Saltar ao contido

Totemismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rewe mapuche de Chile.

O totemismo[1] (do ojibwa: ototeman) é o conxunto de crenzas e expresións do espiritual e social ligada a un tótem.[2] Un «tótem» é un animal, un vexetal ou mesmo un obxecto fabricado que non só é considerado como o padriño dun grupo ou clan, senón tamén como un pai, un patrón ou un irmán. Deste xeito, un di ser parente do oso, da araña ou da aguia.[3]

Definición

[editar | editar a fonte]

O totemismo é un concepto da antropoloxía en desuso, que denota unha relación metafísica, un sistema complexo de ideas, símbolos, ou prácticas entre un individuo ou un grupo social, e un animal (unha planta ou mesmo un obxecto).[4] Entende as relacións idealmente previstas entre dúas series, unha natural e a outra cultural. O totemismo é común en América e Oceanía, e, ó parecer, é unha crenza inherente ó ser humano primitivo, e non unha transmisión global transmitida entre culturas e grupos étnicos.

O tótem é un ser animado ou inanimado, do cal un grupo de persoas di descender.

Características

[editar | editar a fonte]

O totemismo non é considerado de xeito unánime como un fenómeno relixioso. Non se trata en realidade dunha relixión, xa que se expresa entre outras características, na adoración ós animais. O concepto de totemismo deuno a coñecer o escocés John Ferguson McLennan[5][6] en Londres en 1870 coa fórmula de que o totemismo é o fetichismo máis a exogamia e a filiación matrilineal.

O totemismo maniféstase en varias formas e tipos de diferentes contextos, sobre todo entre pobos que mesturaban a economía (cultivos e caza) e, especialmente, entre as comunidades de cazadores, como en Australia; tamén está presente en tribos que crían gando. O totemismo, de ningún xeito pode catalogarse como unha fase xeral do desenvolvemento cultural do clan, pero sen dúbida exerceu un efecto psicolóxico no comportamento de certos grupos étnicos, na súa socialización e na formación da personalidade humana.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para totemismo.
  2. «totemisme».
  3. Stamm, Anne. TOTÉMISME, RÉSURRECTION, RÉINCARNATION MORT ET MÉTAMORPHOSE EN AFRIQUE NOIRE (PDF). pp. 125–131. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de agosto de 2017. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  4. J.-F. MacLennan en 1869-1870, J. G. Frazer en 1887, F. B. Jevons en 1896, É. Durkheim en 1912
  5. MacLennan, J., The worship of animals and plants, Fortnightly Review, vol. 6-7 (1869-1870)
  6. Patrick Wolfe (22 de decembro de 1998). Settler Colonialism. Continuum International Publishing Group. pp. 111–. ISBN 978-0-304-70340-1. Consultado o 4 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • J. F. MacLennan, "The worship of animals and plants", Fortnightly Review, vol. 6-7 (1869-1870)
  • James George Frazer, Totemism (1887), trad. : Le totémisme, 1898
  • James George Frazer, Totemism and Exogamy. A Treatise on Certain Early Forms of Superstition and Society (1911-1915), trad. : Les origines de la famille et du clan, 1898.
  • F. B. Jevons, An Introduction to the History of Religions, Londres, 1896.
  • Émile Durkheim, Totémisme (1910)
  • Émile Durkheim, Les formes élémentaires de la vie religieuse (1912)
  • Sigmund Freud, Totem et Tabou (1913)