Saltar ao contido

Super 12 2004

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaSuper 12 2004
Tipotempada deportiva Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorSANZAR Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísAustralia Editar o valor en Wikidata
Data2004 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoACT Brumbies Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos69 Editar o valor en Wikidata

2003 Editar o valor en Wikidata
2005 Editar o valor en Wikidata

A tempada 2004 do Super 12 (actual Super Rugby) foi a 9ª edición da máxima competición mundial de rugby entre franquías, organizada no hemisferio Sur pola SANZAR, entre equipos de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica. Esta edición do torneo contou con 12 equipos, que disputaron unha tempada regular con 12 xornadas, seguida duns playoffs entre os 4 mellores equipos. O campionato foi gañado polos ACT Brumbies, o equipo de Canberra que acadou así o seu 2º título, vencendo na final ós Crusaders de Christchurch.

A primeira xornada disputouse o 20 de febreiro de 2004, mentres que a final tivo lugar en Canberra o día 22 de maio de 2004.

Tempada regular

[editar | editar a fonte]
Equipos Xogados Gañados Empates Perdidos Pts A Prol Pts Contra Dif. Pts Bonus PUNTOS
1 Australia Brumbies 11 8 0 3 408 269 +139 8 40
2 Crusaders 11 7 0 4 345 303 +42 6 34
3 Stormers 11 7 0 4 286 260 +26 5 33
4 Chiefs 11 7 0 4 274 251 +23 5 33
5 Blues 11 6 1 4 337 309 +28 6 32
6 Bulls 11 5 1 5 302 320 -18 6 28
7 Sharks 11 5 0 6 267 305 -38 8 28
8 Australia Waratahs 11 5 0 6 342 274 +68 7 27
9 Highlanders 11 4 1 5 299 347 -48 8 26
10 Australia Reds 11 5 0 6 217 246 -29 5 25
11 Hurricanes 11 4 1 6 275 303 -28 5 23
12 Cats 11 1 0 10 294 459 -165 7 11

Eliminatorias polo título

[editar | editar a fonte]
O Canberra Stadium acolleu a final desta edición do Super 12.
  Semifinais Final
             
15 de maio, Canberra
 1. Australia ACT Brumbies 32  
 4. Waikato Chiefs 17  
 
22 de maio, Canberra
     1. Australia ACT Brumbies 47
   2. Crusaders 38
15 de maio, Christchurch
 2. Crusaders 27
 3. Stormers 16  


Estatísticas

[editar | editar a fonte]

O máximo anotador de puntos do torneo foi Daniel Carter, dos Crusaders, con 201 puntos.

Os máximos anotadores de ensaios foron Mark Gerrard e Stirling Mortlock, ámbolos dous dos ACT Brumbies, con 10.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]