The Simpsons (tempada 5)
A quinta tempada da serie animada The Simpsons foi emitida orixinalmente pola cadea FOX dende o 30 de setembro de 1993 até o 19 de maio de 1994. O show runner da quinta tempada foi David Mirkin, quen produciu vinte episodios. Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes, os cales foron vestixios da tempada anterior. A tempada contén varios dos episodios que foron elixidos coma os mellores da serie, incluíndo Cape Feare e Rosebud.[1] Tamén inclúe ao episodio número 100, Sweet Seymour Skinner's Baadasssss Song. A tempada foi nomeada para dous Premios Primetime Emmy e gañou un Premio Annie na categoría «Mellor programa animado de televisión», ademais dun Premio Environmental Media e un Premio Genesis. A versión en DVD foi lanzada á venda na Rexión 1 o 21 de decembro de 2004, na Rexión 2 o 21 de marzo de 2005 e na Rexión 4 o 23 de marzo do mesmo ano.
Episodios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Family Dynamic" (Entertainment Weekly ed.). 29 de xaneiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 1 de xaneiro de 2009.