Saltar ao contido

Tu Youyou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTu Youyou

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-cn) 屠呦呦 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1930 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Ningbo (República da China) Editar o valor en Wikidata
Profesora
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeRepública Popular da China (1949–)
República da China (1930–1949) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo han Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Beijing (1951–1955)
Ningbo High School (en) Traducir (–1951)
Peking University Health Science Center (en) Traducir
Beijing University of Chinese Medicine (en) Traducir
Xiaoshi Middle School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFarmacoloxía e medicina tradicional chinesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímica , profesora universitaria , farmacéutica , inventora , farmacóloga , malariologist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua wu, mandarín estándar e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaQ24836343 Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiTu Liangui (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesYao Qingsan (en) Traducir (maternal uncle (en) Traducir)
Tu Zongnian (en) Traducir (bisavó)
Yao Yongbai (en) Traducir (avó materno)
Yao Guang Xiao (pt) Traducir () Editar o valor en Wikidata
Premios

Tu Youyou (屠呦呦 (en chinés: pinyin: Tú Yōuyōu), nada en Ningbo, República da China o 30 de decembro de 1930, é unha científica, médica e química farmacéutica chinesa, coñecida por descubrir a artemisinina e a dihidroartemisinina, empregadas para tratar a malaria e coas cales se salvaron millóns de vidas. O punto de partida da súa investigación estivo baseado na exploración de textos sobre medicina chinesa tradicional,[1] atopando que o afirmado sobre a cura da malaria en case todos eles non era correcto, excepto nun só deles.

O descubrimento da artemisinina e o seu tratamento da malaria está considerado como o descubrimento máis significativo da medicina tropical no século XX para a mellora da saúde das persoas dos países en desenvolvemento tropicais en Asia do sur, África, e América do Sur. Polo seu traballo, Tu recibiu en 2011 o Premio Albert Lasker de Investigación Médica Clínica, e en 2015 o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[2] Tu recibiu a metade do premio Nobel por descubrir a eficacia da molécula antimalárica da planta Artemisia annua; a outra metade foi compartida por Satoshi Ōmura e William Campbell por descubrir un novo composto, a avermectina, capaz de curar infeccións como a oncocercose e a filariase linfática causadas por pequenos parasitos.[3][4] Tu recibiu o primeiro Nobel de medicina para un cidadán chinés, ademais de ser a primeira muller desa nacionalidade en recibir un premio Nobel en calquera categoría.[5]

  1. Hunt, Katie; Shen, Lu (6 de outubro de 2015). "Ganadora del Premio Nobel de medicina exploró textos antiguos para encontrar la cura de la malaria". CNN. Consultado o 6 de outubro de 2015. 
  2. "Artemisinin: Discovery from the Chinese Herbal Garden" (6). PMC 3414217. PMID 21907397. doi:10.1016/j.cell.2011.08.024. 
  3. Ediciones El Páis (5 de outubro de 2015). "El Nobel de Medicina premia terapias contra la malaria y otros parásitos". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2015. 
  4. "Premio Nobel de Fisiología o Medicina 2015: nuevos fármacos frente a enfermedades desatendidas". www.sebbm.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  5. Miller, Louis H.; Su, Xinzhuan (2011). "Artemisinin: Discovery from the Chinese herbal garden". Cell 146 (6): 855–858. PMC 3414217. PMID 21907397. doi:10.1016/j.cell.2011.08.024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • De Marchi, Vichi (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]