Tarsius wallacei
- Artigo principal: Tarsiiformes.
Tarsius wallacei Tarsio de Wallace | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
CC[1] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Tarsius wallacei Merker, Driller, Dahruddin, Wirdateti, Sinaga, Perwitasari-Farajallah & Shekelle, 2010 |
Tarsius dentatus é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme da familia dos tarsíidos e xénero Tarsius,[1] coñecido na bibliografía internacional como tarsio de Wallace.
É un pequeno tarsio arborícola de cor parda, endémico das selvas da provincia de Sulawesi Central (Célebes Central), Indonesia, onde hai dúas poboacións, unha ao norte e outra ao sur, separadas pola baía de Palu, a cidade de Palu e a parte meridional do istmo de Palu, nunha zona habitada hoxe pola especie parapátrica[2] T. dentatus.
Os espécimes das dúas poboacións son morfoloxicamente similares, pero difiren no tamaño do animal.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie Tarsius wallacei foi descrita por primeira vez no ano 2010 por Stefan Merker et al. A especie tipo é un exemplar encontrado a uns 9 km ao sur da cidade de Palu, a capital de Sulawesi Central.[3]
O seu nome específico honra o naturalista británico Alfred Russel Wallace.
Características
[editar | editar a fonte]O tarsio de Wallace é similar en tamaño e aparencia a outros tarsios das terras baixas. Ten unha lonxitude de cabeza e tronco de entre 10 e 15 cm, sendo algo máis grande que o tarsio pigmeo (Tarsius pumilus). Os seus ollos son grandes, e presenta unha máscara facial branca claramente definida e manchas detrás das orellas. A cola é longa, espida e cun gran penacho na porción terminal. A súa pelaxe é de cor parda amarelada, agás na garganta, que é de cor cobre. Aínda que morfoloxicamente é moi similar a outras especies de tarsios que habitan na illa Célebes, ten unha vocalización distintiva, e a análise xenética mostra que as secuencias do ADN mitocondrial e do cromosoma Y son únicas.[3]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Tarsius wallace é unha especie endémica da illa de Célebes. Existen dúas poboaciones separadas pola baía de Palu, a cidade de Palu (capital da provincia de Célebes central) e a parte sur do istmo de Palu. A poboación meridional ocupa unha superficie de aproximadamente 50 km2. Este tarsio é arbóreo e habita en bosques primarios e secundarios e en áreas degradadas.[1]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) cualificou o status desta especie como CC (datos insuficientes) porque ten unha área de dispersión limitada, especialmente a poboación meridional, e a poboación total se descoñece, aínda que se cre que está diminuíndo xa que moitos bosques se desmantelaron para dar paso a cultivos, e non se dispón de suficiente información para avaliar o seu estado de conservación. A poboación setentrional está protexida (teoricamente) na Reserva da Natureza de Gunung Sojol. Porén, a poboación meridional ten unha área de dispersión tan pequena que calquera retroceso da poboación podería ter un alto impacto.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Merker, S. (2013): Tarsius wallacei na Lista vermella de especies ameazadas da UICN- Versión 2015-4. Consultada o 24-02-2016.
- ↑ Tipo de especiación na que a nova especie xorde en hábitats marxinais, habitualmente nos límites de distribución dunha poboación central de maior tamaño.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Merker, S.; Driller, C.; Dahruddin, H.; Wirdateti; Sinaga, W.; Perwitasari-Farajallah, D.; Shekelle, M. (2010). "Tarsius wallacei: A new tarsier species from central Sulawesi occupies a discontinuous range". International Journal of Primatology 31 (6): 1107–1122. doi:10.1007/s10764-010-9452-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tarsius wallacei |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brandon-Jones, D.; A. A. Eudey, T. Geissmann, C. P. Groves, D. J. Melnick, J. C. Morales, M. Shekelle & C. B. Stewart (2004):
"Asian Primates Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97-164. Resumo.
- Chiarelli, A. B. (1972): Taxonomic Atlas of Living Primates. Londres, Reino Unido e Nova York, USA: Academic Press. ISBN 0-1217-2550-2.
- Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA e Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-5609-8872-X.
- Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5.
- Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, USA: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-0790-9508-9.
- VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292.
- Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
- Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future. New Brunswick, New Jersey, USA: Rutgers University Press.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wallace’s tarsier (Tarsius wallacei) en ARKive (en inglés).
- Tarsius wallacei na EOL (en inglés).
- Tarsius wallacei Merker et al., 2010 (Wallace's tarsier) Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks (en inglés)
- Neue Zwerg-Affenart entdeckt en idw-Informationsdienst Wissenschaft (en alemán).
- Neue Zwergaffen-Art entdeckt. Forscher kamen neuer Spezies durch deren Gesang auf die Spur en Scinexx.de (en alemán).