Saltar ao contido

Supernova de Kepler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Supernova de Kepler

A supernova de Kepler ou SN 1604, é o termo usado para a supernova observada en 1604. Kepler non foi o seu primeiro observador, mais foi quen publicou os principais estudos sobre ela. A explosión ocorreu fai 20.000 anos atrás, e a súa luz chegou á Terra en 1604.

A supernova foi inicialmente observada no norte da Italia o 9 de outubro de 1604, e Kepler iniciou as súas observacións o 17 de outubro.

Restos de supernova

[editar | editar a fonte]

As observacións actuais mostran restos de supernova no lugar onde estaba esta estrela. A composición da imaxe de raios X do Chandra (azul e verde), óptica do Telescópio Espacial Hubble (amarelo) e infra-vermella do Telescopio Espacial Spitzer (vermello) mostra unha nube de gas e po que posúe 14 anos-luz de diámetro e se expande a 2.000 quilómetros por segundo. A imaxe óptica revela gas a 10.000 °C onde a onda de choque da supernova afecta ás rexións máis densas de gas nas proximidades. A imaxe infra-vermella destaca partículas de po microscópica espallada e quentada pola onda de choque da supernova. Os datos dos raios X mostran rexións con gas a millóns de graos ou partículas de enerxía extremamente alta. Os raios X con enerxía maior (de cor azul) proveñen principalmente das rexións de detrás da face de choque. Os raios X con enerxía menor (de cor verde) marcan a localización dos restos quentes da estrela que estoupou.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]