Saltar ao contido

Taurus (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un Taurus 1110 na rampla de lanzamento.

Taurus, tamén coñecido como Minotaur-C, foi o nome dun foguete espacial dos Estados Unidos propulsado en tódalas súas etapas por propelente sólido.[1][2][3][4][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Houbo cinco versións do Taurus en función das súas capacidades. Tódalas versións usaron unha primeira etapa TU-903 ou Castor 120 e unha cuarta etapa Orion 38, mentres que a segunda e terceira variaron entre versións. Para a denominación das versións usábase un código de catro números como segue:[1][2][3][4][5][6]

  • O primeiro díxito indica a primeira etapa: un 1 para unha etapa TU-903 e un 2 para Castor 120.
  • O segundo díxito indica o tamaño da cofia: 1 para unha pequena e 2 para unha grande.
  • O terceiro indica o tipo da cuarta etapa, cun 1 sendo unha Orion 38 e un 2 unha Star-37FM.
  • O cuarto díxito úsase para sinalar a existencia dunha quinta etapa opcional, cun 0 para a ausencia desta etapa e un 3 para indicar o uso dunha quinta etapa Star-37FM.

Taurus-1110

[editar | editar a fonte]

Tamén coñecido como Minotaur-C-1110, era capaz de poñer en órbita baixa terrestre ata 1400 kg, usaba unha segunda etapa Orion 50ST e unha terceira etapa Orion 50T. Lanzáronse tres foguetes desta versión.[1][2]

Taurus-2110

[editar | editar a fonte]

Podía poñer en órbita baixa ata 1450 kg, usaba unha segunda etapa Orion 50ST e unha terceira Orion 38. Lanzáronse dous foguetes desta versión, fallando un. Tamén coñecido como Minotaur-C-2110..[1][3]

Taurus-2210

[editar | editar a fonte]

Taurus-2210 ou Minotaur-C-2210 podía poñer en órbita baixa 1450 kg usando unha segunda etapa Orion 50ST e unha terceira etapa Orion 38. Lanzouse un foguete desta versión.[1][4]

Taurus-3110

[editar | editar a fonte]

Taurus-3110 (Minotaur-C-XL-3110) era capaz de poñer en órbita baixa 1450 kg e 445 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria usando unha segunda etapa Orion 50SXLT e unha terceira etapa Orion 38. Lanzáronse dous foguetes desta versión, fallando ambos.[1][5]

Taurus-3210

[editar | editar a fonte]

Coñecido tamén como Taurus XL e Minotaur-C-XL-3210, podía enviar 1275 kg a órbita baixa e 880 a órbita heliosincrónica. Usaba unha segunda etapa Orion 50SXLT e unha terceira Orion 38. Lanzáronse dous foguetes desta versión, os dous con éxito.[1][6]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[1][2][3][4][5][6] Data[1][2][3][4][5][6] Rampla de lanzamento[1][2][3][4][5][6] Carga[1][2][3][4][5][6] Resultado[1][2][3][4][5][6] Notas
1 13 de marzo de 1994 Base Vandenberg da Forza Aérea STEP 0 (P90-5, USA 101) / DARPASAT (USA 102) Éxito. Primeiro voo dun Taurus. Voou a versión 1110.
2 10 de febreiro de 1998 Base Vandenberg da Forza Aérea GFO / Orbcomm FM03 / Orbcomm FM04 / Celestis 03 Éxito Versión 2210.
3 3 de outubro de 1998 Base Vandenberg da Forza Aérea STEX (USA 140) / ATEx-UEB / ATEx-LEB Éxito Versión 1110.
4 21 de decembro de 1999 Base Vandenberg da Forza Aérea KOMPSAT 1 (Arirang 1) / ACRIMSat / Celestis 04 Éxito Versión 2110.
5 13 de marzo de 2000 Base Vandenberg da Forza Aérea MTI (P97-3) Éxito Versión 1110.
6 21 de setembro de 2001 Base Vandenberg da Forza Aérea OrbView 4 / QuikTOMS / SBD / Celestis 05 Fallo Versión 2110.
7 20 de maio de 2004 Base Vandenberg da Forza Aérea ROCSAT 2 Éxito Versión 3210.
8 24 de febreiro de 2009 Base Vandenberg da Forza Aérea OCO Fallo Versión 3110
9 4 de marzo de 2011 Base Vandenberg da Forza Aérea Glory / E1P / KySat 1 / Hermes Fallo Versión 3110
10 31 de outubro de 2017 Base Vandenberg da Forza Aérea SkySat 8 / SkySat 9 / SkySat 10 / SkySat 11 / SkySat 12 / SkySat 13 / Flock-3m 1 a 4 Éxito Versión 3210
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Mark Wade (2022). "Taurus" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Taurus-1110 (ARPA-Taurus) / Minotaur-C-1110" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Taurus-2110 (Commercial-Taurus) / Minotaur-C-2110" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Taurus-2210 (Commercial-Taurus) / Minotaur-C-2210" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Taurus-3110 (Taurus-XL) / Minotaur-C-XL-3110" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Taurus-3210 (Taurus-XL) / Minotaur-C-XL-3210" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]