Tigran Petrosian
Tigrán Vartánovich Petrosián (armenio: Տիգրան Վարդանի Պետրոսյան) (ruso: Тигра́н Варта́нович Петрося́н) , nado en Tbilisi o 17 de xuño de 1929 e finado en Moscova o 13 de agosto de 1984, foi un xadrecista soviético, campión do mundo entre 1963 e 1969.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De etnia armenia, naceu en Tbilisi, capital de Xeorxia e daquela pertencente á Unión Soviética. A súa carreira no xadrez tivo unha evidente e rápida ascensión nos torneos trienais de candidatos, rematando 5º en Zürich en 1953, 3º en Ámsterdam en 1956, 3º en Iugoslavia en 1959 e finalmente vencedor en Curazao en 1962. En 1963 derrotou a Mikhaíl Botvínnik 12,5-9,5, converténdose en Campión do mundo.
Petrosian defendeu o título en 1966, vencendo na contenda a Boris Spassky por 12,5-11,5, porén en 1969 volverían enfrontarse os dous xadrecistas soviéticos e nesta vez gañaría o aspirante por 12,5-10,5.
Deu o nome a un importante sistema de apertura: a variante Petrosián da Defensa India do rei (1. d4 Cf6 2. c4 g6 3. Cc3 Ag7 4. e4 d6 5. Cf3 O-O 6. Ae2 e5 7. d5 Cbd7 8. Ag5).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Anterior: | Campión do mundo de xadrez
1963-1969 |
Seguinte: |