Terceira idade
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2018) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
O termo terceira idade fai referencia á poboación de persoas maiores e xubiladas, normalmente de 65 ou máis anos. Este grupo de idade está crecendo na pirámide de poboación ou distribución por idades na estrutura da poboación; a baixa taxa de natalidade e a mellora da calidade de vida e a esperanza de vida son as causas principais que producen este feito.
Os nados no ano 1960 e seguintes, están agora entrando no grupo dos maiores. Isto crea tensións, pois aumentan os orzamentos da seguridade social e a poboación activa estaríase adaptando a esta nova situación, que aínda ten unha aptitude estereotipada de prexuízos, visible na redución do presunto problema a política social de seguridade social e máis residencias.
Pero a incipiente nova socioloxía da terceira idade ten outras dimensións: considerar a estas persoas como un grupo cultural nunha estratificación da poboación por grupos de idade, con igualdade de trato e igualdade de dereitos, pero isto na práctica pódese traducir pobremente ou só nun interesante segmento de consumidores e de clientela política, que de novo é reduccionista, pois asume homoxeneidade, ademais a exclusión do mercado laboral remunerado non quita a súa inclusión en actividades típicas do voluntariado, comisións municipais, residencias, centro social, bibliotecas e outras institucións con enfoque comunitario, asociacionista e participativo como persoa e cidadán, Shanas (1968 e 1977), co concepto da 'construción social da terceira idade' contra conceptos discriminantes, que como símbolos e sentimentos poden ser cambiados, Butler (1975 e 1980), removendo cara a adiante a nova idade e isto é obvio cun enfoque de interaccionismo simbólico, Henslin (2000), e manterse activo é a 'Teoría da Actividade', con perspectiva funcionalista, para ser útil e máis feliz. Finalmente hai outro punto de vista de conflitos intergxeracionais e da súa solución en substitucións de cohortes.
A terceira idade é estudada pola Xeriatría e a Xerontoloxía desde puntos de vista de Calidade de vida e fundamentos científicos. Unha Tecnoloxía social desenvolveuse como apoio e industrialización de avances científicos.
O tema da senectude como preparación para a vellez preocupou a Platón (s. -V) en 'A República' e Cicerón (s. -II) en 'De Senectude' son escritos na ontoloxía das categorías de idades, que se configurou arredor de 'modos de ser', relacionados co decurso mesmo da vida persoal. Hai parágrafos que no esencial son idénticos en ambos autores. As 'apostilas ó diálogo da vellez' en Internet é un eloxio ó pensamento de Cicerón.
As diferentes denominacións: senectude, ancianidade, vellez, maiores, segunda mocidade, terceira idade, 'séniors', 'aging', teñen o propósito de esquecer prexuízos. Tamén os estudos sociolóxicos asignaron prioridades ó tema e varían nas distintas sociedades e épocas a par de vivenda, saúde e transportes, que son algunhas das necesidades primarias e nalgúns casos alimentación. Tamén hai abuso dos maiores como discriminación por idade nos ambientes laborais.
O Día Internacional das Persoas de Idade celébrase o 1 de outubro.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Asemblea Xeral das Nacións Unidas (14 de decembro de 1990). "Resolución 45/106" (en castelán). Punto 15. Consultado o 13 de setembro de 2018..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: terceira idade |