Triticum aestivum
Trigo común | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cultivo maduro | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Triticum aestivum L. |
O trigo común, trigo vulgar, trigo fariñeiro ou simplemente trigo (Triticum aestivum, Triticum sativum ou T. vulgare), é un cereal do xénero Triticum sendo a especie de trigo máis espallada e cultivada no mundo. É unha planta alohexaploide, por mor á súa conformación de 42 cromosomas repartidos en 6 xogos dende tres diferentes especies (Triticum spelta, Aegilops cylindrica, de 7 cromosomas cada unha). A planta posúe tres xenomas idénticos, os cales posúen información xenética repetida, o que lle confire á especie en si grande adaptabilidade aos diferentes ambientes.
Esta especie é máis cultivada nas latitudes altas de ambos hemisferios (por exemplo na Arxentina, no Canadá, en Francia ou na Ucraína). É amplamente empregada para obter fariña triga destinada á elaboración de pan (pantrigo).
É a especie máis cultivada en Galiza dende a antigüidade.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Principios activos: contén fibra, amidón, celulosa, glute, fitosterois: beta-sitosterol, vitamina E.[1]
Indicacións:
- Farelo: usado coma laxante, saciante, hipocolesterolemiante, hipoglucemiante (reduce a reabsorción intestinal de lípidos e glícidos); demulcente, resolutivo. Ao aumentar a eliminación fecal de calcio, é recomendábel para as persoas con urolitíase. Estrinximento, coadxuvante en tratamentos de sobrepeso, hiperlipidemias, urolitíase, diabetes, diverticulose, síndrome do intestino irritábel.
- Fariña: usado coma nutritivo, antifloxístico, resolutivo.
- Xerme, aceite de xerme: usado coma vitamínico, hipolipemiante e contra a arteriosclerose.
- Farelo e/ou fariña (branca ou integral), en uso externo: usado para hematomas, contusións, inflamacións articulares, mialxias, catarros, amigdalites, erupcións cutáneas inespecíficas dos lactantes.
- Amidón: usado coma demulcente, coadxuvante na elaboración farmacéutica dos comprimidos (como desintegrante); antídoto das intoxicacións por iodo.[1]
A fariña presenta intolerancia ao glute. Ao inicio e durante o tratamento con fibra, deberase controlar a glicemia para axustar, se fose necesario, as doses de insulina ou de antidiabéticos orais.[1]
Preparación, receitas: Úsase o froito (sementes): farelo, fariña, xerme.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Triticum aestivum". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Triticum aestivum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triticum aestivum |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Triticum aestivum |
Wheat Cap: http://maswheat.ucdavis.edu/