo é unha especie nocturna non voadora, con bo camuflaxe para evitar as aves de presa diúrnas grandes da illa, xa que os bufos locais son demasiado pequenos como para cazar kakapos de noite. O kakapo é a única ave non voadora do mundo que usa un sistema de lek para reproducirse. Xeralmente, reprodúcense só unha vez cada 3–5 anos cando certas árbores podocarpáceas como o Dacrydium cupressinum dan abundantes froitos.

O kea está ben adaptado á vida a grandes altitudes e poden observarse regularmente na neve nas estacións de esquí. Como na zona alpina non hai árbores, aliméntanse no chan en vez de nas árbores como sería típico dos papagaios.

Relacións cos humanos

[editar | editar a fonte]

Importancia para os maorís

[editar | editar a fonte]

Os papagaios foron importantes para os maorís de diferentes maneiras. Cazábanos para comer, tíñanos como animal de compañía e usaban as súas plumas para coselas[33] en roupas como os kahu huruhuru (manto de plumas).[34] Tamén usaban as plumas para decorar a punta da taiaha, unha arma maorí, pero quitábanas no momento da batalla.[35] As peles de kakapo coas plumas unidas utilizábanse para facer mantos (kākahu) e capas de vestidos (kahu kākāpō), especialmente polas viúvas e fillas de xefes.[35] Os maorís gostaban de referirse ao kākā na tauparapara, o encantamento co que empezaba o seu mihi (tributo), porque a súa voz (reo) é continua.[36][37]

Das cinco especies de estrigopoideos, os kakas da illa Norfolk[7][25] e da Chatham[6] extinguíronse no período histórico recente. O último exemplar de kaka de Norfolk coñecido morreu en catividade en Londres en 1851,[38] e só se conservaron entre sete[39] e 20[40] peles do animal. O kaka da illa Chatham extinguiuse entre 1550 e 1700 nos tempos preeuropeos, unha vez que os polinesios chegaron a illa, e del só quedan óso subfósiles.[6] Das especies superviventes, o kakapo está en perigo crítico,[8][26] e só quedan 209 individuos vivos. O kaka das illas grandes Nestor meridionalis está na lista das especies en perigo da IUCN,[9][24] xunto co kea.

A fauna de Nova Zelandia evolucionou durante longo tempo en ausencia de humanos e doutros mamíferos terrestres. Antes da colonización humana os únicos mamíferos presentes eran unhas poucas especies de morcegos, e os únicos depredadores eran aves de presa que cazaba utilizando a vista. Estas circunstncias influíron na evolución dos papagaios de Nova Zelandia, por exemplo, as adaptacións para facerse unha ave non voadora do kakapo ou para a reprodución no chan do kea.[35] Os polinesios chegaron a Aotearoa (Nova Zelandia) entre o 800 e o 1300 d.C.,[41] e introduciron o can (kuri) e a rata (kiore) polinesios.[35][42] Isto foi desastroso para a fauna nativa, porque os mamíferos predadores poden localizar as presas polo olfacto e a fauna nativa non evolucionara para defenderse diso.[35]

O kakapo foi cazado pola súa carne, pel e plumas. Cando chegaron os primeiros colonos europeos, o kakapo xa estaba en declive, pero aínda estaba moi espallado.[35] A eliminación a grande escala de bosques e zonas arbustivas destruíu o seu hábitat á vez que se introduciron máis predadores como ratas, gatos e armiños, para os cales as aves non voadoras que nidificaban no chan eran doadas de capturar.

O kaka de Nova Zelandia necesita grandes extensións de bosque para prosperar e a continua fragmentación dos bosques debido á agricultura e a explotación da madeira tivo efectos devastadores sobre esta especie. Outra ameaza foi a competición con especies introducidas polo alimento, por exemplo cos falanxéridos Trichosurus vulpecula por plantas como o visco endémico e os Metrosideros e coas avespas polas secrecións de melaza dos insectos cocoideos. As femias, crías e ovos son particularmente vulnerables nos ocos de árbores nos que aniñan.

O kea nidifica en buratos do chan, polo que tamén é vulnerable aos predadores introducidos. Outra ameaza importante, orixinada polo desenvolvemento das zonas alpinas, é a súa dependencia oportunista de fontes de alimento de orixe humano (por exemplo en estacións de esquí) a medida que as fontes naturais minguan.[13]

Conservación

[editar | editar a fonte]

Elaboráronse programas para a conservación do kakapo e o kaka, mentres que ao kea tamén se lle fai un seguimento estreito.[43] Os 209 kakapos vivos están todos dentro dun programa de conservación. A cada un se lle deu un nome para un mellor control.

  1. Nestoridae e Strigopidae descríbense no mesmo artigo de Bonaparte, C.L. (1849) Conspectus Systematis Ornithologiae. Por tanto, segundo as regras do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, o primeiro revisor determina a prioridade, o cal é Bonaparte, C.L. (1850), Conspectus Generum Avium, E.J. Brill, Leyden.
  2. Christidis L, Boles WE (2008). Systematics and Taxonomy of Australian Birds. Canberra: CSIRO Publishing. p. 200. ISBN 978-0-643-06511-6. 
  3. 3,0 3,1 Worthy, Trevor H.; Tennyson, Alan J. D.; Scofield, R. Paul (2011). "An early Miocene diversity of parrots (Aves, Strigopidae, Nestorinae) from New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 31 (5): 1102–16. doi:10.1080/02724634.2011.595857. 
  4. 4,0 4,1 Worthy, Trevor H.; Hand, Suzanne J.; Archer, Michael; Schofield, R. Paul; De Pietri, Vanesa L. (2019). "Evidence for a giant parrot from the early Miocene of New Zealand". Biology Letters 15 (8): 20190467. PMC 6731479. PMID 31387471. doi:10.1098/rsbl.2019.0467. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Forshaw, Joseph M.; Cooper, William T. (1981) [1973, 1978]. Parrots of the World (corrected second ed.). David & Charles, Newton Abbot, London. ISBN 0-7153-7698-5. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Millener, P. R. (1999). "The history of the Chatham Islands' bird fauna of the last 7000 years – a chronicle of change and extinction. Proceedings of the 4th International meeting of the Society of Avian Paleontology and Evolution (Washington, D.C., June 1996).". Smithsonian Contributions to Paleobiology 89: 85–109. 
  7. 7,0 7,1 7,2 BirdLife International (2008). "Nestor productus". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. [1] Arquivado 23 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
  8. 8,0 8,1 8,2 BirdLife International (2008). "Strigops habroptila". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. [2] Arquivado 30 de maio de 2009 en Wayback Machine.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 BirdLife International (2008). "Nestor meridionalis". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. [3] Arquivado 23 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
  10. 10,0 10,1 BirdLife International (2008). "Nestor notabilis". IUCN Red List of Threatened Species. 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. [4] Arquivado 14 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
  11. "Threats to Kākāpō". Department of Conservation Te Papa Atawbai. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2009. Consultado o 2008-12-31. 
  12. "Threats to Kākā". Department of Conservation Te Papa Atawbai. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2008. Consultado o 2008-12-31. 
  13. 13,0 13,1 "Threats to Kea". Department of Conservation Te Papa Atawbai. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2009. Consultado o 2008-12-31. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Wright, T.F.; Schirtzinger E. E.; Matsumoto T.; Eberhard J. R.; Graves G. R.; Sanchez J. J.; Capelli S.; Muller H.; Scharpegge J.; Chambers G. K.; Fleischer R. C. (2008). "A Multilocus Molecular Phylogeny of the Parrots (Psittaciformes): Support for a Gondwanan Origin during the Cretaceous". Mol Biol Evol 25 (10): 2141–2156. PMC 2727385. PMID 18653733. doi:10.1093/molbev/msn160. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 Grant-Mackie, E.J.; J.A. Grant-Mackie; W.M. Boon; G.K. Chambers (2003). "Evolution of New Zealand Parrots". NZ Science Teacher 103. 
  16. Para unha discusió sobre as posicións taxonómicas máis antigas ver Sibley, Charles Gald; Jon E. Ahlquist (1991). Phylogeny and Classification of Birds. Yale University Press.  Para as toxonomías máis recentes ver Christides.
  17. 17,0 17,1 17,2 Leo Joseph, Alicia Toon, Erin E. Schirtzinger, Timothy F. Wright & Richard Schodde. (2012) A revised nomenclature and classification for family-group taxa of parrots (Psittaciformes). Zootaxa 3205: 26–40
  18. Homberger, D. G. (2006). "Classification and the status of wild populations of parrots". En Luescher AU. Manual of parrot behavior. Ames, Iowa: Blackwell Publishing. pp. 3–11. ISBN 978-0-8138-2749-0. 
  19. Tokita, M; Kiyoshi T; Armstrong KN (2007). "Evolution of craniofacial novelty in parrots through developmental modularity and heterochrony". Evolution & Development 9 (6): 590–601. PMID 17976055. doi:10.1111/j.1525-142X.2007.00199.x. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  20. de Kloet, RS; de Kloet SR (2005). "The evolution of the spindlin gene in birds: Sequence analysis of an intron of the spindlin W and Z gene reveals four major divisions of the Psittaciformes". Molecular Phylogenetics and Evolution 36 (3): 706–721. PMID 16099384. doi:10.1016/j.ympev.2005.03.013. 
  21. Boon, W. M.; Kearvell, J.; Daugherty, C. H.; Chambers, G. K. (2001). "Molecular systematics and conservation of kakariki (Cyanoramphus spp.)" (PDF). Science for Conservation 176. 
  22. "Kea – BirdLife Species Factsheet". BirdLife International. 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 Juniper, Tony; Mike Parr (1998). Parrots: A Guide to Parrots of the World. Yale University Press. ISBN 978-0300074536. 
  24. 24,0 24,1 24,2 "Kaka – BirdLife Species Factsheet". BirdLife International. 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  25. 25,0 25,1 "Norfolk Island Kaka – BirdLife Species Factsheet". BirdLife International. 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  26. 26,0 26,1 "Kakapo – BirdLife Species Factsheet". BirdLife International. 2008. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2009. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  27. "Maori Bird Names". Kiwi Conservation Club. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2010. Consultado o 12 December 2012. 
  28. "Kaakaa". Polynesian Lexicon Online. Consultado o 2012-02-29. 
  29. "kakapo". The American Heritage Dictionary of the English Language: Fourth Edition. 2000. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2008. Consultado o 2008-12-31. 
  30. "The Māori Language – Ko Te Reo". Consultado o 2009-01-01. 
  31. "Māori dictionary". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 2009-01-02. 
  32. "kea". The American Heritage Dictionary of the English Language: Fourth Edition. 2000. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2008. Consultado o 2008-12-31. 
  33. Evans, Miriama; Ranui Ngarimu; Creative New Zealand; Norman Heke (2005). The Art of Māori Weaving. Wellington, N.Z.: Huia Publishers. ISBN 978-1-86969-161-5. 
  34. "Kahu huruhuru (feather cloak)". Museum of New Zealand Te Papa Tongarewa. Consultado o 2008-12-31. 
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 35,5 Tipa, Rob (2006). "Kakapo in Maori lore" (PDF). Notornis 53: 193–194. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2008-10-14. 
  36. "Putting Together a Mihi for a Hui" (PDF). maori.org.nz Main Maori Site on the Net!. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 2009-01-02. 
  37. "Slideshow: Manu – Birds". maori.org.nz Main Maori Site on the Net!. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-01-02. 
  38. Greenway, James Cowan (1967). Extinct and Vanishing Birds of the World (2nd ed.). New York: Dover Publications. 
  39. "Nestor productus – Norfolk Island Kaka specimen(s) in the ZMA". Nlbif.eti.uva.nl. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2011. Consultado o 2008-12-28. 
  40. "Naturalis – Extinct bird: Nestor productus (Norfolk Island Kaka)". Nlbif.eti.uva.nl. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2011. Consultado o 2008-12-28. 
  41. Douglas G. Sutton, ed. (1994). The Origins of the First New Zealanders. Auckland: Auckland University Press. ISBN 1-86940-098-4. 
  42. Tahana, Yvonne (2 June 2010). "Rare rats off the hook as DoC gives them island sanctuary". The New Zealand Herald. Consultado o 17 February 2019. 
  43. "DOC's work with Kea". Department of Conservation Te Papa Atawbai. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2009. Consultado o 2008-12-31.