Saltar ao contido

Thomas H. Ince

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas H. Ince

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Thomas Harper Ince Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Newport, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1924 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema, montador, escritor, guionista, director de cinema, actor, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1897 Editar o valor en Wikidata - 1924 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKay-Bee Pictures (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElinor Kershaw (1907–1924) Editar o valor en Wikidata
IrmánsWillette Kershaw
Ralph Ince
John Ince Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0408436 Allocine: 15985 Allmovie: p95430 IBDB: 46193
WikiTree: Ince-340 Find a Grave: 8320566 Editar o valor en Wikidata
En 1920

Thomas Harper Ince, nado en Newport (Rhode Island) o 6 de novembro de 1882 e finado no barrio de Hollywood, na cidade dos Ánxeles, o 19 de novembro de 1924 foi un director de cinema estadounidense, que destacou por un estilo rigoroso de produción baseado na planificación e supervisión.

Estivo ligado desde a súa infancia ao mundo da arte coñecendo diferentes clases de espectáculos. Os seus irmáns John Ince e Ralph Ince tamén foron actores e directores de cinema. Faleceu en circunstancias pouco claras.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo dos actores de teatro John Ince e Emma Brennan Ince. Aos quince anos xa participara en distintos espectáculos e mesmo traballou en Broadway como cantante e bailarín. En 1910 comezou a traballar como actor na Independence Motion Picture Company de Carl Laemmele. En 1911 pasou a traballar para a New York Motion Picture Company no barrio de Edenlade (Os Ánxeles), onde o seu primeiro filme foi o western Bar Z's New Cook estreado o 12 de decembro de 1911 e no que traballou como director, produtor, guionista e actor. Nese tempo os estudios trasladáronse a un lugar máis amplo localizado seis quilómetros ao norte de Santa Monica que sería coñecido como Inceville e contratou a compañía dos irmáns Miller, un circo que rodaba os seus propios filmes, composta por unhas 350 persoas.

O estudio comezou con dous vestiarios e unha plataforma sobre a que se montaban os decorados. Tamén se empregou para filmar unha aldea próxima habitada principalmente por pescadores rusos e xaponeses e as súas familias. War on the Plains (1912), o primeiro filme no que apareceron os indios de Inceville, foi eloxiada pola crítica pola súa exactitude histórica, vestiario e fotografía. Para o filme Custer's Last Raid (1912) obtivo autorización do goberno estadounidense para contratar como extras uns cen sioux da reserva que se agregaron aos que xa traballaban habitualmente.

Ince dirixiu, escribiu e produciu persoalmente todos os filmes dos estudios ata o outono de 1912. A montaxe facíao na cociña da súa casa axudado pola súa esposa, que pasaba os filmes mentres el se ocupaba de cortar e unir os negativos. Máis tarde comezou a compartir a tarefa con Francis Ford. En 1912 a compañía fusionouse coa Universal e comezou unha loita de poder que finalizou cando a marca quedou para a Universal e Ince xunto a Adam Kessel e Charles O. Baumann, dous dos propietarios da Bison, fundou a Kay-Bee Productions[1]

O estilo de traballo de Ince caracterizábase por un estrito control sobre os custos económicos que contrastaba coa improvisación coa que en xeral se manexaba a industria, na que eran poucas as produtoras que partían de orzamentos estudados. Implantou moitos dos mecanismos da produción de filmes, como o uso dun guión de filmación detallado que contiña tamén información sobre quen estaba na escena, unha lista de todos os escenarios que se ían empregar ou o impreso de custos. Foi tamén o primeiro en requirir que houbese directores, montadores e guionistas especializados, o que facilitaba a produción de filmes en serie.

En 1914 rodou o filme The Battle of Gettysburg, no que empregou máis de oitocentos actores, que filmaba con oito cámaras desde ángulos diferentes en escenas bélicas dunha magnitude non vista con anterioridade. Creou logo a marca "Domino", coa que produciu filmes interpretados pola estrela xaponesa Tsuru Aoki e a súa compañía de artistas, para o que construíu unha aldea xaponesa en Santa Ynez. Alí filmou filmes en episodios como The Wrath of the Gods (1914) e The Typhonn, protagonizadas pola actriz e o seu marido, Sessue Hayakawa. Nos estudios chegou a haber unha misión española, unha vila holandesa cunha canle e un muíño de vento, unha cidade do Oeste, unha rúa antillana e un campamento indio.

Produciu unha gran cantidade de westerns con William S. Hart, ao que converteu na estrela do seu tempo,[2] unha liña moi rendible, mestres realizaba filmes de calidade con pretensións sociais con actores como Mildred Harris e William Desmond. Ince tamén escribiu un gran número de guións, incluíndo o destacado The Italian (1915).

En 1915 asociouse con D.W. Griffith e Mack Sennett para crear Triangle Motion Picture Company en Culver City ( California). Porén, tres anos despois vendeulles a súa parte e adquiriu gratuitamente do especulador inmobiliario Harry Culver un terreo de dezaseis acres na mesma localidade, xunta unha estrada poeirenta que logo sería o Boulevard Washington. Alí estableceu os Thomas H. Ince Studios, que estiveron activos entre 1919 e 1921. Ince deixou de dirixiu e dedicouse á expansión da empresa e á produción supervisando os guións, os encadramentos o traballo xeral de oito directores. En 1916 produciu Civilization, unha historia sobre a guerra e a paz nun país ficticio que favoreceu a campaña pacifista do presidente Woodrow Wilson durante a primeira guerra mundial. Entre os últimos filmes importantes producidos por Ince están Human Wreckage (1923), contra o abuso das drogas, e Anna Christie (1923). Os estudios foron adquiridos por Cecil B. Demille que os rebautizou como DeMille Studios.

Falecemento

[editar | editar a fonte]

O sábado 15 de novembro de 1924 en San Pedro (Os Ánxeles) o luxoso iate Oneida, do magnate William Randolph Hearst saíu para dar un paseo de fin de semana cara San Diego para festexar o 42 aniversario de Ince. Entre outros pasaxeiros estaban Charlie Chaplin, a xornalista Louella Parsons, o xerente de produción de Hearst Dr. Daniel Carson Goodman, o escritor Elinor Glyn e as actrices Marion Davies, Aileen Pringle, Jacqueline Logan, Seena Owen, Margaret Livingston e Julanne Johnston. Ince non puido subir a bordo porque as súas ocupacións atrasárono, polo que viaxou en tren a San Diego e chegou a mañá seguinte, asistindo o domingo noite á festa na súa honra. O luns cedo unha embarcación transportouno á costa acompañado polo doutor Goodman, licenciado en medicina, pero que non practicaba a profesión, e na noite do martes ao mércores faleceu. O certificado de defunción asinado polo seu médico persoal, o doutor Glasgow, indicaba ataque ao corazón como causa da súa morte. O corpo foi incinerado e pouco despois a súa viúva marchou a Europa.

Nos anos posteriores circularon historias opostas sobre o ocorrido no barco, algunhas delas contando que Hearst lle disparara nun ataque de celos ou ben accidentalmente mentres pelexaba con Chaplin a causa de Marion Davies. Logo Hearst empregaría o seu poder para encubrir o feito.[3] Arredor de 1927 a influente e temida xornalista do mundo do espectáculo Louella Parsons dixo que Hearst disparara a Ince na cabeza nun erro, xa que quería darlle a Chaplin, por sospeitar que era amante de Davies e por iso estaban ambos os dous invitados á viaxe, descubríndoos nunha situación comprometida. Ince, esperto polos gritos de Davies correría á escena e recibiría o disparo. Noutras versións Ince estaría na cociña buscando algo contra a dor de estómago e Hearst entraría confundíndoo con Chaplin ou recibiría o disparo que atravesaría a parede de madeira do seu camarote.

Abigail Kinsolving, secretaria de Marion Davies, agregou máis elementos de confusión ao dicir que esa fin de semana Ince a violara no iate. Meses despois deu a luz un bebé e morreu pouco despois nun accidente de automóbil preto do rancho de Hearst. O seu corpo foi atopado por dous escoltas de Hearst cunha sospeitosa nota de suicidio e a nena foi enviada a un orfanato co apoio económico de Davies.

O secretario de Chaplin Toraichi Kono tamén interveu afirmándolle á súa esposa que vira a Ince cando chegaba á costa cunha ferida de bala na cabeza. A historia espallouse rapidamente entre os traballadores domésticos xaponeses de Beverly Hills ata o punto de que o fiscal de San Diego se viu obrigado a iniciar unha investigación un mes despois do feito. A investigación limitouse a tomar declaración ao doutor Goodman, que explicou que unha vez en terra tomaron o tren cara aos Ánxeles xunto a Ince, pero como este se sentiu mal baixaron en Del Mar e rexistráronse nun hotel, no que Goodman chamou un médico. Goodman, sen aclarar se se trataba dun ataque ao corazón ou unha indixestión dixo que deixara o hotel antes de chegar a esposa de Ince. Con esta declaración pechouse a investigación.

Os rumores continuaron expandíndose entre a mesma xente que compartira a viaxe. Chaplin sempre negou estar alí e insistiu que visitou a Ince con Hearst e Davies máis adiante, afirmando que Ince morrera dúas semanas despois da súa visita, cando en realidade foi 48 horas despois de saír do iate. Marion Davies nunca recoñeceu que Chaplin, Goodman e Parsons estivesen a bordo a fin de semana, e que Nell Ince a chamou o luns pola tarde informándoa da morte de Ince, que realmente ocorreu o martes.

Parecera que Hearst recompensara a Louella Parsons polo seu silencio. Cando a viaxe, Parsons era columnista de cinema en Nova York e tralo feito, deulle un contrato vitalicio e estendeu a cobertura das súas colaboracións, co que iniciou o seu lendario poder sobre Hollywood. D.W. Griffith sempre dicía: "Todo o que hai que facer para ver a Hearst poñerse branco coma unha pantasma é mencionar o nome de Ince. Hai moitas cousas raras aí, pero Hearst é demasiado grande."

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • The Seven Ages (1905)
  • Richard III (1908)
  • The Cardinal's Conspiracy (1909)
  • King Lear (1909)
  • His New Lid (1910)
  • The Englishman and the Girl (1910)
  • Bar Z's New Cook (1911)
  • For Her Brother's Sake (1911)
  • Their First Misunderstanding (1911)
  • The Gangsters and the Girl (1914)
  • Artful Kate (1911)
  • Behind the Stockade (1911)
  • The Brand (1911)
  • A Dog's Tale (1911)
  • The Fisher-Maid (1911)
  • For Her Brother's Sake (1911)
  • Her Darkest Hour (1911)
  • The Hidden Trail (1911)
  • His Nemesis (1911)
  • The House That Jack Built (1911)
  • In Old Madrid (1911)
  • In the Sultan's Garden (1911)
  • Little Nell's Tobacco (1911)
  • Maid or Man (1911)
  • A Manly Man (1911)
  • Message in the Bottle (1911)
  • New Cook (1911)
  • Over the Hills (1911)
  • The Penniless Prince (1911)
  • Sweet Memories (1911)
  • The Aggressor (1911)
  • Across the Plains (1911)
  • The Dream (1911)
  • Their First Misunderstanding (1911)
  • The Battle of the Red Men (1912)
  • Blazing the Trail (1912)
  • The Clod (1912)
  • The Colonel's Son (1912)
  • The Colonel's Ward (1912)
  • A Double Reward (1912)
  • The Empty Water Keg (1912)
  • For Freedom of Cuba (1912)
  • For the Cause (1912)
  • The Law of the West (1912)
  • A Mexican Tragedy (1912)
  • War on the Plains (1912)
  • The Invaders (1912)
  • The Altar of Death (1912)
  • The Sergeant's Boy (1912)
  • Custer's Last Raid (1912)
  • The Desert (1912)
  • The Colonel's Peril (1912)
  • His Message (1912)
  • Soldier's Honor (1912)
  • The Outcast (1912)
  • The Lieutenant's Last Fight (1912)
  • The Post Telegraphers (1912)
  • The Deserter (1912)
  • The Crisis (1912)
  • The Indian Massacre / Heart of an Indian (1912)
  • The Tables Turned (1912)
  • Through the Flames (1912)
  • The Kid and the Sleuth (1912)
  • The Ambassador's Envoy (1913)
  • The Boomerang (1913)
  • Bread Cast Upon the Waters (1913)
  • Days of '49 (1913)
  • Granddad (1913)ř
  • The Hateful God (1913)
  • A Shadow of the Past (1913)
  • In Love and War / Call to Arms (1913)
  • The Battle of Gettysburg (1913)
  • The Drummer of the 8th (1913)
  • The Hour of Reckoning (1914)
  • The Last of the Line (1914)
  • The Village 'Neath the Sea (1914)
  • Out of the Night (1914)
  • The Death Mask (1914)
  • The Coward (1915)
  • The Toast of Death (1915)
  • The Cup of Life (1915)
  • The Alien / The Sign of the Rose (1915)
  • The Devil / Satan's Pawn (1915)
  • Dividend (1916)
  • Civilization (1916)
  • The Stepping Stone (1916)
  • Peggy (1916)
  • Anna Christie (1923)
  • Flicker Flashbacks No. 1 (1947) (escenas tomadas de Behind the Stockade, 1909)

Guionista

[editar | editar a fonte]
  • Little Nell's Tobacco (1910)
  • For the Queen's Honor (1911)
  • The Fortunes of War (1911)
  • The Forged Dispatch (1911)
  • The Stampede (1911)
  • Across the Plains (1911)
  • Sweet Memories (1911)
  • The Mirror (1911)
  • Bar Z's New Cook (1911)
  • The Army Surgeon (1912)
  • The Altar of Death (1912)
  • The Outcast (1912)
  • The Deserter (1912)
  • The Battle of the Red Men (1912)
  • The Indian Massacre (1912)
  • War on the Plains (1912)
  • The Battle of Gettysburg (1913)
  • In the Sage Brush Country (1914)
  • The Last of the Line (1914)
  • A Political Feud (1914)
  • The Fortunes of War (1914)
  • The Bargain (1914)
  • The Vigil (1914)
  • The Mills of the Gods (1914)
  • The Worth of a Life (1914)
  • The Word of His People (1914)
  • Stacked Cards (1914)
  • The Winning of Denise (1914)
  • An Eleventh Hour Reformation (1914)
  • The City (1914)
  • The Curse of Humanity (1914)
  • The Voice at the Telephone (1914)
  • The Wrath of the Gods (1914)
  • The Latent Spark (1914)
  • In the Cow Country (1914)
  • Out of the Night (1914)
  • Shorty Escapes Marriage (1914)
  • The Rightful Heir (1914)
  • Wolves of the Underworld (1914)
  • The Gringo (1914)
  • Desert Gold (1914)
  • O Mimi San (1914)
  • The Hammer (1915)
  • Tools of Providence (1915)
  • The Reward (1915)
  • The Conversion of Frosty Blake (1915)
  • Bad Buck of Santa Ynez (1915)
  • The Cup of Life (1915)
  • The Taking of Luke McVane (1915)
  • On the Night Stage (1915)
  • The Spirit of the Bell (1915)
  • The Roughneck (1915)
  • The Devil (1915)
  • Tricked (1915)
  • In the Switch Tower (1915)
  • The Girl Who Might Have Been (1915)
  • Satan McAllister's Heir (1915)
  • Winning Back (1915)
  • The Sheriff's Streak of Yellow (1915)
  • The Grudge (1915)
  • Mr. 'Silent' Haskins (1915)
  • The Scourge of the Desert (1915)
  • A Confidence Game (1915)
  • The Italian (1915)
  • The Despoiler (1915)
  • Aloha Oe (1915)
  • The Disciple (1915)
  • The Coward (1915)
  • Keno Bates, Liar (1915)
  • The Living Wage (1915)
  • A Knight of the Trails (1915)
  • The $100,000 Bill (1915)
  • Cash Parrish's Pal (1915)
  • The Ruse (1915)
  • The Deserter (1916)
  • The Last Act (1916)
  • Bullets and Brown Eyes (1916)
  • Ashes of Hope (1917)
  • The Family Skeleton (1918)
  1. "Motion Picture Studios of California en faculty.oxy.edu". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2008. Consultado o 07 de setembro de 2014. 
  2. "The Backlot Film Festival - History - Biografía de Thomas Ince en www.backlotfilmfestival.com". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 07 de setembro de 2014. 
  3. Debra Pawlak, The Mysterious Affair of Thomas Ince Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Consultado o 20 de outubro de 2008

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Madrid: F. Planeta S.A., ed. (1982). Thomas H. Ince en Historia Universal del Cine vol. 3 pág. 285. ISBN 84-7551-387-5. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]