Saltar ao contido

Temburong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distrito de Temburong
Mapa
Datos básicos
País Brunei
Capital Bangar
Superficie 1.166 km2
Poboación 9.300
Provincias 5


Temburong é un distrito (daerah) de Brunei. A capital é Bangar. Este é o único distrito que se encontra separado do resto do territorio, o que o converte nun exclave do sultanato.

O distrito limita coa baía de Brunei polo norte e con Malaisia polo leste.

O río Sungai Temburong discorre a través de todo o distrito e o río Sungai Pandaruan forma polo leste a fronteira con Malaisia.

Provincias

[editar | editar a fonte]
  • Bangar
  • Labu
  • Batu Apoi
  • Amo
  • Bokok