Saltar ao contido

Tansei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tansei foi unha serie de satélites artificiais xaponeses usados para facer probas tecnolóxicas. Eran xestionados polo ISAS.[1]

Tansei 1 foi lanzado o 16 de febreiro de 1971 mediante un foguete M-4S desde o Centro Espacial de Kagoshima. Tiña forma de poliedro de 26 caras cun diámetro de 71,2 cm e 63 kg de masa. O satélite recolleu datos do seu voo que gravaba en cinta magnética para logo retransmitilos a terra. Como alimentación eléctrica usaba baterías capaces de manter o satélite en funcionamento unha semana.[1][2]

Tansei 2 foi lanzado o 16 de febreiro de 1974 mediante un foguete M-3C desde o Centro Espacial de Kagoshima. Con 65 kg de masa, a bordo levaba equipamento para probar un sistema de control de actitude magnético, un sistema de supervisión dos sistemas de a bordo e un sistema de telemetría por radio.[1][3]

Tansei 3 foi lanzado o 19 de febreiro de 1977 a bordo dun M-3H desde Kagoshima. A súa esperanza de vida era de dúas semanas. Pesaba 134 kg e foi adicado a medir o rendemento do seu foguete lanzador, experimentar cun novo sistema de estabilización magnética e medir a radiación ultravioleta.[1][4]

Tansei 4 engalou o 17 de febreiro de 1980 sobre un M-3S desde Kagoshima. Pesaba 134 kg e foi adicado a medir o rendemento do foguete lanzador M-3S e facer probas a bordo con novas tecnoloxías.[1][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2024). "Tansei" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2024. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "MS T1 (Tansei 1)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2024. 
  3. Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "MS T2 (Tansei 2)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2024. 
  4. Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "MS T3 (Tansei 3)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2024. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "MS T4 (Tansei 4)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]