Tobago
(en) Tobago | |||||
Tipo | illa división administrativa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas de Sotavento Antillas Menores | ||||
Situado na entidade xeográfica | Antillas Menores | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Trinidad e Tobago | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Caribe | ||||
Características | |||||
Altitude | 600 m | ||||
Dimensións | 11,9 () × 40,7 () km | ||||
Superficie | 300 km² | ||||
Tobago é a segunda maior illa autónoma dentro da nación de Trinidad e Tobago, e está situada a nordés da illa principal, Trindade e o sueste de Granada, entre o mar Caribe e mailo océano Atlántico. A illa atópase fóra do cinto de furacáns. Segundo a fonte máis antiga da lingua inglesa citada no Oxford English Dictionary, Tobago debe o seu nome a palabra inglesa tobacco. O ave nacional de Tobago é o Cocrico.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación era de 60.874 habitantes no censo de 2011. A capital, Scarborough, ten unha poboación de ao redor de 25.550 habitantes. Mentres que Trinidad é multiétnica, a poboación de Tobago é principalmente de orixe africana, aínda que cunha proporción cada vez maior dos trinitarios das Indias Orientais e europeos. Entre 2000 e 2011, a poboación de Tobago creceu un 12´55 por cento, polo que é unha das zonas de maior crecemento de Trinidad e Tobago.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Trinidad e Tobago.
Cristovo Colón avisto Tobago por primeira vez en 1498. Posteriormente, varias potencias loitaron pola posesión da illa.[1]
Os indios caribe a poboación orixinal tivo que defender a illa contra outras tribos amerindias.[Cómpre referencia] A continuación, durante finais de 1500 e principios de 1600, os nativos defenderonse dos colonos europeos por exemplo en 1654 dos curlandeses, que colonizaron a illa de forma intermitente entre 1637 e 1690. a través dos anos, os holandeses, ingleses, españois, suecos, curlandeses (Ducado de Curlandia) e os franceses transformaron Tobago nunha zona de batalla e a illa cambiou de mans 33 veces, a maior cantidade na historia do Caribe, e, a miúdo de nome, antes do Tratado de París que a cedeu aos británicos en 1814.
Desde aproximadamente 1672, durante un período de dominio temporal británico de 1672 a 1674,[2] [3] comezou a cultura da Plantación, [Cómpre referencia] levantáronse fábricas de azucre, de algodón e índigo e trouxéronse africanos para traballar como escravos. A economía floreceu. Francia abandonou a illa a Gran Bretaña en 1763,[4] e Tobago en 1777 exportaba grandes cantidades de ron, algodón, añil e azucre. Pero en 1781 os franceses volveron a invadila, destruíron as plantacións, e obrigou ao gobernador británico a renderse e a boiante economía da illa entrou en decadencia.
En 1814, cando a illa volveu estar baixo control británico, comezou outra fase de éxito da produción de azucre.[Cómpre referencia] Con todo, un forte furacán en 1847, combinado co colapso das aseguradoras das plantacións, marcaron o fin do comercio de azucre. Sen a altamente rendible produción de azucre, Gran Bretaña non tiña ningún uso para Tobago, e en 1889 a illa converteuse nunha dependenza de Trinidad. Sen azucre, os insulares tiveron que cultivar outros produtos, sementaron acres de limóns, cocos e cacao e a exportaron os seus produtos a Trinidad. En 1963 o ciclón Flora devastou Tobago, destruíu vilas e cultivos. Fíxose un programa de reestruturación e fixéronse intentos para diversificar a economía. E comezou o desenvolvemento dunha industria turística.[Cómpre referencia]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Tobago ten unha superficie de 300 km² e tn aproximadamente 40 km de largo e 10 km de longo. Atópase situado a unha latitude de 11° 15' N, lonxitude longitude 60° 40' W, un pouco ao norte de Trinidad.
Tobago é principalmente montañoso, montañosa e de orixe volcánica[5] o suroeste da illa é plana cunha liña de coral de pedra calcaria. A columna vertebral montañosa da illa chámase Main Ridge (crista principal). O punto máis alto en Tobago é o Pigeon Peak (pico da pomba) de 550 metros preto de Speyside.[6]
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é tropical, e a illa atópase ao sur do cinto de furacáns do Atlántico. A precipitación media varía entre 3800 mm na crista principal e menos de 1250 mm no suroeste. Hai dúas estacións: unha estación chuviosa entre xullo e novembro, e unha estación seca entre decembro e xuño.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Railroad Map of Trinidad". World Digital Library. 1925. Consultado o 2013-10-25.
- ↑
Nimblett, Lennie M. (2012). Tobago: The Union with Trinidad 1889-1899. AuthorHouse. pp. 11–12. ISBN 9781477234501. Consultado o 2015-02-05.
1672: Inglaterra declarou a guerra contra os Países Baixos e capturou Tobago.
1673: Os holandeses derrotaron aos ingleses na terceira guerra anglo/holandesa e ocuparon Tobago de maio de 1674 logo da Paz de Westminster. - ↑ Tobago: The Union with Trinidad 1889-1899. AuthorHouse. p. 11-12. ISBN 9781477234501. Consultado o 02-05-2015.
- ↑
Tobago: A Unión con Trinidad 1889-1899. ISBN 9781477234501.
A illa permaneceu en disputa entre Gran Bretaña e Francia, e foi esencialmente unha illa neutral entre 1679 e 1763. [...] Tobago [foi] formalmente cedida por Francia a Gran Bretaña no Tratado de París 1763 logo dá Guerra dos Sete Anos.
- ↑ "Tobago (Great Tobago) [1551]". United Nations Earthwatch. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 2011-10-19.
- ↑ Anthony, Michael (2001). Historical Dictionary of Trinidad and Tobago. Scarecrow Press, Inc. Lanham, Maryland, and London, UK. ISBN 0-8108-3173-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tobago |