Tomiño (planta)
Tomiño | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Thymus vulgaris' L. |
O tomiño[1][2] ou tomentelo[3] é unha planta aromática da familia das labiáceas. O seu nome científico é Thymus vulgaris L. Dálle nome ó concello de Tomiño.
Descrición
[editar | editar a fonte]Trátase dunha planta vivaz e rastreira, con pólas delgadas e de sección cuadrangular, cubertas de abundante pilosidade. As follas son ovais, obtusas, duns 18x10 mm. As flores nacen no verán, en grupos terminais e cunhas brácteas na base semellantes ás follas, cunha corola bilabiada, de cor rosa púrpura.
O tomiño é planta propia de prados, beiras dos camiños e, en xeral, terreos húmidos, entre os 500 e os 1.500 m de altitude.
Usos medicinais
[editar | editar a fonte]Presenta propiedades antiespasmódicas, antitusivas, expectorantes e antisépticas. Por estas propiedades utilízase na medicina tradicional para tratar problemas respiratorios coma catarro, bronquite, tose etc., así como para casos de inapetencia, malas dixestións, cistite; cómpre ter precaución na dose porque pode provocar reaccións alérxicas, especialmente nos meniños. Por vía externa, serve para combate-lo reumatismo.
O tomiño na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]Para curar o reumatismo quéimase tomiño e nébeda, e co fume afuman ben a camisa do enfermo. Deste xeito a enfermidade desaparecerá por moito tempo ou mesmo para sempre (Lis Quibén).
- Miña Virxe da Peneda/ está peitanto o cabelo/ cunhas herbiñas do monte/ que lle chaman tormentelo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tomiño.
- ↑ No Gran Diccionario Xerais da Lingua (GDXL) do 2000 aparece con este nome.
- ↑ Sinónimo secundario no GDXL .
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomiño |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tomiño |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de tomiño |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- LIS QUIBÉN, Víctor: La medicina popular en Galicia. Madrid 1949 (reed. Akal, Madrid 1980).
- RIGUEIRO RODRÍGUEZ, Antonio, e outros: Guía de plantas medicinais de Galicia. Galaxia, Vigo 1996.