Tonhito de Poi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1969 (54 anos) Castiñeiras, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Xénero artístico | Música rock |
Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Castiñeiras (Ribeira) o 27 de novembro de 1969[1], é un artista polifacético galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Heredeiros da Crus
[editar | editar a fonte]Foi patrón maior de barco e traballou no mar durante cinco anos. En 1992 xuntou a varios mozos da contorna para crear Heredeiros da Crus. Comezaron ensaiando nun galiñeiro e ese mesmo ano deron o seu primeiro concerto na festa da Dorna. En 1994 gravaron o primeiro disco, A cuadrilla de Pepa a loba. Durante os dez anos seguintes gravaron sete discos máis e deron concertos por toda Galicia e fóra dela. Convertéronse nunha banda referente do rock galego e en lingua galega.
Separación e novos proxectos
[editar | editar a fonte]En 2005 os membros de Heredeiros separáronse, despois de Tonhito anunciar que deixaba a banda.[2] Xunto a outros músicos portugueses creou o grupo A Banda de Poi, coa que sacou un único disco, Mór. Tras numerosos problemas o grupo disolveuse pouco despois. En 2007 emprendeu un novo proxecto con Tonecho España e os portugueses Poni e Hugo Machado, chamado Tonhito de Poi e Rasa Loba.[3][4] Con este grupo sacou o disco Instinto.[5][6]
Regreso dos Heredeiros
[editar | editar a fonte]En 2012 os Heredeiros da Crus anunciaron a súa reunión para un concerto na discoteca LP-45 de Ordes.[7] As 3.500 entradas esgotáronse en 48 horas[8] e o concerto foi un gran éxito. O que ía ser un único concerto de reunión[9] acabou por converterse nunha xira e na volta definitiva da banda, que continúa en activo. Publicaron dous novos discos e xiraron de novo por toda Galicia e fóra dela (Madrid, Barcelona, Bilbao ou Ponferrada foron algúns dos lugares onde actuaron).[10]
En paralelo aos Heredeiros, Tonhito sacou en 2013 o libro-disco en solitario O soro da verdade, que recolle as vivencias durante a súa viaxe ás selvas da Amazonía. Sobre esta viaxe tamén realizou un documental, O Despertar da Anaconda.[11] Ese ano tamén retomou A Banda de Poi para unha serie de concertos cunha nova formación. Acompañárono esta vez Pulpiño Viascón, Quique Otero e Pablo Pérez.[12]
En 2019 publicou un novo libro-disco en solitario, Non hai onde esconderse, con colaboracións de Cuchús Pimentel, Rubén Reinaldo e Lucía Pérez.[13][14]
Radio e televisión
[editar | editar a fonte]Fóra da música, Tonhito tamén se adicou a outros ámbitos do audiovisual, como a radio e a televisión. Traballa na Radio Galega dende 1995[15] e como actor. Interpretou a Xan Rei na serie Rías Baixas da TVG. Tamén participou no programa Con perdón e foi guionista do Show dos Tonechos e de Land Rober.[16] Fundou a súa propia produtora, "Cabezas Quentes", e tivo unha pequena participación no programa Entre familias anda o xogo, presentado por Roberto Vilar. Tamén tivo unha pequena aparición na serie Pratos combinados e nos filmes Entre bateas e Agallas.[17]
Desde 2024 presenta o programa de televisión Sesión fóra do sitio, que se emite os mércores na TVG2, no que dá visibilidade a grupos musicais galegos emerxentes en lugares inesperados e diferentes.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Heredeiros da Crus
[editar | editar a fonte]- A cuadrilla de Pepa a loba (1994)
- ¡¡Está que te cajas!! (1995)
- Criatura (1997)
- Des Minutos (1997)
- Erecsiones munisipales (1999)
- All Right Chicago (2000)
- Recambios Tucho (2001)
- Chicarrón (2004)
- Heredeiros da Crus - 20 aniversario (2012)
- Jard rock con fe (2013)
- Derretidos (2019)
Con A Banda de Poi
[editar | editar a fonte]Con Tonhito de poi e Rasa Loba
[editar | editar a fonte]En solitario
[editar | editar a fonte]Filmografía
[editar | editar a fonte]Programas de TV
[editar | editar a fonte]Series de TV
[editar | editar a fonte]- Pratos combinados (1996) - El mesmo. 1 episodio (Noite de rock)
- Rías Baixas (2000) - Xan
Cinema
[editar | editar a fonte]- Entre bateas (2002) - Nando
- Agallas (2009) - Rockeiro do autobús
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Díaz Ageitos, A. (2018). Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 191. ISBN 9788491214304.
- ↑ "Tonhito de Poi deja Heredeiros da Crus para crear su grupo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 2005. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Tonhito de Poi faise de 'rasa loba'". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de outubro de 2007. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ http://www.myspace.com/rasaloba
- ↑ "Vidas paralelas en la música y en el sector audiovisual". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "«O disco 'Instinto' está gravado en analóxico e é unha volta ás orixes»". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 2008. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Heredeiros da Crus vuelven a los escenarios por su 20 aniversario". El Mundo (en castelán). 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "El ‘jran día’ de Heredeiros". El País (en castelán). 2 de marzo de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2019.
- ↑ "Os Heredeiros da Crus volven aos escenarios para celebrar o seu 20 aniversario". 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Heredeiros da Crus visitarán Bilbao, Barcelona, Madrid e Ponferrada en febreiro". Galicia Confidencial. 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "O DESCUBRIMENTO DA AMAZONÍA". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "A Banda de Poi regresa cun salto internacionalista e música 'chamánica'". Sermos Galiza. 14 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Tonhito de Poi comparte a súa experiencia amazónica en 'Non hai onde esconderse'". 4 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Presentación novo disco". www.tonhitodepoi.gal. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Tonhito de Poi (Heredeiros da Crus): “Estamos todos emocionados por volver a Vigo”". Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "La alternativa al fútbol de TVG". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de novembro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ "Filmografía de Tonhito de Poi". IMDb (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2019.
- ↑ Tardes con Ana
- ↑ "Sesión fóra do sitio (Agalega.gal)". Consultado o 15 de Agosto do 2024.
- ↑ "Presentación do programa 'Sesión fóra do sitio' da TVG2 na Radio Galega".